{"id":9127,"date":"2022-10-31T15:54:51","date_gmt":"2022-10-31T14:54:51","guid":{"rendered":"https:\/\/concellodezas.org\/?p=9127"},"modified":"2025-12-22T16:47:24","modified_gmt":"2025-12-22T15:47:24","slug":"a-carballeira-de-baio-entra-a-formar-parte-do-catalogo-galego-de-arbores-senlleiras","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/a-carballeira-de-baio-entra-a-formar-parte-do-catalogo-galego-de-arbores-senlleiras\/","title":{"rendered":"A Carballeira de Baio entra a formar parte do Cat\u00e1logo Galego de \u00c1rbores Senlleiras"},"content":{"rendered":"<p>&nbsp;<\/p>\n<p>A Conseller\u00eda de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda acorda inclu\u00edr a <b>Carballeira de Baio<\/b> dentro do <b>Cat\u00e1logo Galego de \u00c1rbores Senlleiras. <\/b>Con este reco\u00f1ecemento chega ao seu fin o tr\u00e1mite iniciado no pasado mes de marzo polo Concello de Zas cando se entregou unha detallada relaci\u00f3n das especies dominantes as\u00ed como diverso material que acredita o valor cultural e hist\u00f3rico do lugar.<\/p>\n<p>Precisamente a dendrometr\u00eda e os aspectos culturais e hist\u00f3ricos foron os principais motivos polos que a Conseller\u00eda de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda catalogou a Carballeira de Baio como unha formaci\u00f3n senlleira. Dende agora este \u00e9 un espazo protexido que conta cunhas medidas especiais de conservaci\u00f3n e co reco\u00f1ecemento oficial do seu valor cient\u00edfico, cultural, did\u00e1ctico, paisax\u00edstico e ornamental. Ademais, \u00e9 o primeiro espazo da Costa da Morte que entra a formar parte deste cat\u00e1logo no que est\u00e1n inclu\u00eddos outros corenta lugares de toda a comunidade.<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0<\/span><\/p>\n<p>A Carballeira de Baio ten unha superficie de 9.695 metros cadrados e dende xu\u00f1o de 2017 \u00e9 de propiedade municipal despois de que o Concello de Zas mercase os terreos situados ao car\u00f3n do paseo fluvial da vila. A\u00ednda que se desco\u00f1ece con exactitude a data exacta da plantaci\u00f3n, est\u00edmase que a maior parte dos carballos &#8211; <i>Quercus robur L.<\/i> &#8211; aqu\u00ed presentes te\u00f1en uns 200 anos atendendo \u00e1 s\u00faa morfolox\u00eda e \u00e1s s\u00faas dimensi\u00f3ns. A Carballeira est\u00e1 formada por case 300 carballos que, nalg\u00fan caso, superan os 20 metros de altura. Os seus troncos forman interesantes imaxes que abren a imaxinaci\u00f3n de quen os visita e esto d\u00e9bese, en boa parte, a que as \u00e1rbores medraron de forma natural competindo entre si. Ademais este \u00e9 un espazo integrado na vida cultural e social da vila xa que ao longo de todo ano este \u00e9 o punto de encontro de diferentes eventos musicais e deportivos. Pero unha das celebraci\u00f3ns m\u00e1is agardadas \u00e9 a tradicional Festa da Carballeira de Baio que se celebra o \u00faltimo domingo do mes de xu\u00f1o dende hai m\u00e1is de corenta anos.<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0<\/span><\/p>\n<p><b>Conservaci\u00f3n<\/b><\/p>\n<p>O Concello de Zas promoviu nos \u00faltimos anos diferentes actuaci\u00f3ns de conservaci\u00f3n neste esapzo. Unha das m\u00e1is recentes realizouse a pasada primavera e consistiu na poda de saneamento daqueles carballos que m\u00e1is o precisaban as\u00ed como a retirada das ramas secas co fin de incrementar a seguridade da zona.<\/p>\n<p>Para o Alcalde de Zas, Manuel Mu\u00ed\u00f1o, \u201ceste reco\u00f1ecemento axuda a garantir a protecci\u00f3n e a conservaci\u00f3n do lugar para que as nosas xeraci\u00f3ns e as futuras podan gozar deste espazo tan singular tanto pola s\u00faa beleza como pola s\u00faa biodiversidade\u201d.<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0<\/span><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Na resoluci\u00f3n, a Conseller\u00eda de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda destaca a dendrometr\u00eda dos carballos as\u00ed como os aspectos culturais e hist\u00f3ricos do lugar<\/p>\n","protected":false},"author":5,"featured_media":9128,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"slim_seo":{"title":"A Carballeira de Baio entra a formar parte do Cat\u00e1logo Galego de \u00c1rbores Senlleiras - Concello de Zas","description":"Na resoluci\u00f3n, a Conseller\u00eda de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda destaca a dendrometr\u00eda dos carballos as\u00ed como os aspectos culturais e hist\u00f3ricos do lugar"},"footnotes":""},"categories":[10],"tags":[],"class_list":["post-9127","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-concello"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9127","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/users\/5"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9127"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9127\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":29199,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9127\/revisions\/29199"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media\/9128"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9127"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9127"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9127"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}