{"id":5474,"date":"2022-06-16T23:52:13","date_gmt":"2022-06-16T23:52:13","guid":{"rendered":"https:\/\/concellodezas.org\/?p=5474"},"modified":"2025-12-22T16:47:26","modified_gmt":"2025-12-22T15:47:26","slug":"xa-esta-aqui-o-programa-de-actividades-para-este-veran","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/xa-esta-aqui-o-programa-de-actividades-para-este-veran\/","title":{"rendered":"Xa est\u00e1 aqu\u00ed o programa de actividades para este ver\u00e1n"},"content":{"rendered":"<p>Xa est\u00e1 aqu\u00ed a ansiada <b>programaci\u00f3n de ver\u00e1n<\/b> que este ano v\u00e9n con m\u00e1is actividades ca nunca. E o mellor de todo \u00e9 que durante os meses de xullo e agosto hai propostas para todos os p\u00fablicos e en diferentes localizaci\u00f3ns do noso municipio. Comezamos!<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0<\/span><\/p>\n<p><b>Para os m\u00e1is pequenos<\/b><\/p>\n<p>Como non pod\u00eda ser doutra forma a programaci\u00f3n do ver\u00e1n est\u00e1 chea de actividades para os m\u00e1is pequenos coas que, dende o Concello de Zas, queremos contribu\u00edr \u00e1 conciliaci\u00f3n laboral e familiar da nosa veci\u00f1anza. Tomade nota:<\/p>\n<ul>\n<li><b>Campamentos urbanos<\/b>: nos meses de xullo e agosto realizaremos nas Torres do Allo os campamentos urbanos dirixidos a nenas e nenos nacidos entre o 2009 e o 2018, inclusive. Haber\u00e1 actividades deportivas, xogos, din\u00e1micas, manualidades,\u2026 e ser\u00e1 de 10:00 a 14:00 horas. Hai catro quendas (do 4 ao 15 de xullo, do 18 de xullo ao 2 de agosto, do 3 ao 17 de agosto e do 18 ao 31 de agosto). O custe \u00e9 de 10\u20ac e as prazas son limitadas.<\/li>\n<li><b>Obradoiro de San Xo\u00e1n<\/b>: As Torres do Allo acollen o 23 de xu\u00f1o un obradoiro infantil sobre o San Xo\u00e1n dirixido a nenas e nenos de 4 a 12 anos.<\/li>\n<li><b>Escolas de r\u00edo<\/b>: os rapaces e rapazas de 8 a 18 anos poder\u00e1n participar nas Escolas de R\u00edo que realizaremos os d\u00edas 27 e 28 de xu\u00f1o na Ponte de Brandomil<\/li>\n<li><b>Festa Infantil<\/b>: este ano recuperamos a festa infantil. Ser\u00e1 o 2 de xullo no campo de f\u00fatbol e na piscina municipal de Zas e haber\u00e1 inchables, tobog\u00e1ns acu\u00e1ticos, festa da escuma, obradoiros,\u2026<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0<\/span><\/li>\n<li><b>DeporCampus<\/b>: un ano m\u00e1is volve o DeporCampus. Os adestradores do RC Deportivo dirixir\u00e1n as xornadas que realizaremos do 18 ao 22 de xullo no Campo Municipal Platas Reinoso de Baio. Os destinatarios son os nenos e nenas de 6 a 14 anos.<\/li>\n<li><b>Xornada Multiaventura en Galipark<\/b>: O 27 de xullo desprar\u00e9monos ata este parque de aventuras onde haber\u00e1 tirolinas, roc\u00f3dromo, l\u00e1ser tag, piscina, e moito m\u00e1is. Esta \u00e9 unha actividad dirixida aos nenos e nenas nacidos entre o 2009 e o 2014.<\/li>\n<li><b>Excursi\u00f3n Aquapark Cerceda<\/b>: ser\u00e1 o 22 de agosto e poder\u00e1n ir os nenos e nenas que naceran entre o 2005 e o 2014.<\/li>\n<li><b>Summer Adventure<\/b>: O 25 de agosto realizaremos outra sa\u00edda. Nesta ocasi\u00f3n iremos ata a fervenza do \u00c9zaro para participar nunha xincana de xogos na praia e realizar unha ruta en kayak. Est\u00e1 dirixida aos nacidos entre o 2005 e o 2009.<\/li>\n<\/ul>\n<p><b>Torres do Allo<\/b><\/p>\n<p>O pazo m\u00e1is antigo de Galicia ser\u00e1 este ver\u00e1n o escenario de moitas das actividades. Adem\u00e1is de abrir todos os d\u00edas (ata o 15 de setembro), p\u00f3dese ver a exposici\u00f3n de Exin Castillos, realizar unha visita guiada ou participar en familia no xogo de pistas. E durante o ver\u00e1 tam\u00e9n haber\u00e1 aqu\u00ed as seguintes actividades:<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0<\/span><\/p>\n<ul>\n<li><b>Scape Room<\/b><\/li>\n<li><b>Visitas teatralizadas <\/b>con Os Quinquill\u00e1ns todos os domingos de xullo e agosto \u00e1s 19:30 horas.<\/li>\n<li><b>Concerto de Faia D\u00edaz<\/b>: O 22 de xullo \u00e1s 20:00 horas<\/li>\n<li><b>Xornada sobre o li\u00f1o, econom\u00eda circular.<\/b> O s\u00e1bado 23 de xullo a partir das 19:00 horas na que haber\u00e1 conferencias, desfile e degustaci\u00f3n<\/li>\n<li><b>Contos nas Torres con Quico Cadaval<\/b>. S\u00e1bado 20 de agosto \u00e1s 20:00 horas<\/li>\n<li><b>Contos nas Torres con Paula Carballeira<\/b>. S\u00e1bado 27 de agosto \u00e1s 20:00 horas<\/li>\n<li><b>Mercado de San Ram\u00f3n<\/b>: o 31 de agosto despedimos a programaci\u00f3n de ver\u00e1n co tradicional mercado de San Ram\u00f3n no que haber\u00e1 postos de artesan\u00eda, obradoiros e unha sesi\u00f3n verm\u00fa con Tres Pesos.<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0<\/span><\/li>\n<\/ul>\n<p><b>M\u00e1is actividades culturais e deportivas<\/b><\/p>\n<p>Na programaci\u00f3n de ver\u00e1n 2022 do Concello de Zas tam\u00e9n est\u00e1 inclu\u00edda a Semana Cultural que ser\u00e1 ao redor da Festa da Carballeira e cuxo programa desvelaremos proximamente. Estas son outras actividades culturais e deportivas que temos programadas para os vindeiros meses:<\/p>\n<ul>\n<li><b>Cursos de nataci\u00f3n <\/b>para todas as idades na piscina municipal de Zas e na de Baio<\/li>\n<li><b>Concerto de O\u00eema na Ponte de Brandomil.<\/b> S\u00e1bado 30 de xullo \u00e1s 21:30 horas<\/li>\n<li><b>Mon\u00f3logo de C\u00e1ndido Paz\u00f3 en Fornelos<\/b>. S\u00e1bado 6 de agosto \u00e1s 20:30 horas<\/li>\n<li><b>Concerto de Blues do Pa\u00eds na Carballeira de Baio<\/b>. Venres 19 de agosto \u00e1s 21:30 horas<\/li>\n<li><b>Trail Nocturno Cova do Lobo<\/b>. Andaina, trail nocturno e pequetrail. S\u00e1bado 20 de agosto a partir das 22:00 horas<\/li>\n<\/ul>\n<p><b>Inscrici\u00f3ns<\/b><\/p>\n<p>Moitas destas actividades requiren inscrici\u00f3n previa que deber\u00e1 realizarse no Centro Sociocultural de Zas (981 751 398) ou no Centro Sociocultural de Baio (981 718 056) en horario de luns a venres de 09:00 a 14:00 horas. Aqu\u00ed tam\u00e9n se pode ampliar informaci\u00f3n sobre o programa.<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0<\/span><\/p>\n<p>A continuaci\u00f3n podes descargar o programa completo de actividades as\u00ed como as fichas de inscrici\u00f3n para as actividades infant\u00eds.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Campamentos e obradoiros infant\u00eds, Scape Room, concertos, escolas de r\u00edo, un trail nocturno,\u2026 son algunhas das ofertas de ocio programadas polo Concello de Zas para os meses de xullo e agosto<\/p>\n","protected":false},"author":5,"featured_media":5461,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"slim_seo":{"title":"Xa est\u00e1 aqu\u00ed o programa de actividades para este ver\u00e1n - Concello de Zas","description":"Campamentos e obradoiros infant\u00eds, Scape Room, concertos, escolas de r\u00edo, un trail nocturno,\u2026 son algunhas das ofertas de ocio programadas polo Concello de Zas"},"footnotes":""},"categories":[10],"tags":[],"class_list":["post-5474","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-concello"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5474","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/users\/5"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5474"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5474\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":29227,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5474\/revisions\/29227"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media\/5461"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5474"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5474"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5474"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}