{"id":24118,"date":"2018-08-17T07:57:15","date_gmt":"2018-08-17T05:57:15","guid":{"rendered":"https:\/\/concellodezas.gal\/zas-polo-miudo-repasa-os-aspectos-xerais-da-parroquia-de-baio\/"},"modified":"2025-12-22T16:53:19","modified_gmt":"2025-12-22T15:53:19","slug":"zas-polo-miudo-repasa-os-aspectos-xerais-da-parroquia-de-baio","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/zas-polo-miudo-repasa-os-aspectos-xerais-da-parroquia-de-baio\/","title":{"rendered":"\u201cZas polo mi\u00fado\u201d repasa os aspectos xerais da parroquia de Baio"},"content":{"rendered":"<p>Nesta primeira entrega abordanse aspectos como a xeograf\u00eda, xeolox\u00eda, demograf\u00eda, textos, referencias hist\u00f3ricas e outros feitos de interese ou curiosidades<\/p>\n<p>\u00a0<\/p>\n<p>Este mes chega \u00e1 paxina web do Concello de Zas unha nova entrega de <strong>\u201cZas polo Mi\u00fado\u201d<\/strong>. Nesta ocasi\u00f3n Evaristo Dom\u00ednguez Rial e Xos\u00e9 Mar\u00eda Lema percorren a parroquia de Baio con esta iniciativa posta en marcha polo Concello de Zas, a trav\u00e9s da Conceller\u00eda de Cultura, coa que os usuarios dispo\u00f1en na rede informaci\u00f3n ampliada e detallada sobre todas e cada unha das parroquias que compo\u00f1en o municipio de Zas.<\/p>\n<p>A informaci\u00f3n sobre <strong>a parroquia de Baio<\/strong> est\u00e1 dividida en d\u00faas partes. Na primeira repasamos os aspectos xerais, tales como a xeograf\u00eda, xeolox\u00eda, demograf\u00eda, textos, referencias hist\u00f3ricas e outros feitos de interese ou curiosidades.<a href=\"..\/..\/..\/media\/documentos\/BAIO_I_PARTE.pdf\"> Esta informaci\u00f3n xa pode consultarse\u00a0na web municipal.<\/a>\u00a0Nunha segunda parte da informaci\u00f3n sobre a parroquia de Baio, que se subir\u00e1 \u00e1 rede o pr\u00f3ximo mes de setembro, abordaranse as manifestaci\u00f3ns art\u00edsticas presentes nas d\u00faas igrexas da parroquia, persoeiros baieses, festas e inventarios de bens do patrimonio art\u00edsticos e arqueol\u00f3xicos.<\/p>\n<p>Baio est\u00e1 situado no extremo NO do Concello de Zas sendo Fornelos o punto que se sit\u00faa m\u00e1is \u00f3 oeste de todo o concello e o segundo dos que est\u00e1n m\u00e1is \u00f3 norte. A parroquia de Baio linda con outras parroquias de tres concellos: Borneiro (Cabana de Berganti\u00f1os), Sarces e Nande (Laxe), Salto e Bamiro (Vimianzo) e coas de Lamas e O Allo, dentro do propio concello de Zas. A s\u00faa extensi\u00f3n \u00e9 duns 8,8 quil\u00f3metros cadrados e a 1 de xaneiro de 2017 contaba cunha poboaci\u00f3n de 1.192 habitantes. A parroquia est\u00e1 composta polos lugares de Agreanas\/A Bra\u00f1a, Baio, Baio Pequeno, A Cacharosa e Fornelos; ultimamente tam\u00e9n se fala dos n\u00facleos menores de Campo do Rollo, O Chamber\u00edn e Su a Agra.<\/p>\n<p>A <strong>orixe etimol\u00f3xica do propio nome da parroquia<\/strong>, Baio, \u00e9 bastante discutida, e bar\u00e1llanse varias propostas: nome dun posesor romano (Badius) ou lugar de paso dun r\u00edo (vadu), \u00f3 que se lle engadir\u00eda un \u201ci\u201d epent\u00e9tico. Durante moitos anos houbo alternancia entre o uso do \u201cb\u201d e do \u201cv\u201d ou do \u201ci\u201d e o \u201cy\u201d. Os outros nomes de lugar parecen ter unha orixe moito m\u00e1s clara. O documento m\u00e1is antigo do que hai constancia que apareza o nome de Bayo data de 1452.<\/p>\n<p>Neste primeira parte relativa \u00e1 parroquia de Baio tam\u00e9n se fala do progreso desta parroquia grazas a distintos aspectos, tales como a mellora das comunicaci\u00f3ns (coa construci\u00f3n da ponte de Baio e a da Cacharoza) e a potenciaci\u00f3n da feira da Piroga. Na documentaci\u00f3n aparecen outros feitos curiosos como a existencia dun campamento militar a car\u00f3n da ponte Lodoso entre os anos 1943 e 1944, unha folga xeral en toda a parroquia e unha das manifestaci\u00f3ns m\u00e1is grandes a nivel comarcal para reclamar a construci\u00f3n da estaci\u00f3n da ITV. Toda esta informaci\u00f3n pode consultarse de forma detallada a trav\u00e9s do seguinte enlace:\u00a0<a href=\"..\/..\/..\/media\/documentos\/BAIO_I_PARTE.pdf\">http:\/\/www.concellodezas.org\/media\/documentos\/BAIO_I_PARTE.pdf<\/a><\/p>\n<p>\u00a0<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Nesta primeira entrega abordanse aspectos como a xeograf\u00eda, xeolox\u00eda, demograf\u00eda, textos, referencias hist\u00f3ricas e outros feitos de interese ou curiosidades \u00a0 Este mes chega \u00e1 paxina web do Concello de Zas unha nova entrega de \u201cZas polo Mi\u00fado\u201d. Nesta ocasi\u00f3n Evaristo Dom\u00ednguez Rial e Xos\u00e9 Mar\u00eda Lema percorren a parroquia de Baio con esta iniciativa [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":5,"featured_media":24119,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"slim_seo":{"title":"\u201cZas polo mi\u00fado\u201d repasa os aspectos xerais da parroquia de Baio - Concello de Zas","description":"Nesta primeira entrega abordanse aspectos como a xeograf\u00eda, xeolox\u00eda, demograf\u00eda, textos, referencias hist\u00f3ricas e outros feitos de interese ou curiosidades \u00a0 E"},"_slim_seo_primary_term_category":0,"_slim_seo_primary_term_post_tag":0,"footnotes":""},"categories":[10],"tags":[],"class_list":["post-24118","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-concello"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24118","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/5"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=24118"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24118\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":29385,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24118\/revisions\/29385"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/24119"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=24118"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=24118"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=24118"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}