{"id":18814,"date":"2024-12-19T16:21:52","date_gmt":"2024-12-19T15:21:52","guid":{"rendered":"https:\/\/concellodezas.org\/?p=18814"},"modified":"2025-12-22T16:47:15","modified_gmt":"2025-12-22T15:47:15","slug":"o-calendario-do-concello-de-zas-para-o-2025-esta-adicado-a-enrique-labarta-pose","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/o-calendario-do-concello-de-zas-para-o-2025-esta-adicado-a-enrique-labarta-pose\/","title":{"rendered":"O calendario do Concello de Zas para o 2025 est\u00e1 adicado a Enrique Labarta Pose"},"content":{"rendered":"\n<p>Xa se est\u00e1 a repartir o <b>calendario do Concello de Zas para o ano 2025<\/b> que nesta ocasi\u00f3n est\u00e1 adicado a<a href=\"https:\/\/enriquelabartapose.concellodezas.org\/\"> Enrique Labarta Pose.<\/a><\/p>\n\n\n\n<p>\u201cCada ano o calendario municipal ten unha tem\u00e1tica diferente e no do 2025 quixemos que o protagonista fose <b>Enrique Labarta Pose <\/b>xa que o 13 maio c\u00famprese o centenario da s\u00faa morte\u201d; destaca o Alcalde, Manuel Mu\u00ed\u00f1o. Dende o Departamento de Cultura do Concello dese\u00f1ouse un almanaque de 13 follas adicado ao polifac\u00e9tico escritor co fin de continuar coa posta en valor da s\u00faa figura.<\/p>\n\n\n\n<p>En cada un dos meses do ano poden lerse estrofas de diferentes poemas cuxa tem\u00e1tica est\u00e1 relacionada cunha efem\u00e9ride dese mesmo mes. Por exemplo, en marzo &#8211; coincidindo co D\u00eda da Muller &#8211; rec\u00f3llense algunhas das estrofas do poema \u201cDefensa das Mulleres\u201d no que Labarta defende a igualdade e a capacidade das mulleres. En novembro, mes do 25N, poden lerse outras estrofas deste mesmo poema no que denuncia, xa na s\u00faa \u00e9poca, a violencia contra as mulleres. Eventos como O Carme do Bri\u00f1o, en Borneiro-Cabana de Berganti\u00f1os, a Festa da Patroa de Tabeir\u00f3n, en Baio, ou a feira de Verdillo, en Carballo, tam\u00e9n te\u00f1en o seu protagonismo xa que foron eventos aos que Labarta lles adicou alg\u00fan poema.<\/p>\n\n\n\n<p>Maio \u00e9 un mes especial dentro deste calendario, xa que coincide coa data do seu pasamento precisamente d\u00edas antes da celebraci\u00f3n do D\u00eda das Letras Galegas. Escoll\u00e9ronse algunhas estrofas do poema \u201cQue me enterren al\u00f3\u201d no que o autor pide que o enterren no seu pobo (Baio); un desexo que non se puido cumprir pese aos esforzos do Concello de Zas.<\/p>\n\n\n\n<p>E as\u00ed no restos dos meses onde as estrofas se combinan con coidadas ilustraci\u00f3ns que fan referencia ao poema, conxugando texto e imaxe para crear no seu conxunto un calendario moi visual e ameno.<span class=\"Apple-converted-space\">&nbsp;<\/span><\/p>\n\n\n\n<p>\u201cEste calendario \u00e9 froito dun minucioso traballo realizado ppola Conceller\u00eda de Cultura a trav\u00e9s da T\u00e9cnica de Xesti\u00f3n Cultural do Concello de Zas co asesoramento dos membros da Comisi\u00f3n Enrique Labarta Pose. E tam\u00e9n cabe agradecer ao equipo de traballadores e traballadoras municipais que estes d\u00edas est\u00e1 levando a cabo o reparto do almanaque nos case cen n\u00facleos de poboaci\u00f3n do noso municipio\u201d; sinala o rexedor, Manuel Mu\u00ed\u00f1o.<span class=\"Apple-converted-space\">&nbsp;<\/span><\/p>\n\n\n\n<p><b>Reparto<\/b><\/p>\n\n\n\n<p>Nos vindeiros d\u00edas o almanaque estar\u00e1 en todas as vivendas do noso municipio, e para iso un equipo de traballadores e traballadoras municipais est\u00e1 percorrendo estes d\u00edas o noso municipio para deixar un exemplar en cada fogar..<span class=\"Apple-converted-space\">&nbsp;<\/span><\/p>\n\n\n\n<p>Agard\u00e1mos que vos guste e aproveitamos para desexarvos un pr\u00f3spero 2025!<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image is-resized\"><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" width=\"740\" height=\"1024\" src=\"https:\/\/concellodezas.gal\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/zas-canlendario-2025-enrique-labarta-pose-740x1024.jpeg\" alt=\"\" class=\"wp-image-18822\" style=\"width:800px;height:auto\" srcset=\"https:\/\/concellodezas.gal\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/zas-canlendario-2025-enrique-labarta-pose-740x1024.jpeg 740w, https:\/\/concellodezas.gal\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/zas-canlendario-2025-enrique-labarta-pose-217x300.jpeg 217w, https:\/\/concellodezas.gal\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/zas-canlendario-2025-enrique-labarta-pose-768x1062.jpeg 768w, https:\/\/concellodezas.gal\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/zas-canlendario-2025-enrique-labarta-pose-1111x1536.jpeg 1111w, https:\/\/concellodezas.gal\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/zas-canlendario-2025-enrique-labarta-pose-1080x1494.jpeg 1080w, https:\/\/concellodezas.gal\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/zas-canlendario-2025-enrique-labarta-pose-980x1355.jpeg 980w, https:\/\/concellodezas.gal\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/zas-canlendario-2025-enrique-labarta-pose-480x664.jpeg 480w, https:\/\/concellodezas.gal\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/zas-canlendario-2025-enrique-labarta-pose.jpeg 1157w\" sizes=\"(max-width: 740px) 100vw, 740px\" \/><\/figure>\n\n\n\n<p><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Xa se est\u00e1 a repartir o calendario do Concello de Zas para o ano 2025 que nesta ocasi\u00f3n est\u00e1 adicado a Enrique Labarta Pose. \u201cCada ano o calendario municipal ten unha tem\u00e1tica diferente e no do 2025 quixemos que o protagonista fose Enrique Labarta Pose xa que o 13 maio c\u00famprese o centenario da s\u00faa [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":5,"featured_media":18815,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"slim_seo":{"title":"O calendario do Concello de Zas para o 2025 est\u00e1 adicado a Enrique Labarta Pose - Concello de Zas","description":"Xa se est\u00e1 a repartir o calendario do Concello de Zas para o ano 2025 que nesta ocasi\u00f3n est\u00e1 adicado a Enrique Labarta Pose. \u201cCada ano o calendario municipal te"},"footnotes":""},"categories":[10],"tags":[],"class_list":["post-18814","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-concello"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/18814","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/5"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=18814"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/18814\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":29048,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/18814\/revisions\/29048"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/18815"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=18814"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=18814"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=18814"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}