{"id":30996,"date":"2026-07-01T08:00:00","date_gmt":"2026-07-01T06:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/concellodezas.gal\/?p=30996"},"modified":"2026-06-30T16:50:14","modified_gmt":"2026-06-30T14:50:14","slug":"cabana-laxe-e-zas-presentan-de-forma-conxunta-un-recurso-de-reposicion-e-reforzan-unha-posicion-institucional-unitaria-fronte-ao-proxecto-mineiro-jorge-reyes","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/cabana-laxe-e-zas-presentan-de-forma-conxunta-un-recurso-de-reposicion-e-reforzan-unha-posicion-institucional-unitaria-fronte-ao-proxecto-mineiro-jorge-reyes\/","title":{"rendered":"Cabana, Laxe e Zas presentan de forma conxunta un recurso de reposici\u00f3n e reforzan unha posici\u00f3n institucional unitaria fronte ao proxecto mineiro \u2018Jorge Reyes\u2019"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Os concellos de Zas, Laxe e Cabana de Berganti\u00f1os ve\u00f1en de presentar de forma simult\u00e1nea e coordinada un recurso de reposici\u00f3n contra o acordo de autorizaci\u00f3n do permiso de investigaci\u00f3n mineira \u2018Jorge Reyes\u2019, outorgado pola Xunta de Galicia.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A actuaci\u00f3n conxunta dos tres concellos constit\u00fae unha resposta institucional de car\u00e1cter coordinado, ao tratarse dun recurso \u00fanico no que se comparte argumentaci\u00f3n xur\u00eddica, t\u00e9cnica e territorial. Esta unidade responde \u00e1 existencia dunha afecci\u00f3n continuada e interconectada sobre os tres termos municipais, que non pode ser analizada de forma illada.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O recurso subli\u00f1a que a cuadr\u00edcula mineira autorizada constit\u00fae unha actuaci\u00f3n continua con efectos acumulativos sobre a realidade f\u00edsica, urban\u00edstica, ambiental e socioecon\u00f3mica dos tres municipios, polo que a s\u00faa an\u00e1lise require unha visi\u00f3n territorial conxunta. Ademais, det\u00e9ctanse diverxencias relevantes entre a cartograf\u00eda mineira empregada no expediente e outras fontes oficiais como o Plan B\u00e1sico Auton\u00f3mico ou a cartograf\u00eda catastral, o que afecta \u00e1 delimitaci\u00f3n real das zonas potencialmente impactadas e \u00e1 identificaci\u00f3n de parcelas concretas e usos existentes.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>Afecci\u00f3n diferenciada por concellos<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">No caso de Cabana de Berganti\u00f1os, a documentaci\u00f3n evidencia unha cuesti\u00f3n singular: o Plan B\u00e1sico Auton\u00f3mico non identifica cuadr\u00edcula mineira equivalente no termo municipal, a pesar de que o permiso o incl\u00fae como zona afectada. Esta circunstancia obriga a unha motivaci\u00f3n reforzada da s\u00faa inclusi\u00f3n e \u00e1 identificaci\u00f3n precisa das parcelas e actuaci\u00f3ns previstas. Ademais, o recurso destaca a posible afecci\u00f3n ao Dolmen de Dombate, Ben de Interese Cultural, cuxa protecci\u00f3n incl\u00fae non s\u00f3 o xacemento, sen\u00f3n tam\u00e9n a s\u00faa contorna e percepci\u00f3n paisax\u00edstica. Por este motivo, adv\u00edrtese da necesidade dunha an\u00e1lise patrimonial espec\u00edfica previa e dun informe expreso de compatibilidade por parte do \u00f3rgano competente en patrimonio cultural.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">En Laxe, o recurso sinala que a cuadr\u00edcula mineira se proxecta sobre zonas de uso forestal e rural, con presenza de infraestruturas locais, cami\u00f1os e parcelas privadas, sen que exista unha an\u00e1lise suficientemente individualizada da compatibilidade urban\u00edstica e ambiental. Adv\u00edrtese tam\u00e9n da superposici\u00f3n con usos reais do solo e da falta de correspondencia clara entre a cuadr\u00edcula e a realidade catastral.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">En Zas, a cuadr\u00edcula afecta a unha contorna de elevada sensibilidade arqueol\u00f3xica, con presenza de varias m\u00e1moas catalogadas, entre elas a M\u00e1moa do Couso do Monte, M\u00e1moa de Suacosta, M\u00e1moa de Tras da Senra e M\u00e1moa do Alto do Pedroso. O recurso advirte especialmente da situaci\u00f3n da M\u00e1moa de Tras da Senra, onde parte dos traballos previstos poder\u00edan situarse dentro da s\u00faa zona de protecci\u00f3n integral, o que require unha avaliaci\u00f3n patrimonial previa e exhaustiva antes de calquera actuaci\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>Recurso conxunto<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Os tres concellos subli\u00f1an que esta actuaci\u00f3n conxunta responde a unha situaci\u00f3n excepcional, na que a magnitude da afecci\u00f3n territorial fixo necesaria unha resposta institucional coordinada e plenamente ali\u00f1ada.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Non se trata dunha suma de actuaci\u00f3ns individuais, sen\u00f3n dun posicionamento \u00fanico e compartido, tanto na estratexia xur\u00eddica como na interpretaci\u00f3n t\u00e9cnica do expediente, co obxectivo de garantir a protecci\u00f3n do territorio, do patrimonio e da seguridade da veci\u00f1anza.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Os tres gobernos locais reiteran o seu compromiso coa defensa do interese xeral da cidadan\u00eda, a protecci\u00f3n do medio natural e a preservaci\u00f3n do patrimonio cultural e paisax\u00edstico, as\u00ed como a s\u00faa vontade de manter unha coordinaci\u00f3n permanente durante todo o procedemento administrativo.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Os concellos de Zas, Laxe e Cabana de Berganti\u00f1os ve\u00f1en de presentar de forma simult\u00e1nea e coordinada un recurso de reposici\u00f3n contra o acordo de autorizaci\u00f3n do permiso de investigaci\u00f3n mineira \u2018Jorge Reyes\u2019, outorgado pola Xunta de Galicia. A actuaci\u00f3n conxunta dos tres concellos constit\u00fae unha resposta institucional de car\u00e1cter coordinado, ao tratarse dun recurso [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":5,"featured_media":30933,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"slim_seo":{"title":"Cabana, Laxe e Zas presentan de forma conxunta un recurso de reposici\u00f3n e reforzan unha posici\u00f3n institucional unitaria fronte ao proxecto mineiro \u2018Jorge Reyes\u2019 - Concello de Zas","description":"Os concellos de Zas, Laxe e Cabana de Berganti\u00f1os ve\u00f1en de presentar de forma simult\u00e1nea e coordinada un recurso de reposici\u00f3n contra o acordo de autorizaci\u00f3n d"},"footnotes":""},"categories":[10,416],"tags":[],"class_list":["post-30996","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-concello","category-urbanismo"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/30996","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/users\/5"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=30996"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/30996\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":30997,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/30996\/revisions\/30997"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media\/30933"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=30996"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=30996"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=30996"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}