{"id":24292,"date":"2019-03-18T16:01:42","date_gmt":"2019-03-18T15:01:42","guid":{"rendered":"https:\/\/concellodezas.gal\/chega-a-iv-mostra-de-teatro-afeccionado-labarta-pose-con-cinco-obras-para-todos-os-gustos\/"},"modified":"2025-12-22T16:53:12","modified_gmt":"2025-12-22T15:53:12","slug":"chega-a-iv-mostra-de-teatro-afeccionado-labarta-pose-con-cinco-obras-para-todos-os-gustos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/chega-a-iv-mostra-de-teatro-afeccionado-labarta-pose-con-cinco-obras-para-todos-os-gustos\/","title":{"rendered":"Chega a IV Mostra de Teatro Afeccionado \u201cLabarta Pose\u201d con cinco obras para todos os gustos"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><em>As representaci\u00f3ns ser\u00e1n os d\u00edas 23 e 30 de marzo e 6, 13 e 27 de abril repartidas entre os Auditorios de Zas e de Baio<\/em><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A<strong> <a href=\"http:\/\/concellodezas.org\/portal-cidadan\/certame-enrique-labarta-pose\/gl\">IV edici\u00f3n da Mostra de Teatro Afeccionado \u201cLabarta Pose\u201d<\/a><\/strong>&nbsp;xa ten finalistas despois de que o xurado visionase as&nbsp;<a href=\"http:\/\/concellodezas.org\/portal-cidadan\/noticia\/gl\/857\/n\">43 obras de teatro<\/a> que se presentaron para participar neste certame; unha cifra que bate a mellor marca de participaci\u00f3n de todas as edici\u00f3ns. A mostra, organizada polo Concello de Zas a trav\u00e9s da Conceller\u00eda de Cultura, ter\u00e1 lugar os d\u00edas <strong>23 e 30 marzo e 6, 13 e 27 de abril <\/strong>cos Auditorios de Zas e de Baio como centros da mostra. As funci\u00f3ns comezar\u00e1n \u00e1s 21:30 horas e a entrada \u00e9, como sempre, de balde.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Na IV Mostra de Teatro representaranse cinco obras de teatro afeccionado para todo tipo de p\u00fablicos e gustos, xa que haber\u00e1 musicais, dramas e incluso comedias moi serias.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O xurado desta cuarta edici\u00f3n do certame est\u00e1 formado por:&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<ul class=\"wp-block-list\">\n<li>Alberto L\u00f3pez Villar, Membro do grupo de Teatro Badius<\/li>\n\n\n\n<li>Ricardo Vigueret Gil, Membro do grupo de Teatro Badius<\/li>\n\n\n\n<li>Pablo Soto Videla, Membro do grupo de Teatro Badius<\/li>\n\n\n\n<li>Fidel Otero Pazos, T\u00e9cnico de Deportes do Concello de Zas<\/li>\n\n\n\n<li>Manuel Garc\u00eda Velo, Concelleiro de Cultura do Concello de Zas<\/li>\n<\/ul>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A primeira representaci\u00f3n \u00e9 o pr\u00f3ximo s\u00e1bado, <strong>23 de marzo<\/strong>, coa obra de teatro \u201cInsania\u201d, da Agrupaci\u00f3n Teatral Mari\u00f1\u00e1n de Betanzos. Esta \u00e9 unha comedia \u201cmoi seria\u201d para maiores de 12 anos que se representar\u00e1 no Auditorio de Zas.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Logo ser\u00e1 a quenda de \u201cBolboretas: A Vinganza\u201d, de Pinchacarneiro Teatro que traen dende Noia esta comedia musical. A representaci\u00f3n \u00e9 o <strong>30 de marzo<\/strong> no &nbsp;Auditorio de Baio e est\u00e1 dirixida a maiores de 16 anos.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A mostra contin\u00faa durante o mes de abril. As\u00ed, o <strong>d\u00eda 6<\/strong>, o Auditorio de Baio acolle a obra de teatro \u201cChicago\u201d, do Grupo de Teatro Ultreia de Ortigueira. Este \u00e9 un musical ao que poden asistir os maiores de 12 anos.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O d\u00eda <strong>13 de abril<\/strong> tocaralle subir ao escenario ao elenco de Sen Cancelas Teatro, de Santa Comba, que nos traer\u00e1 ao Auditorio de Zas o seu drama \u201c2010\u201d. A obra \u00e9 para maiores de 12 anos.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Gargallada Teatro, de O Barco de Valdeorras, ser\u00e1 a compa\u00f1\u00eda encargada de pechar esta IV Mostra de Teatro o d\u00eda <strong>27 de abril.<\/strong> Farao coa representaci\u00f3n da comedia \u201cO Xogo de Versalles\u201d que ter\u00e1 lugar no Auditorio de Baio e \u00e1 que poder\u00e1n asistir os maiores de 8 anos. &nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>Premios <\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A mostra repartir\u00e1 3.500 euros en premios que se repartir\u00e1n en cinco premios de 900, 800, 700, 500 e 400 euros cada un que outorgar\u00e1 o xurado e outro premio de 200\u20ac para a mellor obra valorada polo p\u00fablico. Ademais do premio en met\u00e1lico, os ga\u00f1adores recibir\u00e1n un trofeo conmemorativo e un diploma acreditativo.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Para a entrega de premios haber\u00e1 que agardar ata o <strong>9 de xu\u00f1o<\/strong>, d\u00eda no que tam\u00e9n ter\u00e1 lugar a clausura da <strong>XII Escola Municipal de Teatro Infantil<\/strong> nun acto que se celebrar\u00e1 no Auditorio de Baio a partir das 18:00 horas. Con esta mostra de teatro, o Concello de Zas demostra o seu compromiso coa cultura, especialmente no \u00e1mbito das artes esc\u00e9nicas, e por outra, pon en valor o teatro feito en Galicia e en galego.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>As representaci\u00f3ns ser\u00e1n os d\u00edas 23 e 30 de marzo e 6, 13 e 27 de abril repartidas entre os Auditorios de Zas e de Baio A IV edici\u00f3n da Mostra de Teatro Afeccionado \u201cLabarta Pose\u201d&nbsp;xa ten finalistas despois de que o xurado visionase as&nbsp;43 obras de teatro que se presentaron para participar neste certame; [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":5,"featured_media":24293,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"slim_seo":{"title":"Chega a IV Mostra de Teatro Afeccionado \u201cLabarta Pose\u201d con cinco obras para todos os gustos - Concello de Zas","description":"As representaci\u00f3ns ser\u00e1n os d\u00edas 23 e 30 de marzo e 6, 13 e 27 de abril repartidas entre os Auditorios de Zas e de Baio A IV edici\u00f3n da Mostra de Teatro Afeccio"},"_slim_seo_primary_term_category":0,"_slim_seo_primary_term_post_tag":0,"footnotes":""},"categories":[10],"tags":[],"class_list":["post-24292","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-concello"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24292","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/5"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=24292"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24292\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":29283,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24292\/revisions\/29283"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/24293"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=24292"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=24292"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=24292"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}