{"id":9651,"date":"2022-11-18T15:46:24","date_gmt":"2022-11-18T14:46:24","guid":{"rendered":"https:\/\/concellodezas.org\/?p=9651"},"modified":"2025-12-22T16:47:24","modified_gmt":"2025-12-22T15:47:24","slug":"o-concello-de-zas-conmemora-o-25n-cun-programa-de-actividades-centrado-en-loitar-contra-a-violencia-machista-dende-as-idades-mais-temperas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/o-concello-de-zas-conmemora-o-25n-cun-programa-de-actividades-centrado-en-loitar-contra-a-violencia-machista-dende-as-idades-mais-temperas\/","title":{"rendered":"O Concello de Zas conmemora o 25N cun programa de actividades centrado en loitar contra a violencia machista dende as idades m\u00e1is temper\u00e1s"},"content":{"rendered":"<p>&nbsp;<\/p>\n<p>O Concello de Zas v\u00e9n de dar a co\u00f1ecer o programa de actividades que se realizar\u00e1n ao redor do <b>D\u00eda Internacional da Eliminaci\u00f3n da Violencia Contra as Mulleres<\/b>, que se conmemora cada 25 de novembro.<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0<\/span><\/p>\n<p>Ao igual que se v\u00e9n facendo nos anos anteriores, a maior parte das actividades que compo\u00f1en o programa desenvolveranse nos diferentes centros de ensino do noso municipio co fin de loitar contra a violencia machista dende as idades m\u00e1is temper\u00e1s.<\/p>\n<p>O programa, dese\u00f1ado pola Conceller\u00eda de Muller, Xuventude e Igualdade. en coordinaci\u00f3n co Centro de Informaci\u00f3n \u00e1 Muller -CIM- do Concello de Zas, arranca o xoves 24 de novembro co <b>contacontos teatralizado \u201cO rati\u00f1o presumido\u201d<\/b>, de Trinke Trinke Teatro. Haber\u00e1 d\u00faas funci\u00f3ns escolares; unha \u00e1s 10:25 horas no CPI de Zas e a outra \u00e1s 12:45 horas no CEIP Labarta Pose.<\/p>\n<p>As actividades continuar\u00e1n o propio 25N e \u00e1s 10:00 horas realizarase na praza do Concello de Zas unha <b>exhibici\u00f3n de voado de cometas de cor violeta<\/b> na que participar\u00e1n as alumnas e os alumnos dos diferentes centros de ensino do noso municipio. Para iso, realizarase nos d\u00edas previos un obradoiro para a realizaci\u00f3n destas cometas no CPI de Zas e no CEIP Labarta Pose. Un pouco m\u00e1is tarde, \u00e1s 12:45 horas, ter\u00e1 lugar no IES Maximino Romero de Lema unha charla que leva por t\u00edtulo <b>\u201cDependencia emocional como factor de risco na violencia de x\u00e9nero\u201d<\/b> e que impartir\u00e1 Enrique Delgado Zayas, doutorado en Psicolox\u00eda; e Patricia Rodr\u00edguez Villar, psic\u00f3loga de CIM de Zas. Esta mesma charla, levarase o d\u00eda 9 de decembro ao CPI de Zas.<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0<\/span><\/p>\n<p>A programaci\u00f3n do 25N p\u00e9chase o 12 de decembro co <b>encontro-debate \u201cHai sa\u00edda grazas a ti\u201d<\/b> que se realizar\u00e1 no CPI de Zas e que conducir\u00e1 Elsa Rodr\u00edguez Prieto, licenciada en Psicopedagox\u00eda.<\/p>\n<p><b>\u201cDefensa das mulleres\u201d, de Enrique Labarta Pose<\/b><\/p>\n<p>O programa do 25N do Concello de Zas incl\u00fae outras campa\u00f1as de informaci\u00f3n e sensibilizaci\u00f3n dirixidas a toda a veci\u00f1anza. E por iso, nos vindeiros d\u00edas colocaranse no Centro Sociocultural de Zas e no Centro Sociocultural de Baio diferentes fragmentos do poema \u201cDefensa das mulleres\u201d de Enrique Labarta Pose.<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0<\/span><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O 25 de novembro realizarase unha exhibici\u00f3n de voado de cometas de cor violeta dende a praza do Concello<\/p>\n","protected":false},"author":5,"featured_media":9653,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"slim_seo":{"title":"O Concello de Zas conmemora o 25N cun programa de actividades centrado en loitar contra a violencia machista dende as idades m\u00e1is temper\u00e1s - Concello de Zas","description":"O 25 de novembro realizarase unha exhibici\u00f3n de voado de cometas de cor violeta dende a praza do Concello"},"footnotes":""},"categories":[10],"tags":[],"class_list":["post-9651","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-concello"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9651","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/5"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9651"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9651\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":29195,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9651\/revisions\/29195"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/9653"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9651"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9651"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9651"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}