{"id":24453,"date":"2019-11-05T11:33:03","date_gmt":"2019-11-05T10:33:03","guid":{"rendered":"https:\/\/concellodezas.gal\/o-centro-sociocultural-de-baio-acolle-a-exposicion-ao-son-da-fotografia-con-imaxes-antigas-recompiladas-polo-alumnado-do-ies-maximino-romero-de-lema\/"},"modified":"2025-09-25T11:50:28","modified_gmt":"2025-09-25T09:50:28","slug":"o-centro-sociocultural-de-baio-acolle-a-exposicion-ao-son-da-fotografia-con-imaxes-antigas-recompiladas-polo-alumnado-do-ies-maximino-romero-de-lema","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/o-centro-sociocultural-de-baio-acolle-a-exposicion-ao-son-da-fotografia-con-imaxes-antigas-recompiladas-polo-alumnado-do-ies-maximino-romero-de-lema\/","title":{"rendered":"O Centro Sociocultural de Baio acolle a exposici\u00f3n \u201cAo Son da Fotograf\u00eda\u201d con imaxes antigas recompiladas polo alumnado do IES Maximino Romero de Lema"},"content":{"rendered":"<p><em>A mostra p\u00f3dese visitar ao longo do mes de novembro de martes a venres de 15:30 a 21:30 horas e os s\u00e1bados de 10:00 a 18:00 horas<\/em><br \/>\u00a0<\/p>\n<p>O Centro Sociocultural de Baio acolle durante todo o mes de novembro unha exposici\u00f3n de fotograf\u00edas anteriores aos anos 70 do s\u00e9culo XX recompiladas polos alumnos e alumnas de segundo de bacharelato da especialidade Imaxe e Son do IES Maximino Romero de Lema. A mostra, bautizada como <strong>\u201cAo son da fotograf\u00eda\u201d<\/strong>, est\u00e1 inclu\u00edda dentro do proxecto \u201cAo son do rural\u201d posto en marcha o ano pasado polo centro de ensinanza secundaria de Baio.<\/p>\n<p>A exposici\u00f3n est\u00e1 composta por trinta imaxes de diferentes tem\u00e1ticas entre as que se incl\u00fae a escola, traballos tradicionais, festas ou mesmo a emigraci\u00f3n. Todas son fotograf\u00edas que conforman un valioso patrimonio cultural e que son un gran medio de difusi\u00f3n de co\u00f1ecemento en todos os \u00e1mbitos.<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0<\/span><\/p>\n<p>Este \u00e9 o primeiro paso dun proxecto moito m\u00e1is ambicioso que ten como obxectivo crear un arquivo fotogr\u00e1fico dixitalizado que recolla o noso pasado cultural, principalmente enfocado no rural, o noso modo de vida e as nosas costumes.<\/p>\n<p><strong>Horarios<\/strong><\/p>\n<p>A mostra est\u00e1 aberta ao p\u00fablico durante todo o mes de novembro e o horario de visita \u00e9 de martes a venres de 15:30 a 21:30 horas e os s\u00e1bados de 10:00 a 18:00 horas.<\/p>\n<p>Por outra banda, record\u00e1moslle a <strong>toda a veci\u00f1anza que o Concello de Zas ten en marcha o programa \u201c<\/strong>Zas na memoria\u201d<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0 <\/span>a trav\u00e9s do cal percorremos o noso municipio a trav\u00e9s de imaxes antigas. P\u00f3dese acceder a el a trav\u00e9s da direcci\u00f3n electr\u00f3nica<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0<\/span> <a href=\"http:\/\/memoria.concellodezas.org\/\">http:\/\/memoria.concellodezas.org<\/a> e todas aquelas persoas que o dexesen poden achegar as s\u00faas fotograf\u00edas para a s\u00faa posterior dixitalizaci\u00f3n e difusi\u00f3n.<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0<\/span><\/p>\n<p>\u00a0<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A mostra p\u00f3dese visitar ao longo do mes de novembro de martes a venres de 15:30 a 21:30 horas e os s\u00e1bados de 10:00 a 18:00 horas\u00a0 O Centro Sociocultural de Baio acolle durante todo o mes de novembro unha exposici\u00f3n de fotograf\u00edas anteriores aos anos 70 do s\u00e9culo XX recompiladas polos alumnos e alumnas [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":24454,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"slim_seo":{"title":"O Centro Sociocultural de Baio acolle a exposici\u00f3n \u201cAo Son da Fotograf\u00eda\u201d con imaxes antigas recompiladas polo alumnado do IES Maximino Romero de Lema - Concello de Zas","description":"A mostra p\u00f3dese visitar ao longo do mes de novembro de martes a venres de 15:30 a 21:30 horas e os s\u00e1bados de 10:00 a 18:00 horas \u00a0 O Centro Sociocultural de Ba"},"_slim_seo_primary_term_category":0,"_slim_seo_primary_term_post_tag":0,"footnotes":""},"categories":[10],"tags":[],"class_list":["post-24453","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-concello"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24453","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=24453"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24453\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/24454"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=24453"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=24453"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=24453"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}