{"id":24370,"date":"2019-06-24T12:39:54","date_gmt":"2019-06-24T10:39:54","guid":{"rendered":"https:\/\/concellodezas.gal\/campamentos-excursions-deporte-andainas-enchen-de-actividade-o-veran-en-zas\/"},"modified":"2025-09-25T11:49:40","modified_gmt":"2025-09-25T09:49:40","slug":"campamentos-excursions-deporte-andainas-enchen-de-actividade-o-veran-en-zas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/campamentos-excursions-deporte-andainas-enchen-de-actividade-o-veran-en-zas\/","title":{"rendered":"Campamentos, excursi\u00f3ns, deporte, andainas,\u2026 enchen de actividade o ver\u00e1n en Zas"},"content":{"rendered":"<p><em>O prazo de inscrici\u00f3n xa est\u00e1 aberto dende hoxe<\/em><\/p>\n<p>Chega o ver\u00e1n e no Concello de Zas xa temos preparada unha completa programaci\u00f3n con actividades para todos os gustos e dirixidas principalmente aos m\u00e1is novos da casa. Campamentos, excusi\u00f3ns, d\u00eda da bici, D\u00e9por Campus, concentraci\u00f3n de motos cl\u00e1sicas, Os venres a p\u00e9,\u2026 son algunhas das actividades coas que desfrutaremos ao longo dos pr\u00f3ximos meses.<\/p>\n<p>Como v\u00e9n sendo habitual, durante os meses de xullo e agosto ofertaranse os <strong>cursos de nataci\u00f3n<\/strong> nas piscinas municipais de Baio e de Zas e nas que haber\u00e1 distintos grupos en funci\u00f3n das idades. O \u00fanico requisito para participar \u00e9 ter o carn\u00e9 da piscina que se pode tramitar nas dependencias administrativas do Concello de Zas.<\/p>\n<p>Tam\u00e9n como de costume, o Concello de Zas pon en marcha un ano m\u00e1is os <strong>campamentos urbanos e deportivos<\/strong> dirixidos a nenos e nenas de 4 a 12 anos. \u00a0Os campamentos realizaranse do 1 ao 19 de xullo no Centro Sociocultural de Baio e no Centro Sociocultural de Zas en horario de 10:00 a 14:00 horas. A inscrici\u00f3n, que xa pode realizarse dende hoxe e ata o venres 28 de xu\u00f1o, ten un custo de 10\u20ac para os empadroados\/as e 20\u20ac para os non empadroados\/as.<\/p>\n<p><strong>Festa infantil<\/strong><\/p>\n<p>A programaci\u00f3n do ver\u00e1n trae un ano m\u00e1is unha das citas m\u00e1is agardadas polos nosos nenos e nenas: a <strong>festa infantil<\/strong>. A cita \u00e9 o s\u00e1bado\u00a013 de xullo entre as 16:00 e as 20:00 horas. Ese d\u00eda o campo de f\u00fatbol e a piscina municipal de Zas converteranse en aut\u00e9nticas pistas de xogo nas que non faltar\u00e1n os inchables, os tobog\u00e1ns acu\u00e1ticos,\u00a0un touro mec\u00e1nico, a festa da escuma e\u2026 moito m\u00e1is! A entrada \u00e9 de balde para todos e todas e tan s\u00f3 \u00e9 necesario traer ba\u00f1ador e chanclas para poder desfrutar da piscina.<\/p>\n<p>Pero a programaci\u00f3n de ver\u00e1n tam\u00e9n trae actividades para os adultos tales como a <strong>XV Concentraci\u00f3n de Motos Cl\u00e1sicas<\/strong> que ter\u00e1 lugar o domingo d\u00eda 21 de xullo. As motos, de m\u00e1is de 30 anos, concentraranse \u00e1s 10:00 horas en Baio dende onde partir\u00e1n para visitar distintas localidades da Costa da Morte. Haber\u00e1 agasallos entre os\/as participantes despois do xantar e a actividade ten un custe de 15\u20ac por participante.<\/p>\n<p>Outra das citas que tampouco falla na Programaci\u00f3n de Ver\u00e1n organizada polo Concello de Zas \u00e9 o <strong>campamento en Naturmaz<\/strong> que este ano ser\u00e1 os d\u00edas 22, 23 e 24 xullo. Nel poden participar os nenos e nenas de entre 7 e 14 anos e ten un custe de 50\u20ac para os empadroados\/as e de 95\u20ac para os non empadroados\/as nos que se incl\u00fae aloxamento en albergue, comidas e distintas actividades como tirolesa, escalada, paintball, circuito multiaventura, rappel, tiro con arco, pirag\u00fcismo, sendeirismo con orientaci\u00f3n, manta raia, busca do tesouro, xogos, veladas, e moito m\u00e1is. Hai un total de 45 prazas dispo\u00f1ibles.<\/p>\n<p><strong>Semana Cultural<\/strong><\/p>\n<p>Antes de entrar de cheo nas actividades do mes de agosto, pasaremos pola <strong>Semana Cultural<\/strong> que arranca o 29 de xullo e culmina coa <strong>36\u00ba Festa da Carballeira de Zas<\/strong>. Ser\u00e1 unha semana cargada de actividades para todos e para todas e na que non faltar\u00e1n o humor, os talleres e as andainas para co\u00f1ecer o noso rico patrimonio. Pero para co\u00f1ecelas todas con m\u00e1is detalle, temos que agardar un d\u00edas!<\/p>\n<p>Nesa mesma semana, do 29 de xullo ao 2 de agosto, tam\u00e9n volver\u00e1 ao noso concello o <strong>D\u00e9por Campus<\/strong>. Ser\u00e1n os adestradores do Real Club Deportivo da Coru\u00f1a os que gu\u00eden as xornadas de entrenamento e diversi\u00f3n que se desenvolver\u00e1n entre as 10:00 e as 14:00 horas no campo municipal Platas Reinoso de Baio.<\/p>\n<p>Os venres de agosto estar\u00e1n adicados \u00e1s andainas a trav\u00e9s da actividade <strong>\u201cOs venres a p\u00e9\u201d<\/strong> e que est\u00e1n dirixidas a maiores de 7 anos e adultos. A trav\u00e9s destes percorridos \u2013 que ser\u00e1n os d\u00edas 9, 16 e 23 de agosto \u2013 os participantes co\u00f1ecer\u00e1n as disintas parroquias do concello.\u00a0 Outra das actividades para participar en familia \u00e9 o <strong>d\u00eda da bici<\/strong> que celebraremos o 11 de agosto cun fermoso percorrido polo noso municipio. E uns d\u00edas m\u00e1is tarde, o 13 de agosto, temos preparada para os m\u00e1is novos unha <strong>excursi\u00f3n ao Aquapark<\/strong> de Cerceda e na que poder\u00e1n participar os nenos e nenas de 8 a 16 anos.<\/p>\n<p>Na nosa programaci\u00f3n de ver\u00e1n tampouco pod\u00eda faltar as Torres do Allo, un dos edificios m\u00e1is emblem\u00e1ticos do noso concello. As\u00ed que para o 14 de agosto xa temos preparadas unha morea de actividades para pasar <strong>\u201cUn d\u00eda nas Torres\u201d.<\/strong> A trav\u00e9s dos diferentes obradoiros e xogos descubriremos como era a vida nos pazos. A actividade est\u00e1 dirixida a nenos e nenas de 4 a 12 \u00a0anos. \u00a0<\/p>\n<p>Outra das sa\u00eddas que realizaremos este ver\u00e1n ser\u00e1 o 22 de agosto. Ese d\u00eda desprazar\u00e9monos ata Lugo para co\u00f1ecer o <strong>Castro de Viladonga, o aer\u00f3dromo de Rozas e o nacemento do R\u00edo Mi\u00f1o<\/strong>. Hai un total de 50 prazas dispo\u00f1ibles e os destinatarios son nenos e nenas de 7 a 16 anos.<\/p>\n<p>Nos \u00faltimos d\u00edas de agosto haber\u00e1 outro <strong>campamento<\/strong> que nesta ocasi\u00f3n vir\u00e1 en clave ambiental. Ser\u00e1 os d\u00edas 19, 20 e 21 de agosto no Centro Sociocultural de Baio e os d\u00edas 26, 27 e 28 de agosto no de Zas e nos dous casos ser\u00e1 de 10:00 a 14:00 horas. A programaci\u00f3n do ver\u00e1n remata o 25 de agosto co <strong>XXXII Trofeo de F\u00fatbol Concello de Zas<\/strong> no que participar\u00e1n os nosos equipos locais.<\/p>\n<p><strong>Inscrici\u00f3ns<\/strong><\/p>\n<p>O prazo de inscrici\u00f3n para as diferentes actividades xa est\u00e1 aberto dende hoxe. As persoas interesadas poden ampliar informaci\u00f3n e inscribirse no Centro Sociocultural de Zas ou no Centro Sociocultural de Baio en horario de luns a venres de 09:30 a 14:00 horas. Tam\u00e9n se pode ampliar informaci\u00f3n nese mesmo horario a trav\u00e9s dos n\u00fameros de tel\u00e9fono 981 751 398 ou no 981 718 056.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O prazo de inscrici\u00f3n xa est\u00e1 aberto dende hoxe Chega o ver\u00e1n e no Concello de Zas xa temos preparada unha completa programaci\u00f3n con actividades para todos os gustos e dirixidas principalmente aos m\u00e1is novos da casa. Campamentos, excusi\u00f3ns, d\u00eda da bici, D\u00e9por Campus, concentraci\u00f3n de motos cl\u00e1sicas, Os venres a p\u00e9,\u2026 son algunhas das [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":24371,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"slim_seo":{"title":"Campamentos, excursi\u00f3ns, deporte, andainas,\u2026 enchen de actividade o ver\u00e1n en Zas - Concello de Zas","description":"O prazo de inscrici\u00f3n xa est\u00e1 aberto dende hoxe Chega o ver\u00e1n e no Concello de Zas xa temos preparada unha completa programaci\u00f3n con actividades para todos os g"},"footnotes":""},"categories":[10],"tags":[],"class_list":["post-24370","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-concello"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24370","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=24370"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24370\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/24371"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=24370"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=24370"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=24370"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}