{"id":24922,"date":"2022-03-12T23:50:36","date_gmt":"2022-03-12T22:50:36","guid":{"rendered":"https:\/\/concellodezas.gal\/21-espazos-da-costa-da-morte-forman-o-roteiro-literario-de-enrique-labarta-pose\/"},"modified":"2025-09-25T11:54:17","modified_gmt":"2025-09-25T09:54:17","slug":"21-espazos-da-costa-da-morte-forman-o-roteiro-literario-de-enrique-labarta-pose","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/21-espazos-da-costa-da-morte-forman-o-roteiro-literario-de-enrique-labarta-pose\/","title":{"rendered":"21 espazos da Costa da Morte forman o Roteiro Literario de Enrique Labarta Pose"},"content":{"rendered":"<p><em>Onte tivo lugar a presentaci\u00f3n deste itinerario para percorrer en coche e que se incorpora ao \u201cProxecto Roteiros\u201d do Consello da Cultura Galega<\/em><\/p>\n<p>\u00a0<\/p>\n<p>\u201cImpresiona ver que haxa tanta xente aqu\u00ed reunida un d\u00eda coma hoxe pola nosacultura e por unha figura local como \u00e9 Enrique Labarta Pose\u201d. Estas foron as primeiras palabras da intervenci\u00f3n de <strong>Rosario \u00c1lvarez Blanco, Presidenta do Consello da Cultura Galega e membro da Real Academia Galega<\/strong>, durante o acto de presentaci\u00f3n do <strong>Roteiro Literario Enrique Labarta Pose na Costa da Morte<\/strong> que tivo lugar onte no Auditorio de Baio e que reuniu a bo n\u00famero de veci\u00f1os e veci\u00f1as, representantes de diferentes asociaci\u00f3ns do Concello de Zas, corporaci\u00f3n municipal e varias persas vinculadas \u00e1 figura do ilustre escritor bai\u00e9s.<\/p>\n<p>Este roteiro, centrado na Costa da Morte, ten 21 espazos de parada obrigada e que son todos escenarios biogr\u00e1ficos e literarios relacionados con Enrique Labarta Pose. O itinerario arrinca no Centro Sociocultural de Baio, onde est\u00e1 exposto de forma permanente unha boa parte do<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0 <\/span>seu legado con obras in\u00e9ditas. Contin\u00faa pola s\u00faa casa natal, a igrexa vella de Baio, o monte Castelo e dende aqu\u00ed parte os municipios de Vimianzo, Camari\u00f1as, Coristanco, Cabana de Berganti\u00f1os, Corcubi\u00f3n, Carballo e Mux\u00eda. \u201cSon 250 km que se recomendan percorrer en dous d\u00edas para poder visitar detidamente cada un dos 21 espazos relacionados con Labarta\u201d, explicou Tania Carreira, t\u00e9cnica municipal.<\/p>\n<p>Este <strong>\u00e9 un itinerario dese\u00f1ado polo Concello de Zas e que se pode consultar na p\u00e1xina web do Consello da Cultura Galega<\/strong>, no <a href=\"http:\/\noteiros.culturagalega.gal\/roteiros\/ficha\/42\">apartado \u201cProxecto Roterios\u201d <\/a>xa que acaba de sumarse a este programa no que hai xa 30 roteiros e 16 gu\u00edas de autores como Castelao, Rosal\u00eda de Castro, Eduardo Pondal, \u00c1lvaro Cunqueiro, Antonio Fraguas, Manuel Curros Enr\u00edquez, Ram\u00f3n Otero Pedrayo, entre outros.<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0<\/span><\/p>\n<p><strong>Manuel Gago, reco\u00f1ecido xornalista e director do proxecto \u201cRoteiros da Cultura Galega\u201d<\/strong>, foi o encargado de presentar o programa. Roteiros \u00e9 un proxecto do Consello da Cultura Galega que utiliza canles tan potentes como Internet e que ten d\u00faas finalidades. Por unha parte, a trav\u00e9s deste programa pret\u00e9ndese difundir a obras de diferentes escritores galegos dun xeito pouco com\u00fan. E por outro, qu\u00e9rese dar a co\u00f1ecer diferentes puntos da nosa xeograf\u00eda que en ocasi\u00f3ns est\u00e1n f\u00f3ra dos lugares m\u00e1is concorridos polo turismo. Explicou Gago durante a s\u00faa intervenci\u00f3n.<\/p>\n<p>No acto de presentaci\u00f3n deste roteiro literario tam\u00e9n estivo J<strong>orge Mira, en calidade de Presidente da Comisi\u00f3n Labarta Pose<\/strong> creada en 1999 e que est\u00e1 formada pola maior parte das asociaci\u00f3ns da vila. Mira encargouse de falar brevemente da obra de Labarta Pose e destacou que escribiu en tres x\u00e9neros literarios diferentes, fundou cinco revistas, introduciu o fon\u00f3grafo, entre outros moitos m\u00e1is aspectos destacados da s\u00faa obra. \u201cCremos que Labarta Pose \u00e9 unha moi digna figura para adicarselle o D\u00eda das Letras Galegas\u201d, sinalou Jorge Mira.<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0<\/span><\/p>\n<p>Precisamente esta foi unha das reivindicaci\u00f3ns que se fixo durante o acto de presentaci\u00f3n do roteiro literario de Enrique Labarta Pose. <strong>\u201cC\u00f3nstame que na Real Academia Galega hai unha certa sensibilidade con Labarta Pose\u201d, destacou Ricardo Garc\u00eda Mira<\/strong> presidente do Instituto de Estudos e Investigaci\u00f3n Psicosocial \u201cXo\u00e1n Vicente Viqueira\u201d e membro da comisi\u00f3n. Mira foi o encargado de defender ante o Congreso dos Deputados a proposici\u00f3n non de lei presentada polo grupo socialista para a divulgaci\u00f3n das figuras de Eduardo Pondal e Enrique Labarta Pose. Esta proposici\u00f3n aprobouse en outubro do 2017.<\/p>\n<p>Por causas laborais, Enrique Labarta Pose viviu en diferentes cidades de toda pen\u00ednsula nas deixou a s\u00faa pegada. Tam\u00e9n o fixo en Pontevedra, onde no 1899 ingresou como Oficial de Facenda. Al\u00ed ten unha r\u00faa adicada a el e coa que Rosario \u00c1lvarez Blanco, Presidenta do Consello da Cultura Galega, ten un v\u00ednculo moi especial. \u201cMedrei xogando nunha zona moi pr\u00f3xima a esta r\u00faa, a\u00ednda que tardei anos en descubrir quen era\u201d, sinalou durante a s\u00faa intervenci\u00f3n quen destacou que \u201cLabarta foi un gran escritor e a s\u00faa figura literaria \u00e9 extensible a un territorio moi amplo\u201d Ademais <strong>Rosario comprometeuse, en calidade de membro da Real Academia Galega, \u201ca levar o recado\u201d<\/strong> para que Enrique Labarta Pose te\u00f1a o seu propio d\u00eda das Letras Galegas.<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0<\/span><\/p>\n<p>Estaba previsto que asistira o Presidente da Real Academia Galega, V\u00edctor F. Freixanes, quen excusou a s\u00faa ausencia por raz\u00f3ns de sa\u00fade.<\/p>\n<p>Encargouse de pechar o acto <strong>Manuel Mu\u00ed\u00f1o, Alcalde de Zas<\/strong>, quen descatou e agradeceu o enrome traballo realizado por persoas como Xos\u00e9 Manuel Varela Varela, Xos\u00e9 Mar\u00eda Lema, Evaristo D\u00f3minguez, Xos\u00e9 Mar\u00eda Rei, entre outros, a prol da figura de Labarta Pose. Mu\u00ed\u00f1o animou \u00e1 veci\u00f1anza a co\u00f1ecer o roteiro literario de Labarta Pose que \u201cconxuga literatura e paisaxe\u201d e adem\u00e1is sinalou que o Concello de Zas continuar\u00e1 traballando na divulgaci\u00f3n da obra e figura de Enrique Labarta Pose.<\/p>\n<p><strong>Exposici\u00f3ns<\/strong><\/p>\n<p>Unha vez rematado o acto f\u00edxose unha breve visita \u00e1 <a href=\"..\/..\/..\noticia\/gl\/1135\/n\">exposici\u00f3n itinerante sobre a vida e obra de Enrique Labarta Pose<\/a>\u00a0que estes d\u00edas est\u00e1 no Centro Sociocultural de Baio despois do seu percorrido por diferentes centros de ensino. Aqu\u00ed tam\u00e9n est\u00e1 exposta de forma continua unha boa parte do <a href=\"..\/..\/..\noticia\/gl\/1149\/n\">legado do escritor bai\u00e9s que conservou durante anos Jos\u00e9 Vali\u00f1a e que en agosto do 2021 as s\u00faas irm\u00e1ns, Olga e Teresa, cederon ao Concello de Zas<\/a>\u00a0co fin de que estivera exposto nun lugar p\u00fablico.<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0<\/span><\/p>\n<p>Rosario \u00c1lvarez, Presidenta do Consello da Cultura Galega, visitou a Casa do Concello onde asinou no libro de honra. O Alcalde de Zas, Manuel Mu\u00ed\u00f1o, f\u00edxolle a entrega dun exemplar de \u201cZas polo Mi\u00fado\u201d e dun marcap\u00e1xinas realizado con li\u00f1o galego.<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0<\/span><\/p>\n<p>\u00a0<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Onte tivo lugar a presentaci\u00f3n deste itinerario para percorrer en coche e que se incorpora ao \u201cProxecto Roteiros\u201d do Consello da Cultura Galega \u00a0 \u201cImpresiona ver que haxa tanta xente aqu\u00ed reunida un d\u00eda coma hoxe pola nosacultura e por unha figura local como \u00e9 Enrique Labarta Pose\u201d. Estas foron as primeiras palabras da intervenci\u00f3n [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":24923,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"slim_seo":{"title":"21 espazos da Costa da Morte forman o Roteiro Literario de Enrique Labarta Pose - Concello de Zas","description":"Onte tivo lugar a presentaci\u00f3n deste itinerario para percorrer en coche e que se incorpora ao \u201cProxecto Roteiros\u201d do Consello da Cultura Galega \u00a0 \u201cImpresiona ve"},"footnotes":""},"categories":[10],"tags":[],"class_list":["post-24922","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-concello"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24922","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=24922"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24922\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media\/24923"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=24922"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=24922"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=24922"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}