{"id":28548,"date":"2025-11-12T18:14:27","date_gmt":"2025-11-12T17:14:27","guid":{"rendered":"https:\/\/concellodezas.gal\/?p=28548"},"modified":"2026-01-16T07:59:30","modified_gmt":"2026-01-16T06:59:30","slug":"o-concello-de-zas-reafirma-o-seu-compromiso-contra-a-violencia-machista-cun-completo-programa-de-actividades-polo-25n","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/o-concello-de-zas-reafirma-o-seu-compromiso-contra-a-violencia-machista-cun-completo-programa-de-actividades-polo-25n\/","title":{"rendered":"O Concello de Zas reafirma o seu compromiso contra a violencia machista cun completo programa de actividades polo 25N"},"content":{"rendered":"<p>Este xoves arranca un completo programa de actividades dese\u00f1ado polo Concello de Zas ao redor da conmemoraci\u00f3n do <b>D\u00eda Internacional da Eliminaci\u00f3n da Violencia contra as Mulleres <\/b>que se celebra cada 25 de novembro. Este ano o programa c\u00e9ntrase especialmente na concienciaci\u00f3n e sensibilizaci\u00f3n do alumnado que estudan nos diferentes centros de ensino do noso municipio coa finalidade de fomentar valores de igualdade e respecto dende idades temper\u00e1s.<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0<\/span><\/p>\n<p>A programaci\u00f3n, que se extender\u00e1 ata o 1 de decembro, busca <b>concienciar, sensibilizar e formar \u00e1 veci\u00f1anza contra esta lacra social<\/b>. \u201cCon esta programaci\u00f3n o noso equipo de Goberno Municipal mostra o seu compromiso coa erradicaci\u00f3n total da violencia machista\u201d, sinala o Alcalde de Zas, Manuel Mu\u00ed\u00f1o Espasand\u00edn. Adem\u00e1is recorda o que Concello de Zas ten activo dende hai 24 anos o <b>Centro de Informaci\u00f3n \u00e1 Muller <\/b>no que se atende de forma continuada a usuarias do municipio de Zas e doutros lim\u00edtrofes como Vimianzo, Laxe, Ponteceso, Camari\u00f1as e Cabana de Berganti\u00f1os.<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0<\/span><\/p>\n<p>A continuaci\u00f3n debullamos o<b> programa do 25N do Concello de Zas<\/b>:<\/p>\n<ul>\n<li>13 de novembro. 18:00 horas. Auditorio de Baio.<\/li>\n<\/ul>\n<p>A compa\u00f1\u00eda Os Na\u00fafragos Teatro interpretar\u00e1n a obra <b>\u201cBulebule\u201d <\/b>na que se exploran os cami\u00f1os da igualdade, destacando o esforzo das mulleres por derrubar as barreiras que lles impiden acceder a determinadas profesi\u00f3ns.\u00a0Esta obra de teatro est\u00e1 dirixida a todos os p\u00fablicos maiores de 4 anos.<\/p>\n<ul>\n<li>22 de novembro. 20:00 horas. Auditorio de Zas.<\/li>\n<\/ul>\n<p>Matrioshka Teatro interpretar\u00e1 a s\u00faa obra <b>\u201cComadres en acci\u00f3n\u201d<\/b>, dirixida o p\u00fablico adulto. Esta \u00e9 unha peza de tem\u00e1tica feminista composta por diferentes escenas na que se tratan os micromachismos.<\/p>\n<ul>\n<li>24 de novembro. 09:30 horas no CEIP Labarta Pose e 12:00 horas no CPI de Zas.<\/li>\n<\/ul>\n<p>O alumnado dos centros de ensino do noso municipio asistir\u00e1 a un contacontos <b>\u201cL\u00faa triangular: nada \u00e9 imposible\u201d<\/b>. Este \u00e9 un contacontos baseado no libro \u201cMarta e p\u00edntega\u201d, de Eli R\u00edos, no que as protagonistas viaxan ao Mundo dos Contos para transformalo nun lugar mellor; m\u00e1is diverso e m\u00e1is xusto.<\/p>\n<ul>\n<li>25 de novembro. 08:45 horas no IES Maximino Romero e 11:15 horas no CPI de Zas.<\/li>\n<\/ul>\n<p>Os alumnos e alumnas da ESO dos centros de ensino do Concello de Zas asistir\u00e1n ao encontro <b>\u201cCambia a letra. Escoita en Igualdade\u201d<\/b>.<\/p>\n<ul>\n<li>25 novembro. 09:20 horas no CPI de Zas e 12:30 horas no CEIP Labarta Pose.<\/li>\n<\/ul>\n<p>O alumnado de 6\u00ba de Educaci\u00f3n Primaria dos centros de ensino municipais participar\u00e1n nun <b>obradoiro de gorras personalizada<\/b>s no que se fomentar\u00e1 a creatividade e a igualdade.<\/p>\n<ul>\n<li>26 de novembro. 20:00 horas. Auditorio de Baio.<\/li>\n<\/ul>\n<p>O Auditorio de Baio acolle un espect\u00e1culo de narraci\u00f3n oral dirixido ao p\u00fablico adulto que leva por t\u00edtulo <b>\u201cVicio houbo sempre\u201d<\/b>. A trav\u00e9s desta peza faise unha mirada fresca e divertida \u00e1 historias de vida de mulleres que superan os 80 anos de idade abordando temas como o desexo, a liberdade e o paso do tempo.<\/p>\n<ul>\n<li>1 de decembro. 16:00 horas no CPI de Zas.<\/li>\n<\/ul>\n<p>O alumando da ESO do CPI de Zas asistir\u00e1n a unha charla sobre a violencia sexual baixo o lema <b>\u201cFerramentas para identificar, previr e actuar\u201d<\/b>.<\/p>\n<p>Adem\u00e1is de todas estas actividades este mes de novembro tam\u00e9n se pon en marcha unha nova edici\u00f3n do exitoso <b>curso de regulaci\u00f3n emocional<\/b>. Esta formaci\u00f3n realizarase todos os luns \u00e1s 18:30 horas no Centro Sociocultural de Zas dende o mes de novembro ata marzo. Para participar \u00e9 necesario anotarse previamente no 981 70 83 03.<\/p>\n<p>No programa do 25N tam\u00e9n se incl\u00fae unha formaci\u00f3n sobre a <b>\u201cMediaci\u00f3n escolar no alumnado\u201d<\/b> dirixida aos alumnos e alumnas de 1\u00ba e 2\u00ba da ESO do CPI de Zas e do cal ampliaremos informaci\u00f3n proximamente.<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0<\/span><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Ao redor do D\u00eda Internacional da Eliminaci\u00f3n da Violencia contra as Mulleres, o Concello de Zas dese\u00f1ou unha programaci\u00f3n na que se incluen varias obras de teatro, obradoiros, cursos de autocoidado,\u2026<\/p>\n","protected":false},"author":5,"featured_media":28552,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"slim_seo":{"title":"O Concello de Zas reafirma o seu compromiso contra a violencia machista cun completo programa de actividades polo 25N - Concello de Zas","description":"Ao redor do D\u00eda Internacional da Eliminaci\u00f3n da Violencia contra as Mulleres, o Concello de Zas dese\u00f1ou unha programaci\u00f3n na que se incluen varias obras de teat"},"footnotes":""},"categories":[412],"tags":[575,172,372],"class_list":["post-28548","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-servizos-sociais","tag-25n","tag-concello-de-zas","tag-zas"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28548","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/users\/5"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=28548"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28548\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":28945,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28548\/revisions\/28945"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media\/28552"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=28548"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=28548"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=28548"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}