{"id":30780,"date":"2026-05-01T08:00:00","date_gmt":"2026-05-01T06:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/concellodezas.gal\/?p=30780"},"modified":"2026-04-30T13:27:30","modified_gmt":"2026-04-30T11:27:30","slug":"a-ix-mostra-de-teatro-afeccionado-labarta-pose-bate-records-con-49-propostas-presentadas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/a-ix-mostra-de-teatro-afeccionado-labarta-pose-bate-records-con-49-propostas-presentadas\/","title":{"rendered":"A IX Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose bate r\u00e9cords con 49 propostas presentadas"},"content":{"rendered":"\n<p>O Concello de Zas pechou o per\u00edodo de inscrici\u00f3ns na IX Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose cun resultado hist\u00f3rico, rexistrando un total de 49 obras presentadas por compa\u00f1\u00edas chegadas de toda Galicia. Tr\u00e1tase da cifra m\u00e1is alta rexistrada nas nove edici\u00f3ns do certame.<\/p>\n\n\n\n<p>Este \u00e9xito de participaci\u00f3n confirma a consolidaci\u00f3n da Mostra como unha das principais citas do teatro afeccionado galego, reunindo propostas moi diversas tanto na s\u00faa procedencia como nos estilos e x\u00e9neros esc\u00e9nicos. Nunca antes se recibiran tantas propostas, o que evidencia o crecente interese das compa\u00f1\u00edas por formar parte desta iniciativa cultural.<\/p>\n\n\n\n<p>O alcalde de Zas, Manuel Mu\u00ed\u00f1o, valorou moi positivamente a resposta desta convocatoria: \u201cEstamos moi satisfeitos coa acollida desta novena edici\u00f3n, que bate todos os r\u00e9cords de participaci\u00f3n. Recibir 49 propostas \u00e9 un indicativo claro do interese que esperta esta Mostra en todo o pa\u00eds e do bo momento que vive o teatro afeccionado galego\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p>O rexedor quixo agradecer \u201co esforzo de todas as compa\u00f1\u00edas participantes e destacar que, unha vez m\u00e1is, Zas conv\u00e9rtese nun punto de encontro fundamental para a cultura e as artes esc\u00e9nicas\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Gran variedade de propostas e x\u00e9neros<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>En canto \u00e1 procedencia das obras, destaca a ampla representaci\u00f3n territorial. A cidade da Coru\u00f1a encabeza a lista con sete propostas, seguida de Ourense con seis e Vigo con catro. Santiago de Compostela suma tres obras, mentres que localidades como Cambre, Arteixo, Pontevedra, Lugo ou Nigr\u00e1n contan con d\u00faas propostas cada unha. O resto das candidaturas chegan de concellos como Barco de Valdeorras, Ortigueira, O Carballi\u00f1o, Carballo, Mugardos, Barreiros, Palas de Rei, Bergondo, Corcubi\u00f3n, Vilagarc\u00eda de Arousa, As Pontes de Garc\u00eda Rodr\u00edguez, Foz, Barra\u00f1\u00e1n, Cuntis, Ferrol, Santa Comba, Nar\u00f3n, O Porri\u00f1o ou Vilanova de Arousa, entre outros, o que amosa unha participaci\u00f3n moi repartida por todo o territorio galego.<\/p>\n\n\n\n<p>No relativo aos x\u00e9neros, a comedia volve ser a gran protagonista, representando case a metade das propostas (46,94%), con 23 obras. A ela s\u00famanse outras variantes como a comedia musical, a comedia social, a comedia negra ou a comedia de enredo. O drama tam\u00e9n ten un peso importante, con sete propostas (14,29%), mentres que outros x\u00e9neros como a traxicomedia, o teatro hist\u00f3rico, o infantil, o esperpento ou os mon\u00f3logos completan a variada oferta. Tam\u00e9n se rexistran propostas h\u00edbridas que combinan elementos diferentes, as\u00ed como pezas m\u00e1is singulares como dramas fant\u00e1sticos ou misteriosos.<\/p>\n\n\n\n<p>Entre as compa\u00f1\u00edas participantes hai tanto grupos que repiten a s\u00faa presenza tras participar en edici\u00f3ns anteriores como outros que se presentan por primeira vez \u00e1 Mostra, contribu\u00edndo as\u00ed a renovar e ampliar o abano de propostas.<\/p>\n\n\n\n<p>Sobre a variedade de propostas, o alcalde, Manuel Mu\u00ed\u00f1o, subli\u00f1ou que \u201cgarante unha edici\u00f3n moi rica e plural, o que sen d\u00fabida elevar\u00e1 a calidade da programaci\u00f3n final. Agora comeza un proceso de selecci\u00f3n complexo, pero confiamos en ofrecer ao p\u00fablico unha Mostra \u00e1 altura das expectativas\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Desenvolvemento da Mostra<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Unha vez rematado o prazo de presentaci\u00f3n, \u00e1brese agora a fase de avaliaci\u00f3n. O xurado ser\u00e1 o encargado de seleccionar as cinco obras que formar\u00e1n parte da programaci\u00f3n oficial da IX Mostra, as\u00ed como tres propostas de reserva.<\/p>\n\n\n\n<p>As representaci\u00f3ns desenvolveranse os s\u00e1bados 23 e 30 de maio, e 6, 13 e 20 de xu\u00f1o, mentres que o 27 de xu\u00f1o ter\u00e1 lugar o acto de clausura e entrega de distinci\u00f3ns.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O Concello de Zas pechou o per\u00edodo de inscrici\u00f3ns na IX Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose cun resultado hist\u00f3rico, rexistrando un total de 49 obras presentadas por compa\u00f1\u00edas chegadas de toda Galicia. Tr\u00e1tase da cifra m\u00e1is alta rexistrada nas nove edici\u00f3ns do certame. Este \u00e9xito de participaci\u00f3n confirma a consolidaci\u00f3n da Mostra como unha [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":5,"featured_media":30781,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"slim_seo":{"title":"A IX Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose bate r\u00e9cords con 49 propostas presentadas - Concello de Zas","description":"O Concello de Zas pechou o per\u00edodo de inscrici\u00f3ns na IX Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose cun resultado hist\u00f3rico, rexistrando un total de 49 obras pres"},"footnotes":""},"categories":[10,413],"tags":[],"class_list":["post-30780","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-concello","category-cultura-e-deportes"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/30780","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/5"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=30780"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/30780\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":30782,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/30780\/revisions\/30782"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/30781"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=30780"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=30780"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=30780"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}