{"id":9058,"date":"2022-10-30T15:42:04","date_gmt":"2022-10-30T14:42:04","guid":{"rendered":"https:\/\/concellodezas.org\/?p=9058"},"modified":"2025-12-22T16:47:24","modified_gmt":"2025-12-22T15:47:24","slug":"diferentes-expertos-analizan-as-pegadas-que-deixou-enrique-labarta-pose-nas-suas-obras","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/diferentes-expertos-analizan-as-pegadas-que-deixou-enrique-labarta-pose-nas-suas-obras\/","title":{"rendered":"Diferentes expertos analizan as pegadas que deixou Enrique Labarta Pose nas s\u00faas obras"},"content":{"rendered":"<p>\u201cA historia non lle dou o lugar que merec\u00eda e dende o Concello de Zas, coa colaboraci\u00f3n de diferentes expertos, queremos po\u00f1er no seu sitio a figura de Enrique Labarta Pose e reivindicar que a Real Academia Galega lle adique o seu propio D\u00eda das Letras Galegas\u201d. As\u00ed comezou o Alcalde de Zas, Manuel Mu\u00ed\u00f1o, a inauguraci\u00f3n da <b>xornada \u201cAs pegadas de Enrique Labarta Pose\u201d<\/b> que tivo lugar onte no Centro Sociocultural de Baio.<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0<\/span><\/p>\n<p>Unhas cincuentas persoas de diferentes \u00e1mbitos, entres eles profesores e profesoras da zona, asistiron a esta actividade organizada polo Concello de Zas na que se analizou dende distintos puntos de vista a obra e vida de Enrique Labarta Pose. Conducidas por Tania Carreira, ao longo da ma\u00f1\u00e1 houbo cinco pequenas ponencias, que non superaron os vinte minutos de duraci\u00f3n, e un coloquio.<\/p>\n<p>Xos\u00e9 Mar\u00eda Lema, Catedr\u00e1tico en Historia e Xeograf\u00eda, foi o encargado de falar do contexto hist\u00f3rico da \u00e9poca de Labarta e que en gran medida trasladou a moitas das s\u00faas publicaci\u00f3ns nas que fala sobre o caciquismo e outras inxustizas sociais da s\u00faa \u00e9poca. Tal e como se dixo na xornada, Labarta Pose foi escritor, xornalista e fot\u00f3grafo. Como escritor, unha das facetas m\u00e1is co\u00f1ecidas del, abarcou os tres x\u00e9neros literarios: poes\u00eda, narrativa e teatro e destacou polo humor e a s\u00e1tira coas que escribiu. Ademais desta caracter\u00edstica; Xos\u00e9 Mar\u00eda Rei, Licenciado en Filolox\u00eda Galego-Portuguesa, falou do poeta social que se agocha en moitas das obras de Labarta. \u201cA s\u00faa faceta humor\u00edstica \u00e9 moi co\u00f1ecida pero tam\u00e9n ten un compo\u00f1ente social moi importante\u201d, descatou Rei Lema quen enunciou as obras a trav\u00e9s das cales Labarta falou de temas como o maltrato animal, o feminismo, o caciquismo e a defensa do idioma.<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0<\/span><\/p>\n<p>Debido ao seu traballo, Labarta viaxou por diferentes cidades nas que deixou unha fonda pegada. E unha delas foi Pontevedra. De analizar o seu paso pola cidade encargouse Milagros Bar\u00e1, escritora e cronista local. En Pontevedra, onde hoxe en d\u00eda a\u00ednda se conserva unha r\u00faa adicada a el, viviu entre 1894 e 1902 e aqu\u00ed casou e desenvolviu unha parte moi importante da s\u00faa faceta de escritor, xornalista e fot\u00f3grafo. Rodeouse dun gran c\u00edrculo de amigos e relacionouse con relevantes persoeiros o que o levou a introducir na cidade de Pontevedra grandes inventos como o fon\u00f3grafo. Para Bar\u00e1, a obra de Labarta ten un forte compo\u00f1ente musical e incluso se atreveu a recitar un dos seus poemas a ritmo de rap.<\/p>\n<p>Ricardo Garc\u00eda Mira, Catedr\u00e1tico en Psicolox\u00eda Social, falou sobre a pegada psicol\u00f3xica de Enrique Labarta Pose na que fala en m\u00faltiples ocasi\u00f3ns da s\u00faa relaci\u00f3n emocional con Galicia, do amor materno, da igualdade entre homes e mulleres e doutros valores que se reflicten nas s\u00faas obras.<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0<\/span><\/p>\n<p>O encargado de rematar a quenda das intervenci\u00f3ns foi Xos\u00e9 Manuel Varela Varela, Licenciado en Filolox\u00eda Hisp\u00e1nica, e que lle mandou aos asistentes ler entre todos o poema \u201cA festa da patrona de Tabeir\u00f3n\u201d para despois analizalo en detalle. <span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0<\/span><\/p>\n<p>Un coloquio no que participaron todos os relatores e conducido por Jorge Mira, F\u00edsico e Catedr\u00e1tico de Electromagnetismo, serviu para pechar as xornadas nas que todos e todas coincidiron en reivindicar para Enrique Labarta Pose o seu propio d\u00eda das Letras galegas. Manuel Mu\u00ed\u00f1o, Alcalde de Zas, encargouse de pechar as charlas da ma\u00f1\u00e1 onde asegurou que o Concello de Zas continuar\u00e1 realizando diferentes acci\u00f3ns de divulgaci\u00f3n da figura de Labarta. Durante o peche o rexedor tam\u00e9n asegurou que dende o Concello estudiarase a posibilidade de recompilar as diferentes obras labartianas para a s\u00faa posterior publicaci\u00f3n.<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0<\/span><\/p>\n<p><b>Roteiro literario<\/b><\/p>\n<p>A xornada continuou pola tarde, momento no que o forte temporal de choiva e vento amainou para que os participantes puidesen percorrer diferentes lugares do Concello de Zas aos que, dunha forma ou doutra, Enrique Labarta Pose fixo referencia nas s\u00faas obras. Xos\u00e9 Mar\u00eda Lema guiou o roteiro polas terras baiesas, Evaristo Dom\u00ednguez fixoo en Zas e Tania Carreira en Brandomil.<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0<\/span><\/p>\n<p>No Centro Sociocultural de Baio est\u00e1 exposto de forma permanente unha boa parte do legado de Enrique Labarta Pose que dende hai uns meses as familias Rojo Vali\u00f1a e a de Ram\u00f3n Romar cederon ao Concello de Zas para a s\u00faa difusi\u00f3n, an\u00e1lise e exposici\u00f3n. Aqu\u00ed est\u00e1 tam\u00e9n polo momento outra exposici\u00f3n itinerante formada por oito paneles m\u00f3biles na que se percorre a vida e obra de Labarta e que proximamente visitar\u00e1 outros centros de relevancia da provincia.<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0<\/span><\/p>\n<p><b>Canle Youtube<\/b><\/p>\n<p>Na canle de Youtube do Concello de Zas podes ver as diferentes intervenci\u00f3ns:<\/p>\n<ul>\n<li>Acto inaugural e Xos\u00e9 Mar\u00eda Lema: https:\/\/youtu.be\/PkX29Di6j1g<\/li>\n<li>Xos\u00e9 Mar\u00eda Rei Lema: https:\/\/youtu.be\/5kjXG_ixcUo<\/li>\n<li>Milagros Bar\u00e1: https:\/\/youtu.be\/wITUG_MYkdk<\/li>\n<li>Ricardo Garc\u00eda Mira: https:\/\/www.youtube.com\/watch?v=ng6Ep5rGcLg<\/li>\n<li>Xos\u00e9 Manuel Varela Varela: https:\/\/youtu.be\/zC9tzulSfGU<\/li>\n<li>Debate e clausura da xornada: https:\/\/youtu.be\/9UGdWRuEbEY<\/li>\n<\/ul>\n<p>&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Unhas 50 persoas asistiron a xornada \u201cAs m\u00faltiples pegadas de Enrique Labarta Pose\u201d que tiveron lugar onte no Centro Sociocultural de Baio organizadas polo Concello de Zas<\/p>\n","protected":false},"author":5,"featured_media":9060,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"slim_seo":{"title":"Diferentes expertos analizan as pegadas que deixou Enrique Labarta Pose nas s\u00faas obras - Concello de Zas","description":"Unhas 50 persoas asistiron a xornada \u201cAs m\u00faltiples pegadas de Enrique Labarta Pose\u201d que tiveron lugar onte no Centro Sociocultural de Baio organizadas polo Conc"},"footnotes":""},"categories":[10],"tags":[],"class_list":["post-9058","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-concello"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9058","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/users\/5"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9058"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9058\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":29200,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9058\/revisions\/29200"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media\/9060"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9058"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9058"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9058"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}