{"id":28547,"date":"2025-11-17T18:24:23","date_gmt":"2025-11-17T17:24:23","guid":{"rendered":"https:\/\/concellodezas.gal\/?p=28547"},"modified":"2026-01-16T07:59:30","modified_gmt":"2026-01-16T06:59:30","slug":"unha-emotiva-homenaxe-as-cantareiras-e-a-poesia-popular-pechou-o-ciclo-literario-e-cultural-follas-de-outono","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/unha-emotiva-homenaxe-as-cantareiras-e-a-poesia-popular-pechou-o-ciclo-literario-e-cultural-follas-de-outono\/","title":{"rendered":"Unha emotiva homenaxe \u00e1s cantareiras e \u00e1 poes\u00eda popular pechou o ciclo literario e cultural \u201cFollas de Outono\u201d"},"content":{"rendered":"<p>O Auditorio de Baio acolleu \u00e1 tarde o acto central e de clausura do <a href=\"https:\/\/concellodezas.org\/follas-de-outono-un-ciclo-cultural-ao-redor-da-literatura-que-se-celebra-en-baio-do-4-de-outubro-ao-16-de-novembro\/\">ciclo literario e cultural <b>\u201cFollas de Outono\u201d<\/b><\/a>, unha cita que nesta ocasi\u00f3n puxo o foco na tradici\u00f3n musical galega baixo o t\u00edtulo <b>\u201cCantareiras: tradici\u00f3n e legado\u201d<\/b>. A m\u00fasica tradicional reuniu a unha gran cantidade p\u00fablico que quixo sumarse a esta homenaxe \u00e1s cantareiras e \u00e1 poes\u00eda popular.<\/p>\n<p>A xornada, conducida por <b>Patricia Blanco<\/b> e <b>\u00c1lex \u00cdnsua<\/b>, comezou pasadas as 18:00 horas coa benvida de <b>Tania Carreira<\/b>, t\u00e9cnica do Concello de Zas, quen destacou a relevancia de continuar promovendo espazos que dean valor \u00e1 cultura e \u00e1 tradici\u00f3n oral galega.<\/p>\n<p>Entre as protagonistas da tarde estivo <b>Fina Casalderrey<\/b>, membro numeraria da Real Academia Galega, que compartiu co p\u00fablico unha completa reflexi\u00f3n sobre o valor da poes\u00eda popular e numerosas an\u00e9cdotas vencelladas a ela. A escritora incluso se animou a recitar algunhas coplas tradicionais, provocando sorrisos e aplausos entre as persoas asistentes.<\/p>\n<p><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"alignnone  wp-image-20555\" src=\"https:\/\/concellodezas.org\/wp-content\/uploads\/2025\/11\/Cantareiras-tradicion-legado_RueirodaCancela-1024x768.jpeg\" alt=\"\" width=\"518\" height=\"388\" \/><\/p>\n<p>O evento contou tam\u00e9n coa participaci\u00f3n das diferentes xeraci\u00f3ns de <b>pandereteiras da Asociaci\u00f3n Cultural Adro<\/b>, que interpretaron varias pezas e relataron as s\u00faas experiencias no eido da m\u00fasica tradicional: os seus inicios, os premios obtidos, as\u00ed como colaboraci\u00f3ns con artistas de renome como Amancio Prada ou Caama\u00f1o &#038; Ameixeiras.<\/p>\n<p>Como convidadas especiais estiveron <b>Clarisa Santos<\/b> e <b>Matilde Ferreiro<\/b>, d\u00faas veci\u00f1as de Pudenza que gardan na memoria un rico repertorio de canci\u00f3ns galegas populares, achegaron a s\u00faa voz e sabedor\u00eda, convert\u00e9ndose nun dos momentos m\u00e1is emocionantes do acto.<\/p>\n<p>O Alcalde de Zas, Manuel Mu\u00ed\u00f1o, foi o encargado de pechar o acto destacando o valor das nosas cantigas e da nosa lingua.<\/p>\n<p>Coa celebraci\u00f3n deste encontro, o ciclo <b>\u201cFollas de Outono\u201d<\/b> pecha a s\u00faa edici\u00f3n consolid\u00e1ndose como unha programaci\u00f3n de referencia para a posta en valor da cultura, a tradici\u00f3n oral e a m\u00fasica galega. Este ciclo converteu ao Concello de Zas, e en concreto Baio, no centro cultural da Costa da Morte.<\/p>\n<p><b>Libro de Honra<\/b><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" class=\"alignnone size-large wp-image-20557\" src=\"https:\/\/concellodezas.org\/wp-content\/uploads\/2025\/11\/Cantareiras-tradicion-legado_FinaCasalderrey-1024x683.jpeg\" alt=\"\" width=\"1024\" height=\"683\" \/><\/p>\n<p>Antes de que comezase o acto, o Alcalde recibiu a Fina Casalderrey na Casa do Concello de Zas onde tivo a ocasi\u00f3n de co\u00f1ecer o noso municipio m\u00e1is polo mi\u00fado e de asinar no Libro de Honra. Casalderrey tam\u00e9n visitou o monumento adicado a Enrique Labarta Pose as\u00ed como a exposici\u00f3n que recolle unha boa parte da s\u00faa obra e legado.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Fina Casalderrey, as pandereterias da Asociaci\u00f3n Cultural Adro e as veci\u00f1as de Pudenza, Clarisa Santos e Matilde Ferreiro, foron as convidadas do acto que tivo lugar no Auditorio de Baio e que conduciron Patricia Blcando e \u00c1lex \u00cdnsua<\/p>\n","protected":false},"author":5,"featured_media":28551,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"slim_seo":{"title":"Unha emotiva homenaxe \u00e1s cantareiras e \u00e1 poes\u00eda popular pechou o ciclo literario e cultural \u201cFollas de Outono\u201d - Concello de Zas","description":"Fina Casalderrey, as pandereterias da Asociaci\u00f3n Cultural Adro e as veci\u00f1as de Pudenza, Clarisa Santos e Matilde Ferreiro, foron as convidadas do acto que tivo"},"footnotes":""},"categories":[413],"tags":[375,519,172,372],"class_list":["post-28547","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-cultura-e-deportes","tag-baio","tag-cantareiras","tag-concello-de-zas","tag-zas"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28547","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/users\/5"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=28547"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28547\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":28944,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28547\/revisions\/28944"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media\/28551"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=28547"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=28547"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=28547"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}