{"id":24659,"date":"2020-11-09T16:45:55","date_gmt":"2020-11-09T15:45:55","guid":{"rendered":"https:\/\/concellodezas.gal\/abre-o-prazo-de-solicitude-das-axudas-do-programa-pel-reactiva-dirixidas-a-autonomos-e-microempresas-afectadas-pola-covid-19\/"},"modified":"2025-09-25T11:52:10","modified_gmt":"2025-09-25T09:52:10","slug":"abre-o-prazo-de-solicitude-das-axudas-do-programa-pel-reactiva-dirixidas-a-autonomos-e-microempresas-afectadas-pola-covid-19","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/abre-o-prazo-de-solicitude-das-axudas-do-programa-pel-reactiva-dirixidas-a-autonomos-e-microempresas-afectadas-pola-covid-19\/","title":{"rendered":"Abre o prazo de solicitude das axudas do Programa PEL Reactiva dirixidas a aut\u00f3nomos e microempresas afectadas pola Covid-19"},"content":{"rendered":"<ul>\n<li><em>As axudas oscilan entre os 1.500 e os 3.000 euros<\/em><\/li>\n<li><em>Entre os gastos subvencionables figuran a compra de material, arrendamentos e canons, reparaci\u00f3n e conservaci\u00f3n, primas de seguros e subministraci\u00f3ns<\/em><\/li>\n<\/ul>\n<p>\u00a0<\/p>\n<p>\u00a0<\/p>\n<p>A partir das\u00a000:00 horas do 10 de novembro queda aberto\u00a0o prazo para a solicitude das subvenci\u00f3ns do <strong>programa PEL Reactiva 2020<\/strong>, cofinanciado pola Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a, que ten como finalidade impulsar a actividade econ\u00f3mica e o emprego entre os\/as aut\u00f3nomos\/as e microempresas do noso municipio afectadas pola Covid-19 financiando unha parte dos seus gastos correntes. O Concello de Zas destina 22.252,46\u20ac dos seus fondos propios a estas axudas que, xunto cos 89.009,81\u20ac que recibir\u00e1 do Fondo de Financiamento da Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a, fan un total de <strong>111.262,27\u20ac<\/strong>.<\/p>\n<p><strong>A quen est\u00e1n dirixidas?<\/strong><\/p>\n<p>Estas axudas da li\u00f1a PEL-Reactiva poder\u00e1n solicitalas os aut\u00f3nomos, aut\u00f3nomas e microempresas con domicilio fiscal no Concello de Zas que re\u00fanan alg\u00fan destes requisitos:<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0<\/span><\/p>\n<ul>\n<li>Grupo I: Que se viran afectadas polo peche do negocio durante o estado de alarma<\/li>\n<li>Grupo II: Que no segundo trimestre fiscal de 2020 se vira reducida a s\u00faa facturaci\u00f3n, polo menos, nun 75% en relaci\u00f3n coa media efectuada no semestre natural anterior \u00e1 declaraci\u00f3n do estado de alarma<\/li>\n<li>Grupo III: Que se acolleran a un ERTE como consecuencia da situaci\u00f3n de crise sanitaria orixinada pola COVID-19<\/li>\n<\/ul>\n<p>Ademais, os\/as solicitantes deber\u00e1n cumprir os seguintes requisitos:<\/p>\n<ul>\n<li>Ter o domicilio fiscal no Concello de Zas<\/li>\n<li>Non atoparse incurso en ningunha das circunstancias recollidas nos artigos 3.2 e 13.3 da Lei 38\/20003, do 17 de novembro, Xeral de Subvenci\u00f3ns<\/li>\n<li>Estar ao corrente no cumprimento das s\u00faas obrigas tributarias coa AEAT, TXSS, Concello de Zas, Comunidade Aut\u00f3noma de Galicia e coa Deputaci\u00f3n Provincial da Coru\u00f1a<\/li>\n<li>Cumprir coas obrigas establecidas na base 14 das reguladoras desta subvenci\u00f3n<\/li>\n<li>No caso de persoas aut\u00f3nomas: estar dado de alta no R\u00e9xime Especial de Traballadores Aut\u00f3nomos (RETA) ou en calquera outro por conta propia da Seguridade Social, ou como mutualista de colexio profesional, con anterioridade ao 14 de marzo<\/li>\n<li>No caso de micropemes, a data de constituci\u00f3n da empresa debe de ser anterior ao 14 de marzo<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0<\/span><\/li>\n<\/ul>\n<p><strong>Canto se subvenciona?<\/strong><\/p>\n<p>Estas subvenci\u00f3ns son compatibles coa <a href=\"..\/..\/..\/portal-cidadan\/noticia\/gl\/1064\/n\">1\u00aa li\u00f1a de axudas dirixidas a aut\u00f3nomos\/as e microempresas que concede o Concello de Zas<\/a>. As novas axudas do PEL-Reactivan conv\u00f3canse na modalidade de concorrencia competitiva e o seu importe oscilar\u00e1 entre os 1.500 euros para os traballadores por conta propia sen traballadores ao seu cargo e os 3.000 euros aos que poden optar as microempresas e aut\u00f3nomos\/as que conten cun cadro de persoal entre 6 e 9 traballadores. O importe das subvenci\u00f3ns ser\u00e1 fixo e determinarase conforme aos seguintes criterios:<\/p>\n<ul>\n<li>Traballadores\/as por conta propia ou aut\u00f3nomos\/as, sen traballadores ao seu cargo, afectados polo peche como consecuencia da declaraci\u00f3n do estado de alarma ou aqueles que non se visen afectados polo peche pero cuxa facturaci\u00f3n no segundo trimestre fiscal de 2020, se vise reducida, polo menos nun 75% en\u00a0relaci\u00f3n coa media de facturaci\u00f3n do semestre natural anterior \u00e1 declaraci\u00f3n do estado de alarma: 1.500 euros<\/li>\n<li>Traballadores\/as por conta propia ou aut\u00f3nomos\/as con traballadores\/as ao seu cargo e microempresas afectados polo peche como consecuencia da declaraci\u00f3n do estado de alarma ou aqueles que non se visen afectados polo peche pero cuxa facturaci\u00f3n segundo trimestre fiscal de 2020, se vise reducida, polo\u00a0 menos nun 75% en relaci\u00f3n coa media de facturaci\u00f3n do semestre natural anterior \u00e1 declaraci\u00f3n do estado de alarma, ou que se visen na obriga de acollerse a un ERTE, atendendo ao seguinte:<\/li>\n<ul>\n<ul>\n<li>Un s\u00f3 traballador\/a: 2.000,00\u20ac<\/li>\n<li>Entre 2 e 5 traballadores\/as: 2.500,00\u20ac<\/li>\n<li>Entre 6 e 9 traballadores\/as: 3.000,00\u20ac<\/li>\n<\/ul>\n<\/ul>\n<\/ul>\n<p>\u00a0<\/p>\n<p><strong>Que se subvenciona?<\/strong><\/p>\n<p>Os fondos poder\u00e1n destinarse, entre outras cuesti\u00f3ns, a gastos realizados entre o 1 de marzo de 2020 e o 31 de decembro de 2020 entre os cales figuran: adaptaci\u00f3n e acondicionamento dos negocios \u00e1 nova realidade derivada da pandemia (como pode ser a compra de mamparas de protecci\u00f3n), adquisici\u00f3n de produtos hixi\u00e9nicos e de limpeza, material antis\u00e9ptico ou desinfectante, as\u00ed como a gastos correntes de aluguer, auga, luz,\u2026<\/p>\n<p>\u00a0<\/p>\n<p>No seguinte cadro figuran de forma detallada todos os gastos subvencionables:<\/p>\n<p>\u00a0<\/p>\n<table style=\"height: 99px;\" border=\"1\" width=\"447\">\n<tbody>\n<tr>\n<td><strong>601<\/strong><\/td>\n<td>\n<p><strong>Compra de material<\/strong><\/p>\n<p>Material antis\u00e9ptico ou desinfectante, produtos hixi\u00e9nicos e de limpeza<\/p>\n<\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td>\n<p><strong>621<\/strong><\/p>\n<\/td>\n<td>\n<p><strong>Arrendamentos e canons<\/strong><\/p>\n<p>Arrendamentos de maquinaria, veh\u00edculos, locais ou instalaci\u00f3ns* Gasto directo<\/p>\n<p>*O arrendamento do local de negocio ou instalaci\u00f3ns, sempre e cando non sexa parte da vivenda da persoa solicitante ou espazo compartido con outra empresa e non exista relaci\u00f3n de parentesco ata 2\u00ba grao de consanguinidade ou afinidade co\/a arrendador\/a do local, nin sexa socio\/a ou part\u00edcipe da persoa f\u00edsica ou xur\u00eddica que act\u00fae como arrendador\/a. As\u00ed mesmo, excl\u00faense os espazos de coworking.<\/p>\n<p>*O renting de maquinaria, m\u00e1quinas, veh\u00edculos, etc.<\/p>\n<\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td>\n<p><strong>622<\/strong><\/p>\n<\/td>\n<td>\n<p><strong>Reparaci\u00f3n e conservaci\u00f3n<\/strong><\/p>\n<p>Adaptaci\u00f3n de locais \u00e1s medidas de protecci\u00f3n fronte \u00e1 COVID-19 (biombos de protecci\u00f3n, etc). Gasto directo<\/p>\n<\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td>\n<p><strong>625<\/strong><\/p>\n<\/td>\n<td>\n<p><strong>Primas seguros<\/strong><\/p>\n<p>Seguros de responsabilidade civil, seguros de accidentes. Gasto directo<\/p>\n<\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td>\n<p><strong>628<\/strong><\/p>\n<\/td>\n<td>\n<p><strong>Subministraci\u00f3ns<\/strong><\/p>\n<p>Auga, gas, combustibles, electricidade. Gasto directo<\/p>\n<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p>\u00a0<\/p>\n<p>\u00a0<\/p>\n<p><strong>Que documentaci\u00f3n se necesita?<\/strong><\/p>\n<p>Para solicitar estas axudas \u00e9 necesario presentar a seguinte documentaci\u00f3n:<\/p>\n<ul>\n<li>NIF\/NIE ou CIF segundo corresponda<\/li>\n<li>Designaci\u00f3n de conta bancaria segundo o modelo normalizado do Concello de Zas<\/li>\n<li>Anexo VIII: Solicitude da axuda<\/li>\n<li>Anexo IX: Declaraci\u00f3n responsable do cumprimento de requisitos e obrigas<\/li>\n<li>Beneficiarios\/as do Grupo I:<\/li>\n<ul>\n<li>Certificado actualizado de Situaci\u00f3n Censal da Axencia Estatal Tributaria<\/li>\n<li>Informe actualizado de Vida Laboral da Empresa, expedido pola Tesourer\u00eda Xeral da Seguridade Social no que se incl\u00faa o seu n\u00famero de traballadores\/as<\/li>\n<\/ul>\n<li>Beneficificiarios\/as do Grupo II:<\/li>\n<ul>\n<li>Ademais da documentaci\u00f3n indicada para o Grupo I, acreditaci\u00f3n da reduci\u00f3n de ingresos dende os seis meses previos \u00e1 declaraci\u00f3n do estado de alarma e ata a data de presentaci\u00f3n da solicitude da axuda, mediante a presentaci\u00f3n dalg\u00fan dos seguintes documentos: copia do libro de rexistro de facturas, libro diario de gastos, libro rexistro de vendas e ingresos e libro de compras e gastos, ou declaraci\u00f3n de IVE, IRPF<\/li>\n<\/ul>\n<li>Beneficiarios\/as do Grupo III:<\/li>\n<ul>\n<li>Ademais da documentaci\u00f3n indicada para o Grupo I, documento acreditativo da situaci\u00f3n de ERTE<\/li>\n<\/ul>\n<\/ul>\n<p>\u00a0<\/p>\n<p><strong>Cando e como solicitalas<\/strong><\/p>\n<p>O prazo de solicitude destas axudas comeza<strong> \u00e1s 00:00 horas do 10 de novembro e\u00a0finaliza \u00e1s 14:00 horas do 25 de novembro de 2020<\/strong>. Todas as solicitudes tramitaranse de xeito telem\u00e1tico a trav\u00e9s da Sede Electr\u00f3nica do Concello de Zas \u00e1 que se pode acceder a trav\u00e9s da seguinte ligaz\u00f3n: <a href=\"https:\/\/sede.concellodezas.org\/\">https:\/\/sede.concellodezas.org\/<\/a><\/p>\n<p>Nas seguintes ligaz\u00f3ns\u00a0poden consultarse as bases completas da convocatoria.<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0<\/span>\u00a0<\/p>\n<p>\u00a0<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>As axudas oscilan entre os 1.500 e os 3.000 euros Entre os gastos subvencionables figuran a compra de material, arrendamentos e canons, reparaci\u00f3n e conservaci\u00f3n, primas de seguros e subministraci\u00f3ns \u00a0 \u00a0 A partir das\u00a000:00 horas do 10 de novembro queda aberto\u00a0o prazo para a solicitude das subvenci\u00f3ns do programa PEL Reactiva 2020, cofinanciado pola [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":24660,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"slim_seo":{"title":"Abre o prazo de solicitude das axudas do Programa PEL Reactiva dirixidas a aut\u00f3nomos e microempresas afectadas pola Covid-19 - Concello de Zas","description":"As axudas oscilan entre os 1.500 e os 3.000 euros Entre os gastos subvencionables figuran a compra de material, arrendamentos e canons, reparaci\u00f3n e conservaci\u00f3"},"footnotes":""},"categories":[10],"tags":[],"class_list":["post-24659","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-concello"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24659","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=24659"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24659\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/24660"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=24659"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=24659"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=24659"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}