{"id":31165,"date":"2026-08-11T08:00:00","date_gmt":"2026-08-11T06:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/concellodezas.gal\/?p=31165"},"modified":"2026-08-10T12:48:53","modified_gmt":"2026-08-10T10:48:53","slug":"ultimos-dias-para-anotarse-na-observacion-astronomica-que-organiza-o-concello-de-zas-na-arca-da-piosa-con-jorge-mira","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/ultimos-dias-para-anotarse-na-observacion-astronomica-que-organiza-o-concello-de-zas-na-arca-da-piosa-con-jorge-mira\/","title":{"rendered":"\u00daltimos d\u00edas para anotarse na observaci\u00f3n astron\u00f3mica que organiza o Concello de Zas na Arca da Piosa con Jorge Mira"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O Concello de Zas lembra que remata o prazo para anotarse na actividade \u2018Mirada ao firmamento dende o pasado\u2019, que se celebrar\u00e1 este xoves, 13 de agosto, no Dolmen da Arca da Piosa e que estar\u00e1 guiada polo divulgador cient\u00edfico e veci\u00f1o de Zas Jorge Mira.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A proposta combina unha cami\u00f1ada nocturna, patrimonio arqueol\u00f3xico e divulgaci\u00f3n cient\u00edfica nun dos espazos m\u00e1is emblem\u00e1ticos do municipio. Ademais, ter\u00e1 un atractivo especial ao converterse na primeira observaci\u00f3n astron\u00f3mica que se celebra na Costa da Morte despois da eclipse, ofrecendo a oportunidade de volver dirixir a mirada ao ceo desde un enclave de gran valor patrimonial e paisax\u00edstico.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A participaci\u00f3n \u00e9 gratu\u00edta, pero \u00e9 imprescindible realizar inscrici\u00f3n previa. As persoas interesadas poden anotarse a trav\u00e9s do <a href=\"https:\/\/bit.ly\/Observacion2026\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\" title=\"\">formulario en li\u00f1a<\/a> ou chamando ao 981 751 398. O prazo de inscrici\u00f3n remata nos pr\u00f3ximos d\u00edas.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O alcalde de Zas, Manuel Mu\u00ed\u00f1o, anima a aproveitar estes \u00faltimos d\u00edas para formalizar a inscrici\u00f3n: \u201cEstamos ante unha actividade moi especial, tanto polo lugar no que se desenvolve como polo momento no que se celebra. Queremos que a Arca da Piosa volva ser un punto de encontro para descubrir o noso patrimonio, pero tam\u00e9n para mirar cara ao ceo e co\u00f1ecer mellor o universo que nos rodea\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>Programaci\u00f3n<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A actividade dar\u00e1 comezo \u00e1s 22:00 horas, con sa\u00edda desde Santa S\u00eda de Roma. Desde al\u00ed, as persoas participantes realizar\u00e1n unha cami\u00f1ada duns dous quil\u00f3metros, de dificultade baixa, ata chegar ao Dolmen da Arca da Piosa. Unha vez no dolmen, Jorge Mira conducir\u00e1 a sesi\u00f3n de observaci\u00f3n e interpretaci\u00f3n do ceo nocturno, achegando ao p\u00fablico os co\u00f1ecementos necesarios para comprender e gozar do firmamento desde este singular enclave megal\u00edtico.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Ao remate da observaci\u00f3n, no propio espazo do dolmen, as persoas asistentes poder\u00e1n desfrutar tam\u00e9n dun espect\u00e1culo teatral e de luces, completando unha experiencia que pretende conectar patrimonio, ciencia, natureza e cultura.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Desde o Concello recom\u00e9ndase \u00e1s persoas participantes levar roupa de abrigo, lanterna e unha manta para deitarse, co obxectivo de gozar da observaci\u00f3n astron\u00f3mica nas mellores condici\u00f3ns.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O Concello de Zas lembra que remata o prazo para anotarse na actividade \u2018Mirada ao firmamento dende o pasado\u2019, que se celebrar\u00e1 este xoves, 13 de agosto, no Dolmen da Arca da Piosa e que estar\u00e1 guiada polo divulgador cient\u00edfico e veci\u00f1o de Zas Jorge Mira. A proposta combina unha cami\u00f1ada nocturna, patrimonio arqueol\u00f3xico e [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":5,"featured_media":31145,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"slim_seo":{"title":"\u00daltimos d\u00edas para anotarse na observaci\u00f3n astron\u00f3mica que organiza o Concello de Zas na Arca da Piosa con Jorge Mira - Concello de Zas","description":"O Concello de Zas lembra que remata o prazo para anotarse na actividade \u2018Mirada ao firmamento dende o pasado\u2019, que se celebrar\u00e1 este xoves, 13 de agosto, no Dol"},"footnotes":""},"categories":[10,413,415],"tags":[],"class_list":["post-31165","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-concello","category-cultura-e-deportes","category-turismo"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/31165","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/users\/5"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=31165"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/31165\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":31166,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/31165\/revisions\/31166"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media\/31145"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=31165"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=31165"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=31165"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}