{"id":30929,"date":"2026-06-10T08:00:00","date_gmt":"2026-06-10T06:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/concellodezas.gal\/?p=30929"},"modified":"2026-06-09T14:06:05","modified_gmt":"2026-06-09T12:06:05","slug":"o-concello-de-zas-impulsa-importantes-melloras-nos-centros-educativos-do-municipio-tras-meses-de-presions-xestions-e-dialogo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/o-concello-de-zas-impulsa-importantes-melloras-nos-centros-educativos-do-municipio-tras-meses-de-presions-xestions-e-dialogo\/","title":{"rendered":"O Concello de Zas impulsa importantes melloras nos centros educativos do municipio tras meses de presi\u00f3ns, xesti\u00f3ns e di\u00e1logo"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O alcalde de Zas, Manuel Mu\u00ed\u00f1o, e a concelleira de Educaci\u00f3n, Pilar Garc\u00eda, mantiveron unha reuni\u00f3n de traballo coas ANPAs do CEIP Labarta Pose e do CPI de Zas, as\u00ed como cos directores de ambos os centros educativos, para informar dos avances acadados nas xesti\u00f3ns realizadas polo Concello co obxectivo de dar resposta \u00e1s necesidades e deficiencias detectadas nas instalaci\u00f3ns escolares.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Durante o encontro, o rexedor deu conta dos resultados da reuni\u00f3n que mantivo recentemente en Santiago co secretario xeral de Educaci\u00f3n e co director territorial de Educaci\u00f3n da Coru\u00f1a, unha xuntanza promovida polo Concello para trasladar de primeira man as demandas da comunidade educativa e reclamar soluci\u00f3ns para problemas que ve\u00f1en sendo motivo de preocupaci\u00f3n desde hai tempo.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>Investimentos superiores aos 26.000 euros nos centros de xeito inmediato por parte da Conseller\u00eda<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Grazas a estas xesti\u00f3ns e a colaboraci\u00f3n das ANPAS e direcci\u00f3ns dos dous centros acad\u00e1ronse diversos compromisos que permitir\u00e1n acometer actuaci\u00f3ns de mellora nos dous centros educativos do concello.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">No CEIP Labarta Pose de Baio realizaranse durante este ver\u00e1n actuaci\u00f3ns para selar vent\u00e1s e substitu\u00edr o falso teito do comedor, cun investimento de arredor de 6.000 euros. Ademais, conseguiuse o compromiso de que antes de finalizar o ano quede redactado o proxecto para a renovaci\u00f3n da cuberta exterior do comedor, unha intervenci\u00f3n de maior envergadura. Este paso permitir\u00e1 avanzar cara \u00e1 s\u00faa licitaci\u00f3n a comezos de 2027 e executar posteriormente as obras.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Pola s\u00faa banda, no CPI de Zas substituiranse este ver\u00e1n os caleiros interiores de desaugadoiro, cun investimento pr\u00f3ximo aos 20.000 euros. Segundo os informes t\u00e9cnicos, o deterioro destes elementos \u00e9 a principal causa das filtraci\u00f3ns e goteiras que afectan ao edificio.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Ademais destas actuaci\u00f3ns, o Concello de Zas comprometeuse a seguir realizando investimentos propios para mellorar as condici\u00f3ns dos centros educativos, mesmo en cuesti\u00f3ns que exceden as competencias municipais.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">No CPI de Zas acometerase a substituci\u00f3n das pranchas deterioradas do patio cuberto exterior e da s\u00faa varanda, ademais de estudar soluci\u00f3ns para evitar que a choiva inutilice este espazo debido \u00e1 acumulaci\u00f3n de auga no pavimento. Tam\u00e9n se revisar\u00e1n os elementos do sistema de calefacci\u00f3n que presentan un importante desgaste derivado da corrosi\u00f3n e da s\u00faa antig\u00fcidade, co obxectivo de garantir o seu correcto funcionamento.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">No caso do CEIP Labarta Pose, o Concello renovar\u00e1 a superficie da pista polideportiva situada no recinto escolar, que ademais continuar\u00e1 aberta f\u00f3ra do horario lectivo para o seu uso pola infancia e mocidade de Baio. Tam\u00e9n se actuar\u00e1 para mellorar a seguridade na zona de chegada e sa\u00edda do transporte escolar, evitando a interferencia dos veh\u00edculos particulares e eliminando as pozas que se forman na \u00e1rea onde descenden os escolares.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O alcalde de Zas, Manuel Mu\u00ed\u00f1o, destacou que \u00abestas melloras son o resultado dun traballo conxunto e constante de di\u00e1logo, insistencia e colaboraci\u00f3n entre o&nbsp; Concello, ANPAS e direcci\u00f3n dos centros que levan meses trasladando \u00e1 Conseller\u00eda de educaci\u00f3n as necesidades dos nosos centros e defendendo os intereses da comunidade escolar de Zas\u00bb.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Mu\u00ed\u00f1o sinalou ademais que \u00abo noso compromiso \u00e9 seguir implic\u00e1ndonos na mellora das infraestruturas educativas porque entendemos que ofrecer espazos seguros, c\u00f3modos e de calidade para o alumnado \u00e9 unha prioridade para o presente e o futuro do municipio\u00bb.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O rexedor tam\u00e9n quixo po\u00f1er en valor a importancia da cooperaci\u00f3n institucional: \u00abCada administraci\u00f3n ten as s\u00faas competencias, pero cando existe vontade de colaboraci\u00f3n \u00e9 posible avanzar e atopar soluci\u00f3ns. O importante \u00e9 que os veci\u00f1os e veci\u00f1as de Zas vexan atendidas as s\u00faas demandas e que os nosos nenos e nenas conten coas mellores condici\u00f3ns posibles nos seus centros educativos\u00bb.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O Concello de Zas continuar\u00e1 realizando o seguimento destes compromisos para garantir o seu cumprimento e seguir\u00e1 traballando da man da comunidade educativa para atender as necesidades dos dous centros.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O alcalde de Zas, Manuel Mu\u00ed\u00f1o, e a concelleira de Educaci\u00f3n, Pilar Garc\u00eda, mantiveron unha reuni\u00f3n de traballo coas ANPAs do CEIP Labarta Pose e do CPI de Zas, as\u00ed como cos directores de ambos os centros educativos, para informar dos avances acadados nas xesti\u00f3ns realizadas polo Concello co obxectivo de dar resposta \u00e1s necesidades [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":5,"featured_media":30631,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"slim_seo":{"title":"O Concello de Zas impulsa importantes melloras nos centros educativos do municipio tras meses de presi\u00f3ns, xesti\u00f3ns e di\u00e1logo - Concello de Zas","description":"O alcalde de Zas, Manuel Mu\u00ed\u00f1o, e a concelleira de Educaci\u00f3n, Pilar Garc\u00eda, mantiveron unha reuni\u00f3n de traballo coas ANPAs do CEIP Labarta Pose e do CPI de Zas,"},"footnotes":""},"categories":[10],"tags":[],"class_list":["post-30929","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-concello"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/30929","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/5"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=30929"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/30929\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":30930,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/30929\/revisions\/30930"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/30631"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=30929"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=30929"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=30929"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}