{"id":31237,"date":"2026-09-18T08:00:00","date_gmt":"2026-09-18T06:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/concellodezas.gal\/?p=31237"},"modified":"2026-09-18T12:01:26","modified_gmt":"2026-09-18T10:01:26","slug":"os-vi-premios-foucino-ponen-o-foco-na-animacion-galega-e-consolidan-ao-concello-de-zas-como-punto-de-encontro-do-cinema-de-proximidade","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/os-vi-premios-foucino-ponen-o-foco-na-animacion-galega-e-consolidan-ao-concello-de-zas-como-punto-de-encontro-do-cinema-de-proximidade\/","title":{"rendered":"Os VI Premios Fouci\u00f1o po\u00f1en o foco na animaci\u00f3n galega e consolidan ao concello de Zas como punto de encontro do cinema de proximidade"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"wp-block-paragraph\">. &nbsp;As Torres do Allo acolleron este xoves a presentaci\u00f3n dos VI Premios Fouci\u00f1o, o festival de curtametraxes que se celebrar\u00e1 do 22 ao 24 de outubro en Baio e que nesta edici\u00f3n pon o foco na animaci\u00f3n galega. No acto participaron o alcalde de Zas, Manuel Mu\u00ed\u00f1o; o vicepresidente da Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a, Xos\u00e9 Regueira; e os representantes da asociaci\u00f3n Premios Fouci\u00f1o Alejandro G\u00e1ndara e Lucas Espasand\u00edn.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O festival, organizado co apoio do Concello de Zas e da Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a, contar\u00e1 este ano cun novo espazo no centro de Baio, o Local Fouci\u00f1o, onde se desenvolver\u00e1 boa parte da programaci\u00f3n. Durante tres d\u00edas combinaranse proxecci\u00f3ns, actividades formativas, encontros co p\u00fablico, propostas para a mocidade, o concurso de curtametraxes e m\u00fasica en directo.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O alcalde de Zas, Manuel Mu\u00ed\u00f1o, agradeceu o apoio da Deputaci\u00f3n e o traballo da asociaci\u00f3n Premios Fouci\u00f1o, e destacou que \u201cestes premios est\u00e1n a contribu\u00edr a converter a Baio nun lugar de encontro da curtametraxe galega\u201d. Mu\u00ed\u00f1o quixo lembrar tam\u00e9n a Mabel Montes, \u201cporque ela e varios dos seus compa\u00f1eiros foron os primeiros en iniciar esta andaina\u201d, e puxo en valor o traballo do actual equipo organizador, especialmente pola s\u00faa colaboraci\u00f3n cos colexios e institutos da comarca.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Pola s\u00faa banda, o vicepresidente da Deputaci\u00f3n, Xos\u00e9 Regueira, destacou o papel do festival na dinamizaci\u00f3n cultural do territorio e afirmou que iniciativas coma esta permiten \u201cloitar contra o illamento cultural e demostrar que o medio rural coru\u00f1\u00e9s \u00e9 un escenario vivo, punteiro e vangardista para o desenvolvemento de propostas audiovisuais de calidade\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Os representantes da asociaci\u00f3n agradeceron o apoio do Concello de Zas e da Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a, que consideran indispensable para o desenvolvemento do festival, e destacaron o esforzo por coidar tanto a programaci\u00f3n como a dimensi\u00f3n est\u00e9tica dunha proposta que busca achegar ao p\u00fablico unha mostra diversa e innovadora do audiovisual galego.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>Programaci\u00f3n ao completo<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A programaci\u00f3n comezar\u00e1 o xoves 22 cunha retrospectiva dedicada a Dygra Films, pioneira da animaci\u00f3n 3D en Europa, coa proxecci\u00f3n de \u2018Taxia\u2019 e \u2018El buf\u00f3n y la infanta\u2019, nunha sesi\u00f3n que contar\u00e1 coa presenza de Manolo G\u00f3mez, fundador do hist\u00f3rico estudo galego. O venres, a animaci\u00f3n chegar\u00e1 tam\u00e9n ao IES de Baio cunha charla de Raquel Rodr\u00edguez e, pola tarde, proxectaranse no Local Fouci\u00f1o varias curtametraxes galegas de animaci\u00f3n, entre elas \u2018Homeless Home\u2019, \u2018The Monkey\u2019, \u2018Sandwich Cat\u2019 e \u2018O corpo de Cristo\u2019. A xornada completarase cun concurso de dobraxe en directo.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O s\u00e1bado 24 ser\u00e1 o d\u00eda grande do festival, con actividades relacionadas coa creaci\u00f3n audiovisual da mocidade, a presentaci\u00f3n da curtametraxe realizada no obradoiro de documental da cooperativa A Furna, a proxecci\u00f3n de \u2018Jard\u00edn de Pl\u00e1stico\u2019, de Daniela Gonz\u00e1lez, e \u2018Os Poetas e o Lume\u2019, creado desde o CEIP Labarta Pose de Baio. Pola tarde, \u00e1s 18.00 horas, ter\u00e1 lugar a competici\u00f3n oficial, coa proxecci\u00f3n das curtametraxes finalistas das categor\u00edas Xeral e Escolar e a votaci\u00f3n dos Premios do P\u00fablico. As obras finalistas daranse a co\u00f1ecer a comezos de outubro. Os premios ser\u00e1n de 1.000 euros, 500 euros e 200 euros para os Premios do P\u00fablico.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A xornada rematar\u00e1 na Praza Jorge Mira cunha noite de premios e m\u00fasica. \u00c1s 22.00 horas actuar\u00e1 Mal Juicio e, \u00e1s 23.00 horas, ter\u00e1 lugar a entrega dos galard\u00f3ns. A festa continuar\u00e1 con \u00fcnder &amp; Diego Fl\u00e2neur, Laura Lamontagne, Skanderani e Ning\u00fan DJ.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>\u2018Afiando Fouci\u00f1os\u2019 como antesala<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Este ano, como novidade e como antesala dos Premios Fouci\u00f1o, o alcalde presentou o ciclo \u201c<strong>Afiando Fouci\u00f1os<\/strong>\u201d. Este ciclo desenvolverase durante as catro semanas anteriores con catro proxecci\u00f3ns documentais en Baio e Zas. A programaci\u00f3n comezar\u00e1 o 26 de setembro con \u2018<strong>O r\u00edo do Porto, o r\u00edo grande da Terra de Soneira<\/strong>\u2019 do <strong>Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte<\/strong> e continuar\u00e1 con \u2018<strong>360 Curvas<\/strong>\u2019, \u2018<strong>Cr\u00f3nicas dun Non<\/strong>\u2019 e \u2018<strong>Deuses de Pedra<\/strong>\u2019, esta \u00faltima o 18 de outubro no Local Fouci\u00f1o de Baio.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>. &nbsp;As Torres do Allo acolleron este xoves a presentaci\u00f3n dos VI Premios Fouci\u00f1o, o festival de curtametraxes que se celebrar\u00e1 do 22 ao 24 de outubro en Baio e que nesta edici\u00f3n pon o foco na animaci\u00f3n galega. No acto participaron o alcalde de Zas, Manuel Mu\u00ed\u00f1o; o vicepresidente da Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a, Xos\u00e9 [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":5,"featured_media":31238,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"slim_seo":{"title":"Os VI Premios Fouci\u00f1o po\u00f1en o foco na animaci\u00f3n galega e consolidan ao concello de Zas como punto de encontro do cinema de proximidade - Concello de Zas","description":". &nbsp;As Torres do Allo acolleron este xoves a presentaci\u00f3n dos VI Premios Fouci\u00f1o, o festival de curtametraxes que se celebrar\u00e1 do 22 ao 24 de outubro en Bai"},"_slim_seo_primary_term_category":413,"_slim_seo_primary_term_post_tag":0,"footnotes":""},"categories":[413],"tags":[],"class_list":["post-31237","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-cultura-e-deportes"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/31237","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/users\/5"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=31237"}],"version-history":[{"count":4,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/31237\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":31246,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/31237\/revisions\/31246"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media\/31238"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=31237"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=31237"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=31237"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}