{"id":24194,"date":"2018-12-10T08:32:27","date_gmt":"2018-12-10T07:32:27","guid":{"rendered":"https:\/\/concellodezas.gal\/o-nadal-chega-a-zas-cargado-de-propostas-para-todos-os-publicos\/"},"modified":"2025-12-22T16:53:16","modified_gmt":"2025-12-22T15:53:16","slug":"o-nadal-chega-a-zas-cargado-de-propostas-para-todos-os-publicos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/o-nadal-chega-a-zas-cargado-de-propostas-para-todos-os-publicos\/","title":{"rendered":"O Nadal chega a Zas cargado de propostas para todos os p\u00fablicos"},"content":{"rendered":"<ul>\n<li><em>O teatro, a m\u00fasica, os mon\u00f3logos, os obradoiros e maxia ser\u00e1n os pratos fortes do programa de Nadal organizado polo Concello de Zas <\/em><\/li>\n<li><em>As actividades realizaranse en distintas ubicaci\u00f3ns do municipio; tales como o Auditorio do Concello, o Auditorio de Baio ou nos propios centros educativos<\/em><\/li>\n<\/ul>\n<p>\u00a0<\/p>\n<p>O teatro, a m\u00fasica, os contacontos, os obradoiros e a maxia volven a Zas este Nadal da man dun completo programa de actividades que, un ano m\u00e1is, organiza o Concello de Zas a trav\u00e9s da Conceller\u00eda de Cultura e en colaboraci\u00f3n con varias entidades culturais e centros educativos do municipio. Na programaci\u00f3n incl\u00faense actividades para todos os p\u00fablicos ainda que os nenos e as nenas ser\u00e1n os principais protagonistas do Nadal. As actuaci\u00f3ns rep\u00e1rtense por distintas ubicaci\u00f3ns do noso municipio e algunhas delas realizaranse nos propios centros educativos do municipio dentro do horario escolar co fin de que todos os nenos e nenas do noso concello desfruten do mellor Nadal posible.<\/p>\n<p>O programa de Nadal arranca xa este martes, 11 de decembro, cunha <strong>sesi\u00f3n de contacontos infantil<\/strong> na Axencia de Lectura de Baio da que se encargar\u00e1 Trinke Trinke Teatro. Dentro das propostas infant\u00eds tam\u00e9n se incl\u00fae <strong>\u201cInm\u00f3bile\u201d<\/strong>; unha funci\u00f3n cargada de humor que interpretar\u00e1 Isla Letrisca o luns 17 de decembro \u00e1s 10:00 horas para o alumnado do CPI de Zas e \u00e1s 12:30 horas para o do CEIP Labarta Pose. <strong>\u201cOs Fabulosos Cleaners\u201d,<\/strong> de Malasombra Teatro, ser\u00e1 outra das funci\u00f3ns dirixidas ao p\u00fablico escolar e que ter\u00e1 lugar o m\u00e9rcores, 19 de decembro, \u00e1s 11:30 horas no Auditorio do Concello e o xoves, 20 de decembro, \u00e1s 12:30 horas no Auditorio de Baio. E ao d\u00eda seguinte, o venres 21 de decembro, a programaci\u00f3n do Nadal de Zas trasl\u00e1dase ao IES Maximino Romero de Lema onde se proxectar\u00e1 <strong>\u201cSicixia\u201d;<\/strong> un filme rodado en boa parte na Costa da Morte e que xa recibiu numerosos reco\u00f1ecementos. \u201cLevar o programa de actividades aos propios centros educativos perm\u00edtenos chegar a todos os nenos e nenas do noso concello ofrec\u00e9ndolle actividades adaptadas a cada ciclo nas que sempre se promove a educaci\u00f3n en valores\u201d; sinala Manuel Garc\u00eda Velo, Concelleiro de Cultura.<\/p>\n<p><strong>Obradoiros infant\u00eds<\/strong><\/p>\n<p>Na programaci\u00f3n de Nadal tam\u00e9n se contempla a conciliaci\u00f3n laboral e familiar das familias do nosos municipio. Para iso, o Concello de Zas po\u00f1er\u00e1 en marcha <strong>uns obradoiros e xogos de Nadal<\/strong> que se impartir\u00e1n durante as vacaci\u00f3ns escolares e que est\u00e1n dirixidas a nenos e nenas de 4 a 12 anos.<\/p>\n<p>A primeira quenda ser\u00e1 os d\u00edas 26, 27 e 28 de decembro entre as 16:00 e as 19:00 horas no Centro Sociocultural de Baio. Xa os d\u00edas 2, 3 e 4 de xaneiro as actividades trasl\u00e1danse ao Centro Sociocultural de Zas e desenvolveranse entre as 10:00 e as 13:00 horas. Para participar nestes obradoiros \u00e9 necesario anotarse previamente chamando ao 981 718 056 ou 981 751 398.<\/p>\n<p><strong>Programaci\u00f3n para adultos<\/strong><\/p>\n<p>Como v\u00e9n sendo habitual en Zas polo Nadal tam\u00e9n haber\u00e1 actividades para o p\u00fablico adulto coas que\u00a0 pretende, por unha banda, ofertar unha alternativa de ocio e de lecer diferente e, por outra, incentivar o movemento econ\u00f3mico nas nosas vilas. A primeira das citas para o p\u00fablico adulto \u00e9 este s\u00e1bado, 15 de decembro \u00e1s 21:00 horas, no Auditorio do Concello. Nesta ocasi\u00f3n, a compa\u00f1\u00eda de teatro Contraproduci\u00f3ns trae a Zas a s\u00faa obra <strong>\u201cFillos do Sol\u201d<\/strong>. E xa ao d\u00eda seguinte, o domingo, 16 de decembro. <strong>Emilio R\u00faa e Rosa Cedr\u00f3n<\/strong> levar\u00e1n o seu espect\u00e1culo musical ata as Torres do Allo. A funci\u00f3n, \u00e1 que poden asistir todos os p\u00fablicos, comeza \u00e1s 18:00 horas.<\/p>\n<p>E no Nadal de Zas tampouco pod\u00edan faltar as risas. Diso encargaranse <strong>Celso Sanmart\u00edn<\/strong> e <strong>Quico Cadaval<\/strong> que actuar\u00e1n no Auditorio de Baio o s\u00e1bado 22 e o s\u00e1bado 29 de decembro, respectivamente. As d\u00faas funci\u00f3ns son de balde ata completar aforo e comezan \u00e1s 21:30 horas.<\/p>\n<p>\u00a0<\/p>\n<p>\u00a0<\/p>\n<p>Outra das actividades que non pod\u00eda faltar na programaci\u00f3n de Nadal de Zas \u00e9 o <a href=\"..\/..\/..\/portal-cidadan\/noticia\/gl\/806\">concurso \u201cPanxoli\u00f1aZas\u201d no que se repartir\u00e1n 400 euros en premios<\/a>. No certame, que persegue fomentar o uso da lingua e das novas tecnolox\u00edas as\u00ed como de manter as tradici\u00f3ns, pode participar calquera veci\u00f1a ou veci\u00f1o do concello independentemente da s\u00faa idade. Para participar tan s\u00f3 ten que enviar un v\u00eddeo, realizado tanto de forma individual coma en grupo, cantando en galego unha panxoli\u00f1a ou un canto de Aninovo que poden ser tradicionais ou de creaci\u00f3n propia. O prazo de presentaci\u00f3n dos traballos remata o 21 de decembro. Haber\u00e1 premios para o v\u00eddeo m\u00e1is popular en Facebook, pola presentaci\u00f3n e posta en escena, pola fidelidade \u00e1 tradici\u00f3n galega e un v\u00eddeo infantil. En total outorgaranse catro premios de 100\u20ac cada un xunto cun diploma acreditativo.<\/p>\n<p><strong>Cabalgata de Reis <\/strong><\/p>\n<p>E a maxia do Nadal percorrer\u00e1 o noso concello o 5 de xaneiro coa visita dos Reis Magos, acompa\u00f1ados dun gran s\u00e9quito de paxes, que visitan as nosas parroquias ao longo de todo o d\u00eda. As carrozas partir\u00e1n \u00e1s 10:00 horas de Andregalla para dende al\u00ed emprender unha viaxe por todas as parroquias do Concello de Zas. Ademais de moita ilusi\u00f3n, Melchor, Gaspar e Baltasar repartir\u00e1n ducias de caramelos entre os nosos veci\u00f1os e veci\u00f1as. Tam\u00e9n ter\u00e1n tempo para falar con eles e para entregarlle as cartas nas recepci\u00f3ns reais que realizar\u00e1n despois do percorrido no pavill\u00f3n municipal de Baio e no Centro Sociocultural de Zas.\u00a0<\/p>\n<p>Al\u00ed estar\u00e1n acompa\u00f1ados de cadans\u00faa actuaci\u00f3n infantil das que se encargar\u00e1 Rudi Rudi en Baio e As Sirc\u00f3patas en Zas.<\/p>\n<p>\u00a0<\/p>\n<p><strong> Baile para maiores <\/strong><\/p>\n<p>No programa deste Nadal en Zas tam\u00e9n un espazo especial os nosos maiores. Para eles haber\u00e1 actuaci\u00f3ns especiais durante os s\u00e1bados do Nadal no Centro Sociocultural de Zas. Al\u00ed poder\u00e1n bailar e divertirse coas actuaci\u00f3ns do d\u00fao D`Caf\u00e9 (15 de decembro), do d\u00fao Tal para Cual (22 de decembro) e do d\u00fao Charada (29 de decembro)\u00a0 e doutra actuaci\u00f3n especial (ainda sen confirmar) para a noite de Reis.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O teatro, a m\u00fasica, os mon\u00f3logos, os obradoiros e maxia ser\u00e1n os pratos fortes do programa de Nadal organizado polo Concello de Zas As actividades realizaranse en distintas ubicaci\u00f3ns do municipio; tales como o Auditorio do Concello, o Auditorio de Baio ou nos propios centros educativos \u00a0 O teatro, a m\u00fasica, os contacontos, os obradoiros [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":5,"featured_media":24195,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"slim_seo":{"title":"O Nadal chega a Zas cargado de propostas para todos os p\u00fablicos - Concello de Zas","description":"O teatro, a m\u00fasica, os mon\u00f3logos, os obradoiros e maxia ser\u00e1n os pratos fortes do programa de Nadal organizado polo Concello de Zas As actividades realizaranse"},"_slim_seo_primary_term_category":0,"_slim_seo_primary_term_post_tag":0,"footnotes":""},"categories":[10],"tags":[],"class_list":["post-24194","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-concello"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24194","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/5"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=24194"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24194\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":29337,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24194\/revisions\/29337"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/24195"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=24194"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=24194"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=24194"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}