{"id":30626,"date":"2026-03-15T08:00:00","date_gmt":"2026-03-15T07:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/concellodezas.gal\/?p=30626"},"modified":"2026-03-14T12:55:01","modified_gmt":"2026-03-14T11:55:01","slug":"o-concello-de-zas-presenta-a-programacion-cultural-2026-das-torres-do-allo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/o-concello-de-zas-presenta-a-programacion-cultural-2026-das-torres-do-allo\/","title":{"rendered":"O Concello de Zas presenta a programaci\u00f3n cultural 2026 das Torres do Allo"},"content":{"rendered":"\n<p>O Concello de Zas presentou hoxe, s\u00e1bado 14 de marzo, a programaci\u00f3n cultural das Torres do Allo para o ano 2026, unha proposta que combina actividades culturais, did\u00e1cticas e de lecer ao longo de todo o ano co obxectivo de seguir consolidando o pazo como un dos principais referentes culturais da Costa da Morte.<\/p>\n\n\n\n<p>Durante a presentaci\u00f3n, o alcalde de Zas, Manuel Mu\u00ed\u00f1o, destacou o compromiso do Concello coa posta en valor do conxunto hist\u00f3rico: \u201cAs Torres do Allo son unha peza fundamental do noso patrimonio e queremos que contin\u00faen sendo un espazo vivo, aberto \u00e1 cultura, \u00e1 divulgaci\u00f3n e \u00e1 participaci\u00f3n de p\u00fablicos de todas as idades\u201d, sinalou.<\/p>\n\n\n\n<p>Na mesma li\u00f1a, o rexedor reafirmou a importancia das Torres do Allo como \u201cun punto de encontro para veci\u00f1os e visitantes, un lugar onde o noso patrimonio dialoga coa cultura actual e onde cada ano seguimos sumando novas experiencias\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p>Para desenvolver esta programaci\u00f3n, o Concello conta co apoio da Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a a trav\u00e9s dun convenio de colaboraci\u00f3n que permitir\u00e1 destinar m\u00e1is de 25.000 euros ao financiamento de actividades culturais e did\u00e1cticas ao longo de 2026.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Un calendario cargado de propostas que dar\u00e1n comezo na Semana Santa<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>A primeira gran cita chegar\u00e1 coa Semana Santa. Entre o 28 de marzo e o 5 de abril, o pazo ampliar\u00e1 o seu horario abrindo de maneira continuada de 11:00 a 20:00 horas. Durante eses d\u00edas organizaranse visitas guiadas diarias \u00e1s 13:00 e \u00e1s 17:00 horas, nas que o p\u00fablico poder\u00e1 co\u00f1ecer m\u00e1is a fondo a historia das Torres.<\/p>\n\n\n\n<p>Ademais, os m\u00e1is pequenos poder\u00e1n participar no xogo de pistas \u2018O legado de Francisca, unha viaxe polo pazo\u2019, unha proposta l\u00fadica e educativa para descubrir os segredos do edificio.<\/p>\n\n\n\n<p>Xa no mes de xu\u00f1o inaugurarase a exposici\u00f3n temporal \u2018Zas en Romar\u00eda\u2019, dedicada \u00e1s tres romar\u00edas que se celebran no \u00e1mbito municipal: Santa Margarida (Mu\u00ed\u00f1o), os d\u00edas 25 e 26 de xullo; San Roque do Monte (Mira), o \u00faltimo s\u00e1bado de agosto; e San Ram\u00f3n do Allo, o 31 de agosto, esta \u00faltima recuperada e revitalizada nos \u00faltimos anos. A mostra achegar\u00e1 ao p\u00fablico visitante \u00e1 historia e \u00e1s tradici\u00f3ns destas celebraci\u00f3ns populares.<\/p>\n\n\n\n<p>A programaci\u00f3n prestar\u00e1 tam\u00e9n especial atenci\u00f3n \u00e1s actividades dirixidas \u00e1 infancia. Ao longo do ano organizaranse diferentes obradoiros tem\u00e1ticos, entre os que destacan o dedicado ao D\u00eda das Letras Galegas, en maio, centrado este ano na escritora Bego\u00f1a Caama\u00f1o; o tradicional obradoiro de San Xo\u00e1n en xu\u00f1o; e un taller de Nadal no mes de decembro.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Cultura e lecer nos meses de ver\u00e1n<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Durante o ver\u00e1n, o pazo volver\u00e1 ser un espazo de encontro para os m\u00e1is novos co campamento \u2018Zas no Ver\u00e1n 2026\u2019, que ofrecer\u00e1 xogos e actividades did\u00e1cticas nas ma\u00f1\u00e1s estivais. A m\u00fasica ser\u00e1 outro dos grandes atractivos da tempada coa actuaci\u00f3n do tr\u00edo Boroa, formado por Sabela Olivares, Alberto Mill\u00e1n e Suso Bello, que presentar\u00e1 un proxecto centrado na funcionalidade e versatilidade da gaita e na s\u00faa adaptaci\u00f3n \u00e1s novas tecnolox\u00edas.<\/p>\n\n\n\n<p>Os domingos de xullo e agosto regresar\u00e1n tam\u00e9n as populares visitas teatralizadas dos Quinquill\u00e1ns, nas que as figuras do naturalista galego V\u00edctor L\u00f3pez Seoane e da s\u00faa dona Francisca Riob\u00f3o, primeira herdeira muller das Torres, guiar\u00e1n ao p\u00fablico pola historia do pazo dunha forma amena e participativa.<\/p>\n\n\n\n<p>Outra das propostas m\u00e1is demandadas, o Escape Room do Allo, volver\u00e1 este ver\u00e1n cunha nova narrativa e novos retos pensados especialmente para p\u00fablico xuvenil e adulto. A actividade estar\u00e1 dispo\u00f1ible baixo reserva durante os meses de xullo, agosto e setembro.<\/p>\n\n\n\n<p>O 30 de agosto celebrarase a tradicional Romar\u00eda de San Ram\u00f3n, que este ano cae en domingo e contar\u00e1 cunha programaci\u00f3n reforzada. A xornada comezar\u00e1 cun Mercado de Artesan\u00eda Tradicional pola ma\u00f1\u00e1 e continuar\u00e1 coa actuaci\u00f3n da charanga tradicional Benofan na sesi\u00f3n verm\u00fa, recuperando repertorio de murgas, charangas e orquestras do s\u00e9culo pasado. Pola tarde, o p\u00fablico familiar poder\u00e1 gozar do espect\u00e1culo musical \u2018Consertasso na Horta\u2019 de Brais das Hortas.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Peche da programaci\u00f3n co Sama\u00edn<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Xa no outono, o 26 de outubro, o Pazo das Torres do Allo celebrar\u00e1 o Sama\u00edn cunha xornada especial que incluir\u00e1 un obradoiro infantil, magosto, m\u00fasica tradicional e a actuaci\u00f3n do mago Samuel Moreno, semifinalista de \u2018Got Talent Espa\u00f1a\u2019, quen ofrecer\u00e1 un espect\u00e1culo que fusiona ilusi\u00f3n, m\u00fasica e tecnolox\u00eda.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" width=\"819\" height=\"1024\" src=\"https:\/\/concellodezas.gal\/wp-content\/uploads\/2026\/03\/CARTEL-RRSS-ZAS-O-Concello-de-Zas-presenta-a-programacion-cultural-2026-das-Torres-do-Allo-819x1024.jpg\" alt=\"CARTEL RRSS ZAS O Concello de Zas presenta a programaci\u00f3n cultural 2026 das Torres do Allo\" class=\"wp-image-30627\" srcset=\"https:\/\/concellodezas.gal\/wp-content\/uploads\/2026\/03\/CARTEL-RRSS-ZAS-O-Concello-de-Zas-presenta-a-programacion-cultural-2026-das-Torres-do-Allo-819x1024.jpg 819w, https:\/\/concellodezas.gal\/wp-content\/uploads\/2026\/03\/CARTEL-RRSS-ZAS-O-Concello-de-Zas-presenta-a-programacion-cultural-2026-das-Torres-do-Allo-240x300.jpg 240w, https:\/\/concellodezas.gal\/wp-content\/uploads\/2026\/03\/CARTEL-RRSS-ZAS-O-Concello-de-Zas-presenta-a-programacion-cultural-2026-das-Torres-do-Allo-768x960.jpg 768w, https:\/\/concellodezas.gal\/wp-content\/uploads\/2026\/03\/CARTEL-RRSS-ZAS-O-Concello-de-Zas-presenta-a-programacion-cultural-2026-das-Torres-do-Allo.jpg 1080w\" sizes=\"(max-width: 819px) 100vw, 819px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\">CARTEL RRSS ZAS O Concello de Zas presenta a programaci\u00f3n cultural 2026 das Torres do Allo<\/figcaption><\/figure>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O Concello de Zas presentou hoxe, s\u00e1bado 14 de marzo, a programaci\u00f3n cultural das Torres do Allo para o ano 2026, unha proposta que combina actividades culturais, did\u00e1cticas e de lecer ao longo de todo o ano co obxectivo de seguir consolidando o pazo como un dos principais referentes culturais da Costa da Morte. Durante [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":5,"featured_media":30661,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"slim_seo":{"title":"O Concello de Zas presenta a programaci\u00f3n cultural 2026 das Torres do Allo - Concello de Zas","description":"O Concello de Zas presentou hoxe, s\u00e1bado 14 de marzo, a programaci\u00f3n cultural das Torres do Allo para o ano 2026, unha proposta que combina actividades culturai"},"footnotes":""},"categories":[413],"tags":[],"class_list":["post-30626","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-cultura-e-deportes"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/30626","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/5"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=30626"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/30626\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":30662,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/30626\/revisions\/30662"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/30661"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=30626"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=30626"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=30626"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}