{"id":30615,"date":"2026-03-10T08:00:00","date_gmt":"2026-03-10T07:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/concellodezas.gal\/?p=30615"},"modified":"2026-03-17T12:06:06","modified_gmt":"2026-03-17T11:06:06","slug":"o-concello-de-zas-abre-o-prazo-de-inscricion-da-ix-mostra-de-teatro-afeccionado-labarta-pose","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/o-concello-de-zas-abre-o-prazo-de-inscricion-da-ix-mostra-de-teatro-afeccionado-labarta-pose\/","title":{"rendered":"O Concello de Zas abre o prazo de inscrici\u00f3n da IX Mostra de Teatro Afeccionado \u201cLabarta Pose\u201d"},"content":{"rendered":"\n<p>O Concello de Zas abre o prazo de inscrici\u00f3n para participar na IX Mostra de Teatro Afeccionado \u201cLabarta Pose\u201d, unha cita cultural xa consolidada no calendario cultural do municipio que busca impulsar a creaci\u00f3n esc\u00e9nica e dar visibilidade ao teatro afeccionado en lingua galega.<\/p>\n\n\n\n<p>As compa\u00f1\u00edas interesadas poder\u00e1n presentar as s\u00faas propostas ata o vindeiro 20 de abril, tal e como recollen as bases da convocatoria aprobadas polo Concello. A programaci\u00f3n desenvolverase durante cinco s\u00e1bados consecutivos, os d\u00edas 23 e 30 de maio e 6, 13 e 20 de xu\u00f1o de 2026, con representaci\u00f3ns que se repartir\u00e1n entre o Auditorio de Zas e o Auditorio do Centro Sociocultural de Baio. A Mostra pecharase o 27 de xu\u00f1o cun acto de entrega de distinci\u00f3ns.<\/p>\n\n\n\n<p>Nesta novena edici\u00f3n introd\u00facese unha das principais novidades da convocatoria: as compa\u00f1\u00edas seleccionadas recibir\u00e1n un cache de 800 euros por representaci\u00f3n. Ademais, o Concello asumir\u00e1 unha axuda para gastos de transporte, calculada desde a sede social da compa\u00f1\u00eda ata o lugar da representaci\u00f3n. <\/p>\n\n\n\n<p>A Mostra de Teatro Afeccionado \u201cLabarta Pose\u201d naceu co obxectivo de fomentar a creaci\u00f3n cultural no \u00e1mbito das artes esc\u00e9nicas e apoiar o teatro amador, ao tempo que promove a difusi\u00f3n do teatro en galego. Ao longo das s\u00faas distintas edici\u00f3ns, o certame consolidouse como un espazo de encontro para compa\u00f1\u00edas de diferentes puntos de Galicia, favorecendo o intercambio cultural e contribu\u00edndo \u00e1 dinamizaci\u00f3n da actividade teatral.<\/p>\n\n\n\n<p>Poder\u00e1n participar nesta convocatoria todas as compa\u00f1\u00edas ou grupos galegos de teatro afeccionado legalmente constitu\u00eddos que presenten propostas teatrais en lingua galega. Cada grupo poder\u00e1 presentar varias obras, a\u00ednda que s\u00f3 poder\u00e1 ser seleccionada unha.<\/p>\n\n\n\n<p>A selecci\u00f3n das obras participantes realizarase mediante un procedemento de avaliaci\u00f3n art\u00edstica, no que se ter\u00e1n en conta aspectos como a calidade global da proposta, a interpretaci\u00f3n e a direcci\u00f3n esc\u00e9nica, a coherencia da posta en escena, a adecuaci\u00f3n ao car\u00e1cter da Mostra ou a viabilidade t\u00e9cnica da representaci\u00f3n. O proceso contar\u00e1 cun xurado encargado de escoller os espect\u00e1culos que formar\u00e1n parte da programaci\u00f3n desta novena edici\u00f3n, composto por un t\u00e9cnico da \u00e1rea de Cultura e Deportes do Concello de Zas, o Concelleiro de Cultura a Concelleira de Educaci\u00f3n, e catro membros do grupo de teatro Badius, Ricardo Vigueret, Alberto Villar, Pablo Soto e Lourdes Vidal.<\/p>\n\n\n\n<p>Ao remate da Mostra entregaranse varias distinci\u00f3ns honor\u00edficas, sen cont\u00eda econ\u00f3mica, que reco\u00f1ecer\u00e1n o traballo das compa\u00f1\u00edas participantes. En concreto, outorgaranse premios \u00e1 mellor obra, segunda mellor obra, terceira mellor obra, cuarta mellor obra e quinta mellor obra, as\u00ed como \u00e1s interpretaci\u00f3ns de mellor actor e mellor actriz.<\/p>\n\n\n\n<p>Ademais, o p\u00fablico tam\u00e9n ter\u00e1 voz na Mostra. Ao finalizar cada representaci\u00f3n, as persoas asistentes poder\u00e1n valorar o espect\u00e1culo mediante un sistema de votaci\u00f3n, do que sair\u00e1 a distinci\u00f3n \u00e1 mellor obra elixida polo p\u00fablico, correspondente \u00e1 proposta que acade a puntuaci\u00f3n media m\u00e1is alta.<\/p>\n\n\n\n<p>As bases completas da convocatoria e toda a informaci\u00f3n relativa ao proceso de inscrici\u00f3n poden consultarse no Taboleiro de Anuncios da Sede Electr\u00f3nica do Concello de Zas (<a href=\"https:\/\/sede.concellodezas.gal\/sxc\/gl\" title=\"https:\/\/sede.concellodezas.gal\/sxc\/gl\">https:\/\/sede.concellodezas.gal\/sxc\/gl<\/a>).<\/p>\n\n\n\n<p>O alcalde de Zas, Manuel Mu\u00ed\u00f1o, destacou que \u201cconfiamos que esta novena edici\u00f3n da Mostra Teatro Afeccionado volva a ter unha gran acollida, seguindo a estela do ano pasado, con obras de teatro presentadas de toda a comunidade. Esta cita xa est\u00e1 consolidada como un referente cultural e reforza o noso concello como o<br>centro do teatro amador da Costa da Morte, dinamiza o noso tecido comercial e<br>proxecta a imaxe do noso concello por toda Galicia\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O Concello de Zas abre o prazo de inscrici\u00f3n para participar na IX Mostra de Teatro Afeccionado \u201cLabarta Pose\u201d, unha cita cultural xa consolidada no calendario cultural do municipio que busca impulsar a creaci\u00f3n esc\u00e9nica e dar visibilidade ao teatro afeccionado en lingua galega. As compa\u00f1\u00edas interesadas poder\u00e1n presentar as s\u00faas propostas ata o vindeiro [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":5,"featured_media":30664,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"slim_seo":{"title":"O Concello de Zas abre o prazo de inscrici\u00f3n da IX Mostra de Teatro Afeccionado \u201cLabarta Pose\u201d - Concello de Zas","description":"O Concello de Zas abre o prazo de inscrici\u00f3n para participar na IX Mostra de Teatro Afeccionado \u201cLabarta Pose\u201d, unha cita cultural xa consolidada no calendario"},"footnotes":""},"categories":[413],"tags":[],"class_list":["post-30615","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-cultura-e-deportes"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/30615","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/users\/5"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=30615"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/30615\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":30617,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/30615\/revisions\/30617"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media\/30664"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=30615"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=30615"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=30615"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}