{"id":31218,"date":"2026-09-12T08:00:00","date_gmt":"2026-09-12T06:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/concellodezas.gal\/?p=31218"},"modified":"2026-09-11T19:20:23","modified_gmt":"2026-09-11T17:20:23","slug":"o-concello-de-zas-reclama-solucions-ante-os-problemas-da-rede-de-telefonia-mobil-en-baio","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/o-concello-de-zas-reclama-solucions-ante-os-problemas-da-rede-de-telefonia-mobil-en-baio\/","title":{"rendered":"O Concello de Zas reclama soluci\u00f3ns ante os problemas da rede de telefon\u00eda m\u00f3bil en Baio"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O Concello de Zas v\u00e9n de realizar as denuncias e reclamaci\u00f3ns pertinentes ante as administraci\u00f3ns competentes para reclamar unha soluci\u00f3n urxente aos problemas que est\u00e1 a experimentar a rede de telefon\u00eda m\u00f3bil en diferentes puntos de Baio.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">As incidencias, que afectan usuarios de distintas compa\u00f1\u00edas, est\u00e1n a prolongarse durante varios d\u00edas e est\u00e1n a provocar importantes dificultades tanto para realizar chamadas como para utilizar os servizos de datos m\u00f3biles. A situaci\u00f3n tam\u00e9n est\u00e1 a afectar ao funcionamento dos dat\u00e1fonos dos establecementos comerciais, as\u00ed como ao acceso a internet.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Desde o Concello consideran especialmente preocupante que estas deficiencias se estean producindo nunha zona cunha importante actividade comercial como Baio, onde unha correcta cobertura de telefon\u00eda e internet resulta fundamental para o funcionamento diario dos negocios e para a veci\u00f1anza.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O alcalde de Zas, Manuel Mu\u00ed\u00f1o, sinala que \u201cnon pode ser que levemos varios d\u00edas con problemas na li\u00f1a, con dificultades para utilizar os dat\u00e1fonos, cos propios m\u00f3biles sen poder realizar chamadas e cun acceso a internet moi deficiente\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">\u201cEn pleno s\u00e9culo XXI isto non pode pasar. \u00c9 inadmisible, e m\u00e1is nunha zona moi comercial como \u00e9 Baio, onde estes problemas est\u00e1n a causar importantes prexu\u00edzos tanto aos establecementos como \u00e1 veci\u00f1anza\u201d, engade o rexedor.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O Concello xa trasladou esta situaci\u00f3n a Amtega, departamento da Xunta de Galicia con competencias nesta materia, para que se poida identificar a orixe das incidencias e impulsar, no \u00e1mbito das s\u00faas competencias, as actuaci\u00f3ns necesarias para acelerar a s\u00faa soluci\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Do mesmo xeito, o Concello tam\u00e9n presentou unha denuncia ante a Direcci\u00f3n General de Ordenaci\u00f3n de los Servicios de Digitalizaci\u00f3n y de Comunicaci\u00f3n Audiovisual do Ministerio para la Transformaci\u00f3n Digital y de la Funci\u00f3n P\u00fablica, pola existencia dunha \u201cincidencia colectiva grave na rede de telefon\u00eda m\u00f3bil\u201d, que est\u00e1 a afectar usuarios de diferentes compa\u00f1\u00edas operadoras en Baio.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Na denuncia, o Concello pon estes feitos en co\u00f1ecemento do Ministerio e reclama que se adopten as medidas necesarias, ao abeiro do establecido na Lei 9\/2014, do 9 de maio, Xeral de Telecomunicaci\u00f3ns, ante o que considera unha situaci\u00f3n que est\u00e1 a provocar unha afectaci\u00f3n grave e prolongada do servizo. As\u00ed mesmo, insta \u00e1s compa\u00f1\u00edas operadoras a restablecer a normalidade no servizo coa maior urxencia posible.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Desde o Concello lembran que a Administraci\u00f3n municipal non ten competencias sobre as redes e os servizos de telefon\u00eda, polo que corresponde \u00e1s administraci\u00f3ns competentes, tanto \u00e1 Xunta de Galicia como ao Goberno central no \u00e1mbito das s\u00faas respectivas competencias, reclamar \u00e1s compa\u00f1\u00edas operadoras as actuaci\u00f3ns necesarias para garantir a correcta prestaci\u00f3n do servizo.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">\u201cDesde o Concello imos facer todas as xesti\u00f3ns que estean na nosa man para que as compa\u00f1\u00edas dean unha resposta e se restableza canto antes un servizo que hoxe \u00e9 b\u00e1sico para calquera persoa ou negocio\u201d, concl\u00fae Manuel Mu\u00ed\u00f1o.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O Concello de Zas v\u00e9n de realizar as denuncias e reclamaci\u00f3ns pertinentes ante as administraci\u00f3ns competentes para reclamar unha soluci\u00f3n urxente aos problemas que est\u00e1 a experimentar a rede de telefon\u00eda m\u00f3bil en diferentes puntos de Baio. As incidencias, que afectan usuarios de distintas compa\u00f1\u00edas, est\u00e1n a prolongarse durante varios d\u00edas e est\u00e1n a provocar [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":5,"featured_media":30631,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"slim_seo":{"title":"O Concello de Zas reclama soluci\u00f3ns ante os problemas da rede de telefon\u00eda m\u00f3bil en Baio - Concello de Zas","description":"O Concello de Zas v\u00e9n de realizar as denuncias e reclamaci\u00f3ns pertinentes ante as administraci\u00f3ns competentes para reclamar unha soluci\u00f3n urxente aos problemas"},"_slim_seo_primary_term_category":10,"_slim_seo_primary_term_post_tag":0,"footnotes":""},"categories":[10],"tags":[],"class_list":["post-31218","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-concello"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/31218","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/5"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=31218"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/31218\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":31223,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/31218\/revisions\/31223"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/30631"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=31218"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=31218"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=31218"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}