{"id":24860,"date":"2021-12-05T15:10:35","date_gmt":"2021-12-05T14:10:35","guid":{"rendered":"https:\/\/concellodezas.gal\/xa-esta-aqui-a-programacion-deste-nadal\/"},"modified":"2025-09-25T11:53:45","modified_gmt":"2025-09-25T09:53:45","slug":"xa-esta-aqui-a-programacion-deste-nadal","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/xa-esta-aqui-a-programacion-deste-nadal\/","title":{"rendered":"Xa est\u00e1 aqu\u00ed a programaci\u00f3n deste Nadal"},"content":{"rendered":"<p><em>Unha das novidades \u00e9 o obradoiro de modelaxe para adultos a\u00ednda que non faltar\u00e1n o teatro, os talleres de conciliaci\u00f3n familiar, a m\u00fasica e a cabalgata de Reis que percorrer\u00e1 todo o concello\u00a0<\/em><br \/>\u00a0<\/p>\n<p>\u00a0<\/p>\n<p>O Nadal xa case est\u00e1 aqu\u00ed e no Concello de Zas temos preparadas unha gran variedade de actividades para desfrutar destas festas coa mesma ilusi\u00f3n de sempre a\u00ednda que adaptadas \u00e1s normativas que se podan aprobar como consecuencia da evoluci\u00f3n da Covid19.<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0<\/span><\/p>\n<p>A programaci\u00f3n arranca o 11 de decembro \u00e1s 20:00 horas coa obra de teatro<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0 <\/span><strong>\u201cConexi\u00f3n ping\u00fc\u00edn\u201d<\/strong> no Auditorio de Zas. Os actores Luis Iglesia e Marcos Orsi &#8211; de Culturactiva Produci\u00f3ns &#8211; farannos reflexionar con esta comedia dirixida ao p\u00fablico adulto sobre a incomunicaci\u00f3n na era da comunicaci\u00f3n.<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0<\/span><\/p>\n<p>Ao s\u00e1bado seguinte, o 18 de decembro, \u00e1s 20:00 horas Tal\u00eda Teatro tra\u00e9nos ao Auditorio de Baio a s\u00faa obra de teatro recentemente estreada <strong>\u201cA par\u00e1bola do angazo\u201d<\/strong>. Artur Trillo e To\u00f1o Casais far\u00e1n a trav\u00e9s da comedia un repaso pola historia da nosa lingua. Tam\u00e9n est\u00e1 dirixida ao p\u00fablico adulto.<\/p>\n<p>Pero os verdadeiros protagonistas do Nadal son os nosos nenos e nenas as\u00ed que na programaci\u00f3n, artellada polo departamento de Cultura do Concello de Zas, non pod\u00edan faltar os <strong>espect\u00e1culos para os m\u00e1is novos da casa<\/strong>. Tomade nota:<\/p>\n<ul>\n<li>O 19 de decembro \u00e1s 18:00 horas temos no Auditorio de Baio a obra de teatro familiar <strong>\u201cMestre ma non troppo\u201d<\/strong> a cargo da compa\u00f1\u00eda Bandullo Azul. <span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0<\/span><\/li>\n<li><strong>\u201cNon m\u00e1is guerras\u201d <\/strong>\u00e9 o t\u00edtulo do contacontos que nos traer\u00e1n os rati\u00f1os de Trinke Trinke Teatro o martes 14 de decembro, \u00e1s 18:00 horas, \u00e1 Biblioteca Municipal de Zas.<\/li>\n<li>Os rati\u00f1os de Trinke Trinke Teatro volven o 21 de decembro \u00e1 Axencia de Lectura de Baio co seu contacontos <strong>\u201cNon m\u00e1is guerras\u201d<\/strong> que ser\u00e1 \u00e1s 18:00 horas<\/li>\n<\/ul>\n<p>As nosas bibliotecas non ser\u00e1n os \u00fanicos escenarios das funci\u00f3ns infant\u00eds que temos preparadas para este Nadal, se non que algunhas delas trasladar\u00e9molas aos centros educativos do noso municipio. A primeira destas <strong>funci\u00f3ns escolares <\/strong>\u00e9 o 13 de decembro co espect\u00e1culo <strong>\u201cTeatro dos vieiros\u201d<\/strong> que lles representar\u00e1n no Auditorio de Zas Xo\u00e1n Curiel e Charo Pita ao alumando do CPI de Zas. Uns d\u00edas m\u00e1is tarde, o 20 de decembro, levamos o espect\u00e1culo <strong>\u201cGhop!\u201d<\/strong> Tam\u00e9n ao CPI de Zas. E por \u00faltimo, o d\u00eda 21 de decembro, os alumnos e alumnas do CEIP Labarta Pose asistir\u00e1n \u00e1 reperesentaci\u00f3n de <strong>\u201cDesconcerto\u201d<\/strong> que nos traer\u00e1n os membros de Culturactiva Produci\u00f3ns.<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0<\/span><\/p>\n<p>Adem\u00e1is de teatro, obradoiros e contacontos a m\u00fasica non pode faltar dentro da programaci\u00f3n de Nadal. As\u00ed que o domingo 12 de decembro o alumnado da Escola de M\u00fasica Moderna do Concello de Zas ofr\u00e9cenos un <strong>Festival de Nadal<\/strong> a partir das 17:00 horas no Centro Sociocultural de Zas.<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0<\/span><\/p>\n<p><strong>Obradoiros<\/strong><\/p>\n<p>Unha das novidades deste ano \u00e9 o <strong>obradoiro de modelaxe de Nadal <\/strong>dirixido ao p\u00fablico adulto que se realizar\u00e1 o 11 e o 18 de decembro no Centro Sociocultural de Zas en horario de 16:00 a 19:00 horas.<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0<\/span><\/p>\n<p>E co fin de facilitar a conciliaci\u00f3n familiar e laboral organizamos os <strong>obradoiros infant\u00eds de Nadal<\/strong> no que poden participar nenos e nenas maiores de 4 anos e que se realizar\u00e1n os d\u00edas 27, 28, 29 e 30 de decembro. Haber\u00e1 d\u00faas quendas; unha de 10:00 a 13:00 horas no Centro Sociocultural de Zas e outra de 16:00 a 19:00 horas no Centro Sociocultural de Baio.<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0<\/span><\/p>\n<p>A programaci\u00f3n deste Nadal p\u00e9chase coa tradicional <strong>Cabalgata de Reis<\/strong> que, un ano m\u00e1is, percorrer\u00e1 o noso municipio durante os d\u00edas 4 e 5 de xaneiro. Melchor, Gaspar e Baltasar &#8211; acompa\u00f1ados do seu s\u00e9quito de paxes &#8211; levar\u00e1n a maxia e a ilusi\u00f3n aos case cen n\u00facleos de poboaci\u00f3n do noso concello e repartir\u00e1n uns pequenos agasallos entre todos os veci\u00f1os e veci\u00f1as &#8211; independentemente da s\u00faa idade &#8211; que se acheguen a visitalos.<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0<\/span><\/p>\n<p><strong>Reservas e inscrici\u00f3ns<\/strong><\/p>\n<p>Para asistir \u00e9 obrigatorio o uso de m\u00e1scara e \u00e9 importante lembrar que en todas as actividades o n\u00famero de prazas ou o aforo \u00e9 limitado polo que \u00e9 necesario reservar praza con antelaci\u00f3n a trav\u00e9s de calquera destes dous n\u00fameros de tel\u00e9fono:<\/p>\n<ul>\n<li>981 751 398<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0 <\/span>(Centro Sociocultural de Zas)<\/li>\n<li>981 718 056 (Centro Sociocultural de Baio)<\/li>\n<\/ul>\n<p>\u00a0<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Unha das novidades \u00e9 o obradoiro de modelaxe para adultos a\u00ednda que non faltar\u00e1n o teatro, os talleres de conciliaci\u00f3n familiar, a m\u00fasica e a cabalgata de Reis que percorrer\u00e1 todo o concello\u00a0\u00a0 \u00a0 O Nadal xa case est\u00e1 aqu\u00ed e no Concello de Zas temos preparadas unha gran variedade de actividades para desfrutar destas [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":24861,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"slim_seo":{"title":"Xa est\u00e1 aqu\u00ed a programaci\u00f3n deste Nadal - Concello de Zas","description":"Unha das novidades \u00e9 o obradoiro de modelaxe para adultos a\u00ednda que non faltar\u00e1n o teatro, os talleres de conciliaci\u00f3n familiar, a m\u00fasica e a cabalgata de Reis"},"footnotes":""},"categories":[10],"tags":[],"class_list":["post-24860","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-concello"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24860","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=24860"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24860\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media\/24861"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=24860"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=24860"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=24860"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}