{"id":24882,"date":"2022-01-21T17:32:12","date_gmt":"2022-01-21T16:32:12","guid":{"rendered":"https:\/\/concellodezas.gal\/o-concello-de-zas-pon-en-marcha-un-estudo-para-a-medicion-do-gas-radon-en-catro-edificios-municipais-e-nos-catro-centros-de-ensino\/"},"modified":"2025-09-25T11:54:01","modified_gmt":"2025-09-25T09:54:01","slug":"o-concello-de-zas-pon-en-marcha-un-estudo-para-a-medicion-do-gas-radon-en-catro-edificios-municipais-e-nos-catro-centros-de-ensino","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/o-concello-de-zas-pon-en-marcha-un-estudo-para-a-medicion-do-gas-radon-en-catro-edificios-municipais-e-nos-catro-centros-de-ensino\/","title":{"rendered":"O Concello de Zas pon en marcha un estudo para a medici\u00f3n do gas radon en catro edificios municipais e nos catro centros de ensino"},"content":{"rendered":"<p><em>Esta primeira fase do programa, que se realiza en colaboraci\u00f3n co Laboratorio Radon de Galicia, consiste na instalaci\u00f3n duns detectores no interior destes inmobles que medir\u00e1n a concentraci\u00f3n do gas no aire \u00a0<\/em><br \/>\u00a0<\/p>\n<p>\u00a0<\/p>\n<p>Esta ma\u00f1\u00e1 completouse a instalaci\u00f3n de <strong>medidores de trazas de gas radon en aire en oito edificios p\u00fablicos <\/strong>do noso municipio. Esta \u00e9 a primeira fase dun programa que v\u00e9n de po\u00f1er en marcha o Concello de Zas en colaboraci\u00f3n co Laboratorio de Radon de Galicia, da Universidade de Santiago de Compostela, e que se realizar\u00e1 nos seguintes inmobles:<\/p>\n<ul>\n<li>Casa do Concello<\/li>\n<li>Centro de Informaci\u00f3n \u00e1 Muller<\/li>\n<li>Centro Sociocultural de Zas<\/li>\n<li>Centro Sociocultural de Baio<\/li>\n<li>Escola Infantil de Zas<\/li>\n<li>CPI de Zas<\/li>\n<li>CEIP Labarta Pose<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0<\/span><\/li>\n<li>IES Maximino Romero de Lema<\/li>\n<\/ul>\n<p>Instal\u00e1ronse dous tipos de detectores. Uns medir\u00e1n as trazas de gas radon en aire interior durante tres meses e estes combinaranse con outros medidores en continuo que far\u00e1n diferentes medidas nun periodo de cando menos tres d\u00edas. O estudo, que ten un custe de 6.445,35\u20ac, \u00e9 pioneiro na comarca.<\/p>\n<p>O obxectivo deste programa \u00e9 co\u00f1ocer os niveis de concentraci\u00f3n de radon nestes edificios p\u00fablicos e en funci\u00f3n dos resultados adoptar as medidas necesarias para garantir unhas condici\u00f3ns sanitarias seguras. \u201cAdemais de facer as medici\u00f3ns nos edificios municipais decidimos estender o estudo aos centros de ensino do noso municipio co fin de co\u00f1ecer a concentraci\u00f3n de gas radon nestes inmobles e velar as\u00ed pola sa\u00fade dos nosos nenos e nenas\u201d, sinala o Alcalde de Zas, Manuel Mu\u00ed\u00f1o.<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0<\/span><\/p>\n<p>A OMS &#8211; Organizaci\u00f3n Mundial para a Sa\u00fade &#8211; clasifica o radon dentro do grupo 1, o que significa que est\u00e1 demostrado que \u00e9 cancer\u00edxeno para os humanos. Cando o radon pasa ao aire p\u00f3dese inahalar ao respirar e unha vez dentro do corpo pode fixarse aos tecidos do pulm\u00f3n e danar as c\u00e9lulas, o cal sup\u00f3n un risco para a formaci\u00f3n dun cancro de pulm\u00f3n. Debido ao noso tipo de chan, rico en uranio, o radon est\u00e1 presente en toda Galicia.<\/p>\n<p>\u00a0<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Esta primeira fase do programa, que se realiza en colaboraci\u00f3n co Laboratorio Radon de Galicia, consiste na instalaci\u00f3n duns detectores no interior destes inmobles que medir\u00e1n a concentraci\u00f3n do gas no aire \u00a0\u00a0 \u00a0 Esta ma\u00f1\u00e1 completouse a instalaci\u00f3n de medidores de trazas de gas radon en aire en oito edificios p\u00fablicos do noso municipio. [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":24883,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"slim_seo":{"title":"O Concello de Zas pon en marcha un estudo para a medici\u00f3n do gas radon en catro edificios municipais e nos catro centros de ensino - Concello de Zas","description":"Esta primeira fase do programa, que se realiza en colaboraci\u00f3n co Laboratorio Radon de Galicia, consiste na instalaci\u00f3n duns detectores no interior destes inmob"},"footnotes":""},"categories":[10],"tags":[],"class_list":["post-24882","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-concello"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24882","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=24882"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24882\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/24883"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=24882"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=24882"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=24882"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}