{"id":24906,"date":"2022-02-19T15:31:45","date_gmt":"2022-02-19T14:31:45","guid":{"rendered":"https:\/\/concellodezas.gal\/todo-preparado-para-o-v-trail-da-filloa-que-se-disputa-mana\/"},"modified":"2025-09-25T11:54:09","modified_gmt":"2025-09-25T09:54:09","slug":"todo-preparado-para-o-v-trail-da-filloa-que-se-disputa-mana","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/todo-preparado-para-o-v-trail-da-filloa-que-se-disputa-mana\/","title":{"rendered":"Todo preparado para o V Trail da Filloa que se disputa ma\u00f1\u00e1"},"content":{"rendered":"<p><em>Un total de 1.024 persoas participar\u00e1n nas diferentes probas non competitivas que se realizar\u00e1n ao longo da ma\u00f1\u00e1<\/em><br \/>\u00a0<\/p>\n<p>Despois dun ano de par\u00f3n, o <strong>Trail da Filloa<\/strong> volve ma\u00f1\u00e1 con m\u00e1is forza que nunca. Na V edici\u00f3n deste evento deportivo organizado polo Concello de Zas e a Asociaci\u00f3n Deportiva Monte Brondo bateranse marcas de participaci\u00f3n xa que unha vez pechado o prazo de inscrici\u00f3n hai un total de 1.024 persoas anotadas nas diferentes probas non competitivas que se realizar\u00e1n ao longo da ma\u00f1\u00e1 polos montes de oito parroquias do noso municipio. \u201cEn poucos d\u00edas esgot\u00e1ronse as prazas do trail longo e do trail curto e no resto das probas cubrironse case o total de dorsais dispo\u00f1ibles\u201d, sinala David Fern\u00e1ndez, da A. D. Monte Brondo.<\/p>\n<p>Unha das grandes novidades desta quinta edici\u00f3n do Trail da Filloa son o Gran Trail de 43 kil\u00f3metros e a andaina de 25 kil\u00f3metros, d\u00faas probas de alto nivel. Ademais destas disputaranse o trail longo (27 km), o trail curto (17 km) e unha andaina de 12 kil\u00f3metros. As sa\u00eddas faranse de forma escalonada dende a praza do Concello de Zas e o punto de chegada \u00e9 o pavill\u00f3n municipal de Zas onde se repartir\u00e1n filloas \u00e1 pedra acompa\u00f1adas de caldo e chourizos entre todos\/as os\/as participantes.<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0<\/span><\/p>\n<p>Este son os horarios de sa\u00edda das diferentes probas que se disputan ma\u00f1\u00e1 domingo:<\/p>\n<ul>\n<li>Gran Trail (43km): sa\u00edda \u00e1s 08:00 horas<\/li>\n<li>Trail Longo (27km): sa\u00edda \u00e1s 09:00 horas<\/li>\n<li>Trail Curto (17km): sa\u00edda \u00e1s 10:00 horas<\/li>\n<li>Andaina 25km: sa\u00edda \u00e1s 09:15 horas<\/li>\n<li>Andaina 12km: sa\u00edda \u00e1s 10:05 horas<\/li>\n<\/ul>\n<p><strong>Deporte e natureza<\/strong><\/p>\n<p>O deporte e a natureza son dous dos elementos que se misturan neste evento deportivo que xa \u00e9 toda unha referencia entre os amantes das carreiras e do sendeirismo. Coma sempre, haber\u00e1 zonas de lama, cordas e pronunciadas subidas e baixadas nas que os corredores deber\u00e1n aplicar a s\u00faa t\u00e9cnica para obter unha das recompensas deste evento: gozar das impresionantes paisaxes que nos ofrecen o Pico de Meda e o Monte Brondo, dous dos puntos m\u00e1is altos do noso municipio.<\/p>\n<p>Un ano m\u00e1is dende a organizaci\u00f3n prom\u00f3vese o respecto pola natureza e todo o percorrido estar\u00e1 sinalizado con material reusable. Ademais, co fin de minimizar a pegada ambiental os participantes deber\u00e1n levar o seu propio sistema de hidrataci\u00f3n.<\/p>\n<p>Ao igual que se fixo na anterior edici\u00f3n, o Trail da Filloa 2022 ten a s\u00faa parte solidaria xa que o gasto que os organizadores destinaban a regalos para os participantes destinarase para unha <strong>beca de estudos<\/strong> que se outorgar\u00e1 de forma confidencial en base aos informes do departamento de Servizos Sociais do Concello de Zas.<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0<\/span><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Un total de 1.024 persoas participar\u00e1n nas diferentes probas non competitivas que se realizar\u00e1n ao longo da ma\u00f1\u00e1\u00a0 Despois dun ano de par\u00f3n, o Trail da Filloa volve ma\u00f1\u00e1 con m\u00e1is forza que nunca. Na V edici\u00f3n deste evento deportivo organizado polo Concello de Zas e a Asociaci\u00f3n Deportiva Monte Brondo bateranse marcas de participaci\u00f3n [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":24907,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"slim_seo":{"title":"Todo preparado para o V Trail da Filloa que se disputa ma\u00f1\u00e1 - Concello de Zas","description":"Un total de 1.024 persoas participar\u00e1n nas diferentes probas non competitivas que se realizar\u00e1n ao longo da ma\u00f1\u00e1 \u00a0 Despois dun ano de par\u00f3n, o Trail da Filloa v"},"footnotes":""},"categories":[10],"tags":[],"class_list":["post-24906","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-concello"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24906","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=24906"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24906\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media\/24907"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=24906"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=24906"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=24906"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}