{"id":30287,"date":"2026-02-04T08:00:00","date_gmt":"2026-02-04T07:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/concellodezas.gal\/?p=30287"},"modified":"2026-02-03T14:30:49","modified_gmt":"2026-02-03T13:30:49","slug":"o-concello-de-zas-repartira-2-600-euros-en-premios-no-seu-gran-concurso-de-disfraces-do-entroido","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/o-concello-de-zas-repartira-2-600-euros-en-premios-no-seu-gran-concurso-de-disfraces-do-entroido\/","title":{"rendered":"O Concello de Zas repartir\u00e1 2.600 euros en premios no seu gran concurso de disfraces do Entroido"},"content":{"rendered":"\n<p>O Concello de Zas celebrar\u00e1 un ano m\u00e1is o Entroido cunha ampla programaci\u00f3n l\u00fadica e cultural dirixida a todos os p\u00fablicos, na que o tradicional concurso de disfraces, que ter\u00e1 lugar o martes 17 de febreiro no Polideportivo de Zas, volver\u00e1 converterse no acto central das festas.<\/p>\n\n\n\n<p>Organizado polo Departamento de Cultura, o desfile repartir\u00e1 un total de 2.600 euros en premios, unha das cont\u00edas m\u00e1is destacadas da comarca, consolid\u00e1ndose como unha referencia do Entroido na Costa da Morte.<\/p>\n\n\n\n<p>A xornada comezar\u00e1 \u00e1s 17:00 horas cunha programaci\u00f3n pensada especialmente para o p\u00fablico infantil, con inchables, maquillaxe e xogos, ademais das actuaci\u00f3ns de Duende Circo e DJ Roki\u00f1o. O concurso de disfraces dar\u00e1 comezo \u00e1s 19:00 horas, convertendo o Polideportivo de Zas no epicentro do Entroido municipal.<\/p>\n\n\n\n<p>O certame contar\u00e1 con varias categor\u00edas. As categor\u00edas infant\u00eds, A (0 a 5 anos) e B (6 a 14 anos), repartir\u00e1n premios de 200, 150 e 100 euros para os tres primeiros postos. A categor\u00eda C, destinada a persoas maiores de 15 anos, contar\u00e1 con premios de 300, 200 e 100 euros. Ademais, establecerase unha categor\u00eda espec\u00edfica para Grupos e Comparsas, formadas por un m\u00ednimo de tres persoas, con premios de 400, 300 e 200 euros. O concurso compl\u00e9tase co Premio Especial \u2018Zaschoqueiro\u2019, dotado con 200 euros, que reco\u00f1ecer\u00e1 o personaxe m\u00e1is peculiar, orixinal e estrafalario do desfile.<\/p>\n\n\n\n<p>As inscrici\u00f3ns para participar xa est\u00e1n abertas e poden formalizarse a trav\u00e9s dos Centros Socioculturais de Zas (981 751 398) e Baio (981 718 056).<\/p>\n\n\n\n<p>O alcalde de Zas, Manuel Mu\u00ed\u00f1o, destacou que \u201ceste concurso de disfraces \u00e9 unha aposta clara por un Entroido participativo, con premios importantes e pensados para todas as idades\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Campamentos de Entroido gratu\u00edtos, unha proposta diferencial<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Xunto ao programa festivo, o Concello de Zas volver\u00e1 po\u00f1er en marcha os campamentos de Entroido para a conciliaci\u00f3n familiar, que se celebrar\u00e1n os d\u00edas 17 e 18 de febreiro, de 10:00 a 13:30 horas, nos Centros Socioculturais de Zas e Baio. Tr\u00e1tase dun servizo totalmente gratu\u00edto, dirixido a facilitar a conciliaci\u00f3n das familias durante as vacaci\u00f3ns escolares. Neste sentido, Manuel Mu\u00ed\u00f1o subli\u00f1ou \u201co esforzo do Concello por ofrecer actividades gratu\u00edtas e de calidade, como os campamentos de Entroido, que facilitan a conciliaci\u00f3n familiar e que nos sit\u00faan como un dos poucos concellos que mant\u00e9n este servizo sen custo para as familias\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>M\u00e1is actividades desde a fin de semana<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>A programaci\u00f3n do Entroido compl\u00e9tase cunha ampla e variada oferta de actividades que dar\u00e1 comezo o s\u00e1bado 14 de febreiro coa Festa de Entroido, que contar\u00e1 con inchables, maquillaxe, xogos e as actuaci\u00f3ns de Asacocirco e DJ Roki\u00f1o. Ademais, instalarase unha cantina a beneficio do alumnado de 4\u00ba da ESO do IES Maximino Romero. A cita ter\u00e1 lugar no Polideportivo de Baio a partir das 17:00 horas.<\/p>\n\n\n\n<p>O domingo 16 de febreiro celebrarase a segunda xornada do Entroido co obradoiro infantil \u2018V\u00edvoras de xoguete\u2019, que comezar\u00e1 \u00e1s 16:00 horas nas Torres do Allo e estar\u00e1 organizado polo Concello de Zas coa colaboraci\u00f3n da Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a.<\/p>\n\n\n\n<p>Paralelamente ao obradoiro, as persoas visitantes poder\u00e1n gozar da exposici\u00f3n temporal \u2018Riob\u00f3o, a saga do Allo\u2019, das visitas guiadas previstas para as 13:00 e as 17:00 horas, as\u00ed como do popular xogo de pistas \u2018O legado de Francisca\u2019, dese\u00f1ado especificamente para o p\u00fablico familiar.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O Concello de Zas celebrar\u00e1 un ano m\u00e1is o Entroido cunha ampla programaci\u00f3n l\u00fadica e cultural dirixida a todos os p\u00fablicos, na que o tradicional concurso de disfraces, que ter\u00e1 lugar o martes 17 de febreiro no Polideportivo de Zas, volver\u00e1 converterse no acto central das festas. Organizado polo Departamento de Cultura, o desfile repartir\u00e1 [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":5,"featured_media":30288,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"slim_seo":{"title":"O Concello de Zas repartir\u00e1 2.600 euros en premios no seu gran concurso de disfraces do Entroido - Concello de Zas","description":"O Concello de Zas celebrar\u00e1 un ano m\u00e1is o Entroido cunha ampla programaci\u00f3n l\u00fadica e cultural dirixida a todos os p\u00fablicos, na que o tradicional concurso de dis"},"footnotes":""},"categories":[10,413],"tags":[],"class_list":["post-30287","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-concello","category-cultura-e-deportes"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/30287","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/5"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=30287"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/30287\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":30289,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/30287\/revisions\/30289"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/30288"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=30287"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=30287"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=30287"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}