{"id":31170,"date":"2026-08-14T08:00:00","date_gmt":"2026-08-14T06:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/concellodezas.gal\/?p=31170"},"modified":"2026-08-13T17:33:59","modified_gmt":"2026-08-13T15:33:59","slug":"o-concello-de-zas-recupera-a-totalidade-do-camino-real-antiga-calzada-romana-de-brandomil-e-garante-a-sua-conservacion","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/o-concello-de-zas-recupera-a-totalidade-do-camino-real-antiga-calzada-romana-de-brandomil-e-garante-a-sua-conservacion\/","title":{"rendered":"O Concello de Zas recupera a totalidade do Cami\u00f1o Real, antiga calzada romana de Brandomil, e garante a s\u00faa conservaci\u00f3n"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O Concello de Zas rematou as obras de consolidaci\u00f3n e posta en valor do Cami\u00f1o Real, antiga calzada romana de Brandomil, nunha intervenci\u00f3n que permite visitar xa na s\u00faa totalidade o tramo recuperado e, ao mesmo tempo, reforza a s\u00faa conservaci\u00f3n a longo prazo.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A actuaci\u00f3n, desenvolvida no denominado Cami\u00f1o da Ponte Vella, permitiu recuperar 83,81 metros da v\u00eda hist\u00f3rica, cunha superficie de 374,86 metros cadrados. Os traballos centr\u00e1ronse na consolidaci\u00f3n do lousado e dos laterais do Cami\u00f1o, na mellora da drenaxe e na recuperaci\u00f3n de distintos elementos da estrutura orixinal.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O alcalde de Zas, Manuel Mu\u00ed\u00f1o, destaca que \u201co m\u00e1is importante desta actuaci\u00f3n \u00e9 que non s\u00f3 conseguimos recuperar unha calzada cun aspecto moi bonito e facer posible que se poida visitar na s\u00faa totalidade, sen\u00f3n que estamos garantindo que este patrimonio se conserve ben para as xeraci\u00f3ns futuras\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>Unha intervenci\u00f3n centrada na conservaci\u00f3n<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Os traballos inclu\u00edron a limpeza e mellora das cunetas, a reparaci\u00f3n das beiras do Cami\u00f1o Real, a recuperaci\u00f3n dos bueiros e a consolidaci\u00f3n do lousado, as\u00ed como a retirada de materiais alleos \u00e1 estrutura hist\u00f3rica. A intervenci\u00f3n realizouse seguindo criterios de m\u00ednima intervenci\u00f3n, reversibilidade e emprego de materiais compatibles cos orixinais, evitando reconstru\u00edr aquelas partes nas que non exist\u00eda informaci\u00f3n suficiente sobre a s\u00faa configuraci\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Ademais, a actuaci\u00f3n tam\u00e9n permitiu co\u00f1ecer mellor a propia estrutura do cami\u00f1o. Durante a intervenci\u00f3n document\u00e1ronse diferentes sistemas de preparaci\u00f3n do terreo baixo o lousado e distintos materiais p\u00e9treos empregados na s\u00faa construci\u00f3n. Nalg\u00fans puntos identific\u00e1ronse capas de area, arxila, gravas e pedra mi\u00fada que permiten afondar no co\u00f1ecemento das t\u00e9cnicas construtivas empregadas na v\u00eda.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Segundo explica o alcalde, esta actuaci\u00f3n debe entenderse como parte dun proceso m\u00e1is amplo de recuperaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n do patrimonio de Brandomil. \u201cBrandomil ten un patrimonio excepcional e cada intervenci\u00f3n perm\u00edtenos co\u00f1ecelo mellor\u201d, sinala o rexedor, que engade que \u201co Cami\u00f1o Real, a Ponte Vella e os xacementos de Brandomil e Pedra do Altar forman un conxunto de enorme valor hist\u00f3rico e arqueol\u00f3xico que queremos seguir recuperando, protexendo e divulgando\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>Un dos grandes espazos arqueol\u00f3xicos romanos da provincia<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A recuperaci\u00f3n do Cami\u00f1o Real sup\u00f3n un novo paso na posta en valor dun espazo de especial relevancia arqueol\u00f3xica, no que confl\u00faen diferentes elementos de \u00e9poca romana, medieval e posterior. Na contorna da Ponte Vella at\u00f3panse o Xacemento Romano-Medieval e Necr\u00f3pole de Brandomil, o Castro de Brandomil e a propia Ponte, mentres que en 2025 se incorporou ao cat\u00e1logo o xacemento de Pedra do Altar, situado ao oeste da localidade.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Este patrimonio converte Brandomil nun dos principais espazos arqueol\u00f3xicos romanos da provincia da Coru\u00f1a, cun especial interese para o estudo das v\u00edas de comunicaci\u00f3n e do asentamento romano neste territorio. As distintas intervenci\u00f3ns realizadas nos \u00faltimos anos permitiron ir ampliando o co\u00f1ecemento sobre a dimensi\u00f3n hist\u00f3rica e arqueol\u00f3xica do lugar.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A intervenci\u00f3n no Cami\u00f1o Real compl\u00e9tase coa actuaci\u00f3n que o Concello de Zas est\u00e1 a desenvolver no antigo lavadoiro situado antes da Pedra do Altar. O elemento, que presentaba unha configuraci\u00f3n baseada no cemento e na uralita, est\u00e1 a ser restaurado cunha nova soluci\u00f3n en madeira e tella, m\u00e1is acorde co car\u00e1cter tradicional do lavadoiro e coa contorna natural e arqueol\u00f3xica na que se atopa.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O Concello de Zas rematou as obras de consolidaci\u00f3n e posta en valor do Cami\u00f1o Real, antiga calzada romana de Brandomil, nunha intervenci\u00f3n que permite visitar xa na s\u00faa totalidade o tramo recuperado e, ao mesmo tempo, reforza a s\u00faa conservaci\u00f3n a longo prazo. A actuaci\u00f3n, desenvolvida no denominado Cami\u00f1o da Ponte Vella, permitiu recuperar [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":5,"featured_media":31171,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"slim_seo":{"title":"O Concello de Zas recupera a totalidade do Cami\u00f1o Real, antiga calzada romana de Brandomil, e garante a s\u00faa conservaci\u00f3n - Concello de Zas","description":"O Concello de Zas rematou as obras de consolidaci\u00f3n e posta en valor do Cami\u00f1o Real, antiga calzada romana de Brandomil, nunha intervenci\u00f3n que permite visitar"},"footnotes":""},"categories":[664,415],"tags":[],"class_list":["post-31170","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-patrimonio","category-turismo"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/31170","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/5"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=31170"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/31170\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":31172,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/31170\/revisions\/31172"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/31171"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=31170"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=31170"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=31170"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}