{"id":30105,"date":"2025-12-31T07:30:35","date_gmt":"2025-12-31T06:30:35","guid":{"rendered":"https:\/\/concellodezas.gal\/o-concello-de-zas-garante-a-continuidade-do-servizo-de-correos-en-baio\/"},"modified":"2026-01-16T07:59:38","modified_gmt":"2026-01-16T06:59:38","slug":"o-concello-de-zas-garante-a-continuidade-do-servizo-de-correos-en-baio","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/o-concello-de-zas-garante-a-continuidade-do-servizo-de-correos-en-baio\/","title":{"rendered":"O Concello de Zas garante a continuidade do servizo de Correos en Baio"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\">O Concello de Zas garante que Baio seguir\u00e1 contando cun servizo de Correos, evitando que a veci\u00f1anza te\u00f1a que desprazarse a outros municipios para realizar as s\u00faas xesti\u00f3ns. Esta medida fai fronte \u00e1 xubilaci\u00f3n da actual funcionaria, propietaria do local de Correos, prevista para o 31 de decembro, que poder\u00eda ter provocado a perda deste servizo esencial.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Co obxectivo de evitar calquera interrupci\u00f3n, o Concello actuou de inmediato. En apenas 15 d\u00edas desde que se recibiu o aviso, habilitouse un novo local xunto ao Centro Sociocultural de Baio, que conta coas instalaci\u00f3ns necesarias para que a oficina poida operar con normalidade.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">O novo espazo mant\u00e9n o mesmo horario de atenci\u00f3n que ata agora, abrindo de 8:30 a 11:30 horas, garantindo as\u00ed a continuidade dun servizo imprescindible para a veci\u00f1anza, especialmente para persoas maiores ou con dificultades para desprazarse. Estar\u00e1 en funcionamento a partir de xaneiro de 2026, abrindo as s\u00faas portas o vindeiro luns, 5 de xaneiro.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A actuaci\u00f3n inclu\u00edu a realizaci\u00f3n de pequenas obras de adecuaci\u00f3n para adaptalo \u00e1s necesidades do servizo postal, todo co obxectivo de manter o servizo igual que ata o de agora. Grazas a este esforzo, a veci\u00f1anza de Baio poder\u00e1 seguir realizando todas as s\u00faas xesti\u00f3ns postais sen ter que desprazarse a Vimianzo ou Santa Comba, mantendo a comodidade e a proximidade do servizo.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">O alcalde de Zas, Manuel Mu\u00ed\u00f1o, destacou que \u201cfoi unha prioridade para n\u00f3s asegurar que Baio non perdese un servizo tan esencial. Sabemos o importante que \u00e9 para os nosos veci\u00f1os e veci\u00f1as poder realizar as s\u00faas xesti\u00f3ns sen ter que desprazarse\u201d. Na mesma li\u00f1a, o rexedor apuntou que \u201co Concello fixo un esforzo importante para habilitar este novo espazo en tempo r\u00e9cord, demostrando que seguimos comprometidos coa defensa dos servizos p\u00fablicos en todo o noso municipio. Esta actuaci\u00f3n \u00e9 un exemplo do noso compromiso co rural e coa calidade de vida da nosa veci\u00f1anza.\u00bb<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O Concello de Zas garante que Baio seguir\u00e1 contando cun servizo de Correos, evitando que a veci\u00f1anza te\u00f1a que desprazarse a outros municipios para realizar as s\u00faas xesti\u00f3ns. Esta medida fai fronte \u00e1 xubilaci\u00f3n da actual funcionaria, propietaria do local de Correos, prevista para o 31 de decembro, que poder\u00eda ter provocado a perda deste [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":30106,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"slim_seo":{"title":"O Concello de Zas garante a continuidade do servizo de Correos en Baio - Concello de Zas","description":"O Concello de Zas garante que Baio seguir\u00e1 contando cun servizo de Correos, evitando que a veci\u00f1anza te\u00f1a que desprazarse a outros municipios para realizar as s"},"footnotes":""},"categories":[412],"tags":[],"class_list":["post-30105","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-servizos-sociais"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/30105","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=30105"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/30105\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/30106"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=30105"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=30105"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=30105"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}