{"id":24854,"date":"2021-11-24T15:34:31","date_gmt":"2021-11-24T14:34:31","guid":{"rendered":"https:\/\/concellodezas.gal\/25n-zas-en-igualdade\/"},"modified":"2025-09-25T11:53:45","modified_gmt":"2025-09-25T09:53:45","slug":"25n-zas-en-igualdade","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/25n-zas-en-igualdade\/","title":{"rendered":"25N | Zas en Igualdade"},"content":{"rendered":"<p>En 2019 o <strong>016<\/strong>, o <strong>n\u00famero para emerxencias de violencia contra as mulleres<\/strong>, que \u00e9 gratuito e non deixa pegada na factura, atendeu <strong>2330 chamadas<\/strong> desde Galicia. 2330 chamadas. Iso son algo m\u00e1is de seis chamadas diarias. Imaxinemos quen ser\u00e1n as seis que chamen hoxe, cal \u00e9 a s\u00faa situaci\u00f3n de perigo, imaxinemos quen \u00e9 o suposto agresor, como se chama, como sa\u00fada os compa\u00f1eiros no traballo, como sorr\u00ed \u00e1 camareira no bar, como beixou o fillo, diante do colexio.<\/p>\n<p>Nos xulgados galegos de violencia sobre a muller, no ano 2019 rexistr\u00e1ronse 6.551 denuncias. 6.551 denuncias\u00a0son\u00a0\u00a0case 18 denuncias diarias. Imaxinemos quen ser\u00e1n as dezaoito denunciantes hoxe, cal \u00e9 a s\u00faa situaci\u00f3n de perigo, imaxinemos quen \u00e9 o suposto agresor, como se chama, como sa\u00fada aos compa\u00f1eiros no traballo, como sorr\u00ed \u00e1 camareira no bar, como beixou o fillo, diante do colexio.<\/p>\n<p>Hoxe, 25 de novembro, lembramos as irm\u00e1s Mirabal -Patria, Minerva e Mar\u00eda Teresa-, tres activista pol\u00edticas da Rep\u00fablica Dominicana, torturadas, violadas e encarceradas en distintas ocasi\u00f3ns e, finalmente, o 25 de novembro do 1960 secuestradas e golpeadas at\u00e9 a morte por orde do ditador Trujillo.<\/p>\n<p>Patria, Minerva e Maria Teresa eran \u201crevoltosas\u201d.<\/p>\n<p>Os asasinos foron: Rafael Le\u00f3nidas Trujillo, Xeneral\u00edsimo da Rep\u00fablica Dominicana na altura, Jos\u00e9 Ren\u00e9 Rom\u00e1n Fern\u00e1ndez, Secretario de Estado das Forzas Armadas. C\u00e1ndido Torres Tejada, Xefe de Operaci\u00f3ns do Servizo de lntelixencia Militar na estaci\u00f3n central en Cidade Trujillo. E os executantes: Victor Alicinio Pe\u00f1a Rivera, Ciriaco de la Rosa, Ram\u00f3n Emilio Rojas Lora, Alfonso Cruz Valerio, Emilio Estrada Malleta, N\u00e9stor Antonio P\u00e9rez Terrero e Jos\u00e9 Andeliz.<\/p>\n<p>Parece que o principal motivo de que fosen asasinadas \u00e9 que eran militantes, activistas, revolucionarias, mulleres problem\u00e1ticas, chavalas de boa familia &#8211; iso si- as fillas dun home de negocios, alumnas dun internado relixioso, do Colexio Inmaculada Concepci\u00f3n de La Vega. E saen rebeldes. Vaia por deus. Parece que fosen un pouco respons\u00e1beis, un pouco si que foi culpa s\u00faa, non? Se non andasen niso non IIes pasar\u00eda nada.<\/p>\n<p>\u00c9 f\u00e1cil a trampa discursiva, pensar que o silencio nos protexe. Pensar que a submisi\u00f3n nos protexe \u00e9 unha arma para perpetuar a dominaci\u00f3n e o abuso. Foron asasinadas por culpa dos asasinos: Rafael Le\u00f3nidas Trujillo, Xeneral\u00edssimo da Rep\u00fablica Dominicana na altura, Jos\u00e9 Ren\u00e9 Rom\u00e1n Fern\u00e1ndez, Secretario de Estado das Forzas Armadas. C\u00e1ndido Torres Tejada, Xefe de Operaci\u00f3ns do Servizo de lntelixencia Militar na estaci\u00f3n central en Cidade Trujillo. E os executantes: Victor Alicinio Pe\u00f1a Rivera, Ciriaco de la Rosa, Ram\u00f3n Emilio Rojas Lora, Alfonso Cruz Valerio, Emilio Estrada Malleta, N\u00e9stor Antonio P\u00e9rez Terrero, Jos\u00e9 Andeliz.<\/p>\n<p>Tam\u00e9n hai quen di que agora hai m\u00e1is asasinatos que antes. Tam\u00e9n hai m\u00e1is divorcios que antes, con certeza. Tal vez as mulleres son (somos) m\u00e1is desobedientes que nunca. Ou igual est\u00e1n resucitando, porfionas, nos nosos corpos as desobedientes de outras xeraci\u00f3ns. As insubmisas. As bruxas do s\u00e9culo XIV ou XVII, por exemplo.<\/p>\n<p>Se \u00e9 asi, que asi sexa. At\u00e9 que non sexa necesario rebater o negacionismo, at\u00e9 que non haxa violencias estruturais, un iceberg terror\u00edfico do que apenas vemos un pico, uns poucos n\u00fameros de asasinadas, algunhas violaci\u00f3ns, alg\u00fans insultos machistas.<\/p>\n<p>Damos a benvinda hoxe -e cada d\u00eda- \u00e1 poes\u00eda como un lume para ir desfacendo esa tremenda monta\u00f1a de xeo do terror machista:<\/p>\n<p>(a continuaci\u00f3n 3 poemas de Lucia Aldao)<\/p>\n<p>\u00a0<\/p>\n<p><strong>Donas e se\u00f1oras da escuridade e da risa<\/strong><\/p>\n<p>\u00a0<\/p>\n<p>\u00c9 ver\u00e1n e \u00e9 noite.<\/p>\n<p>O que hai no ceo son meteoros veloc\u00edsimos<\/p>\n<p>pero n\u00f3s dicimos que son os deuses xogando a pelota-capital. \u00c9 un verso e un chiste privado ao mesmo tempo.<\/p>\n<p>T\u00e9molo todo: a escuridade e a risa.<\/p>\n<p>\u00a0<\/p>\n<p>Quen sabe que deste lado do souto a I\u00faa non molesta somos n\u00f3s.<\/p>\n<p>Sabemos localizar<\/p>\n<p>e a todo espazo esix\u00edmoslle que sexa<\/p>\n<p>zona de confort e campo de batalla ao mesmo tempo.<\/p>\n<p>Temos o coraz\u00f3n formado por dentro e por f\u00f3ra temos a ollada peraltada<\/p>\n<p>temos a danza e o colapso.<\/p>\n<p>\u00a0<\/p>\n<p>Mira o corpo como se prepara para esta beleza heroica.<\/p>\n<p>\u00a0<\/p>\n<p>A media noite tiramos cara os ollos dos cabalos, paramos neles como adolescentes nun portal.<\/p>\n<p>Al\u00ed cont\u00e1monos as cousas que nunca antes nos contamos.<\/p>\n<p>\u00a0<\/p>\n<p>Cerimoniosas ata para os segredos.<\/p>\n<p>Ent\u00f3n, confeso:<\/p>\n<p>unha vez d\u00e9ronme a escoller entre a paz interior e un sobre sorpresa e escoll\u00edn o sobre sorpresa.<\/p>\n<p>\u00a0<\/p>\n<p>\u00a0<\/p>\n<p>Todo est\u00e1 ben.<\/p>\n<p>Donas e se\u00f1oras da escuridade e da risa. \u00c9 florido o chan no que caemos.<\/p>\n<p>\u00a0<\/p>\n<p><strong>Andrea<\/strong><\/p>\n<p>\u00a0<\/p>\n<p>Andrea que escapaches do meu entendemento e da mi\u00f1a memoria.<\/p>\n<p>Andrea da que non recordo nada m\u00e1is que unha sacudida unha estra\u00f1a sensaci\u00f3n de beleza<\/p>\n<p>unha primeira vez tan sutil que nunca mereceu que eu a chamase primeira vez. Andrea, por que vi\u00f1eches hoxe \u00e1 mi\u00f1a cabeza?<\/p>\n<p>Xamais che dediquei tempo<\/p>\n<p>non fuches escusa para xustificar nada do que veu despois.<\/p>\n<p>Hoxe regresaches a min e estou record\u00e1ndote desde os meus ollos e desde unha vista de paxaro<\/p>\n<p>porque pode a imaxe de n\u00f3s as d\u00faas \u00e1 imaxe de ti soa, Andrea.<\/p>\n<p>\u00a0<\/p>\n<p>Igual que o sexo nun bosque algo iluminado<\/p>\n<p>non sabes se queres ser quen fai ou quen observa. Aqu\u00ed podo ser as d\u00faas.<\/p>\n<p>\u00a0<\/p>\n<p>Andrea, estou esforz\u00e1ndome por rodar unha pel\u00edcula neste verso: as sabas brancas e o seu ruido enxordecendo o ruido da praia eu paralizada<\/p>\n<p>a mi\u00f1a incapacidade para seguirche o ritmo.<\/p>\n<p>Eras salvaxe e loira<\/p>\n<p>pouco m\u00e1is recordo e iso \u00e9 algo doloroso para unha memoria prodixiosa. Andrea, por que Ile chaman a praia das Gaivotas se s\u00f3 hai avespas?<\/p>\n<p>D\u00e1bache igual o meu evidente medo<\/p>\n<p>o teu goce estaba por riba do meu padecemento<\/p>\n<p>pero tanto ti\u00f1a porque ti mesma estabas por riba del tam\u00e9n.<\/p>\n<p>\u00a0<\/p>\n<p>A memoria son as sabas \u00e9 o mar<\/p>\n<p>son eu trinta anos m\u00e1is tarde nomeando o que sent\u00edn<\/p>\n<p>completando a vivencia coa lectura que merece. Andrea, que bonito te mov\u00edas. Literalmente inalcanzable.<\/p>\n<p>O teu riso enxordec\u00eda o ruido das sabas que enxordec\u00edan o ruido do mar. Como conseguiches convencerme para escapar contigo a min<\/p>\n<p>que me aterrorizaba a liberdade?<\/p>\n<p>Nunca antes se esforzou ningu\u00e9n tanto en ir a-un-sitio.<\/p>\n<p>Andrea, persegu\u00edndote a ti estaba persegu\u00edndome a min mesma. Te\u00f1o 38 anos e tardei 30 ver\u00e1ns en alcanzarte.<\/p>\n<p>\u00a0<\/p>\n<p><strong>Esfolar<\/strong> <strong>un<\/strong> <strong>minotauro<\/strong><\/p>\n<p>Quen es, e en que lugar puxeches o meu medo? Van estas palabras cara o centro do labirinto,<\/p>\n<p>van sen f\u00edo que as gu\u00ede para evitar que volvan polo mesmo cami\u00f1o, que sexan as mesmas cando regresen.<\/p>\n<p>Van comigo, que son muller e polo tanto son un corpo exposto \u00e1 morte. Non vai ser este verso unha figura literaria de repetici\u00f3n:<\/p>\n<p>Son muller e polo tanto son un corpo exposto \u00e1 morte. Dise pronto. Nom\u00e9anse axi\u00f1a s\u00e9culos de dor.<\/p>\n<p>\u00a0<\/p>\n<p>O labirinto, igual que a t\u00faa casa, nunca \u00e9 grande dabondo como para que se poida cumprir unha orde de afastamento.<\/p>\n<p>Ent\u00f3n, podemos afirmar xa non s\u00f3 que o asasino anda sempre solto, que \u00e9 sombra e compa\u00f1ia coti\u00e1,<\/p>\n<p>sen\u00f3n que \u00e9 tam\u00e9n o f\u00edo da s\u00faa propia pel que nos fai volver a el<\/p>\n<p>e irremediablemente vivir en condici\u00f3n de vitima. O terror ser\u00e1 asi sombra e compa\u00f1ia coti\u00e1,<\/p>\n<p>ese amigo que te quere mal,<\/p>\n<p>que fai de ti unha m\u00e1scara de came<\/p>\n<p>que fai que sexas ti mesma sempre que ti mesma sexas ti mesma aterrorizada<\/p>\n<p>ti mesma observada e xulgada ata a saciedade. Quen es, en que lugar puxeches o meu medo?<\/p>\n<p>\u00a0<\/p>\n<p>Esfolar un minotauro.<\/p>\n<p>Arr\u00ecncarlle a pel para ver se hai luz.<\/p>\n<p>\u00a0<\/p>\n<p>A\u00a0continuaci\u00f3n 3 poemas de Charo Lopes<\/p>\n<p>\u00a0<\/p>\n<p><strong>De como acontece o fin\u00a0do mundo<\/strong><\/p>\n<p>Anedota O<\/p>\n<p>Margarita foi queimada num sil\u00eancio abafante similar ao de Falconetti, porque se negou a abjurar. No ch\u00e3o da terra herege onde a enterraram, escreveram \u201cbruxa&#8221;, com todas as letras. Lola, a sua amante, foi esquartejada e os cachos estercados pelos caminhos. Eis o papado de inoc\u00eancio VIII.<\/p>\n<p>Com uma alquimia secreta converteram as cinzas em ametistas<\/p>\n<p>lil\u00e1s e brilhantes<\/p>\n<p>a receita levava \u00e1gua termal<\/p>\n<p>a boralha dos ossos com madeira de loureiro e um toque de anis a terra com termina\u00e7\u00f5es nervosas e gritos<\/p>\n<p>o sil\u00eancio terror\u00edfico das filhas olhando<\/p>\n<p>\u00a0<\/p>\n<p>Mutilados os p\u00e9s da terra a raz\u00e3o do peito<\/p>\n<p>os bra\u00e7os dos abra\u00e7os<\/p>\n<p>maldigo eu tamb\u00e9m o vosso deus antropomorfo em l\u00ednguas minorizadas.<\/p>\n<p>E podemos ser piores.<\/p>\n<p>Beberei o sangue e comerei a carne<\/p>\n<p>-ora pro nobis-<\/p>\n<p>\u00a0<\/p>\n<p>e mil vezes marichiweu mil vezes.<\/p>\n<p>\u00a0<\/p>\n<p><strong>Anedota<\/strong> <strong>\u00faltima<\/strong><\/p>\n<p>As assassinadas s\u00e3o n\u00fameros. Maria Jos\u00e9 n\u00e3o aparece nos n\u00dameros, porque a matou o genro.<\/p>\n<p>\u00a0<\/p>\n<p>De \u00e1lbum<\/p>\n<p>poema 17<\/p>\n<p>\u00a0<\/p>\n<p>\u00e9 raro beber leite de um mamifero que nom seja a pr\u00f3pria m\u00e3e t\u00e3o raro como ver a minha cara<\/p>\n<p>nas fotos e pretender reconhecer-me<\/p>\n<p>em essa voz<\/p>\n<p>\u00a0<\/p>\n<p>h\u00e1 muitas vidas sem mem\u00f3ria essas<\/p>\n<p>para as que n\u00e3o se inventaram signos no quarto escuro geri\u00e1trico deserto<\/p>\n<p>esp\u00e9cies sem articula\u00e7\u00e3o vocal<\/p>\n<p>h\u00e1 quem n\u00e3o emprega nem uma das seis mil l\u00ednguas humanas sem for\u00e7as para a auto representa\u00e7\u00e3o<\/p>\n<p>\u00a0<\/p>\n<p>desmantelar a autoridade<\/p>\n<p>como uma aprendizagem preverbal<\/p>\n<p>\u00a0<\/p>\n<p>para elas ceder a palavra ou o sil\u00eancio<\/p>\n<p>deixar o espa\u00e7o<\/p>\n<p>ar para todas um Iugar<\/p>\n<p>onde equivocar-se e seguir<\/p>\n<p>fazer desenhos de \u00e1rvores casas animais estrelas manchas<\/p>\n<p>por exemplo<\/p>\n<p>pode ser que sobrevivam os cobardes mas o importante n\u00e3o \u00e9 ser o \u00faltimo<\/p>\n<p>\u00a0<\/p>\n<p><strong>poema<\/strong> <strong>18:<\/strong> <strong>espelhos<\/strong><\/p>\n<p>\u00a0<\/p>\n<p>as coelhas de ravensbr\u00fcck s\u00e3o um quadro hiper realista a minha bisav\u00f3 ainda ali cosendo meias<\/p>\n<p>com cristais nos olhos<\/p>\n<p>\u00a0<\/p>\n<p>perceber sem modelar \u00e9 um treino<\/p>\n<p>permitir as crian\u00e7as medrarem em todas as direc\u00e7\u00f5es<\/p>\n<p>e deixar a ira sair rompendo os marcos faz\u00ea-la sol<\/p>\n<p>para evitar a aniquila\u00e7\u00e3o<\/p>\n<p>\u00a0<\/p>\n<p>tornar a classifica\u00e7\u00e3o como torna a alva a noite<\/p>\n<p>agora que eu j\u00e1 n\u00e3o tenho fame nadar rio arriba<\/p>\n<p>\u00a0<\/p>\n<p>\u00e9 a \u00fanica obriga<\/p>\n<p>com as que v\u00e3o nascer nadar rio arriba<\/p>\n<p>e com as que morrem e vivem e nosoutras e eu nadar rio arriba<\/p>\n<p>\u00e9 muito melhor que a esperanza e quem nunca visse o mar<\/p>\n<p>pode oferecer fruta desde as beiras molhar as m\u00e3os<\/p>\n<p>\u00a0<\/p>\n<p>colocar espelhos diante das nadadoras afoutas temer\u00e1rias inseguras<\/p>\n<p>a nadar rio arriba<\/p>\n<p>para que nos vejam como somos acarinhar a nossa pr\u00f3pria cara como se fosse a sua<\/p>\n<p>e a sua como se fosse a nossa m\u00e3e<\/p>\n<p>em tais circunst\u00e2ncias<\/p>\n<p>seremos imunes aos venenos mais frequentes e podem aparecer novos sentidos<\/p>\n<p>fruto de observar o esp\u00e9culo como um animal n\u00e3o humano<\/p>\n<p>sentidos ainda sem nome<\/p>\n<p>mas instalados em pot\u00eancia em \u00f3rg\u00e3os sensiveis que j\u00e1 habitam dentro dos nossos corpos<\/p>\n<p>pelo reflexo<\/p>\n<p>de serem as outras outras e eu outras<\/p>\n<p>cortei o cabelo como elas pintei as p\u00e1lpebras<\/p>\n<p>rompi os espelhos eram eu<\/p>\n<p>negar-se a uma mesma<\/p>\n<p>\u00e9 uma forma de \u00f3dio \u00e0s iguais negar a diferen\u00e7a das iguais<\/p>\n<p>\u00e9 umha forma de \u00f3dio a uma mesma<\/p>\n<p>\u00a0<\/p>\n<p>na casa acontece a paix\u00e3o negativa \u00e0s vezes<\/p>\n<p>por pretendermos medir o imposs\u00edvel em esses casos dirigir a ira<\/p>\n<p>cara fora e o apre\u00e7o cara a pr\u00f3pria pele<\/p>\n<p>\u00a0<\/p>\n<p>para n\u00e3o enganar-se de inimigo<\/p>\n<p>\u00a0<\/p>\n<p>\u00a0<\/p>\n<p>Despedimos este acto agradecendo \u00e1 <a href=\"https:\/\/www.dacoruna.gal\/portada\/\">Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a<\/a>\u00a0a lexitimaci\u00f3n desta loita pola igualdade. Necesaria, imprescindibel para que o consenso estea claro, para que se corrixa de forma estrutural a situaci\u00f3n e deixemos de sumar nas estatisticas de violencia contra as mulleres. Tam\u00e9n para que se deixen de difundir bulos sobre denuncias falsas e casos illados, sobre homes perturbados que agriden a s\u00faa muller, ou \u00e1s s\u00faas crianzas para danar a S\u00daa muller.<\/p>\n<p>\u00a0<\/p>\n<p>Lembremos a realidade; a maioria das agresi\u00f3ns acontecen na casa. A maioria das violaci\u00f3ns acontecen dentro da propia parella, porque hai quen pensa que unha vez se accedeu a estar en parella, se lle outorgan dereitos sobre a consorte.<\/p>\n<p>Analicemos a realidade: a maioria das agresi\u00f3ns sexuais a crianzas son por parte dun familiar. O patriarcado somos n\u00f3s. Deixemos de banalizar ou de externalizar as responsabilidades: o patriarcado \u00e9 un sistema de relacionamento que perxudica a todas as persoas. Visibilicemos o iceberg.<\/p>\n<p>\u00a0<\/p>\n<p>Un golpe \u00e9 precedido dun insulto. Un insulto \u00e9 unha palabra que se profire con vontade ofensiva, tipo: es ben in\u00fatil, tipo es ben puta, tipo es ben desagradecida, ben ego\u00edsta, ben burra.<\/p>\n<p>E o insulto \u00e9 precedido da certeza por parte de quen o profire de que ten o dereito a exprimir a sua raiba, o seu malestar, porque o que di, \u00e9 unha realidade, e ten dereito a dicir que \u00e9 ben puta cando se liou con outro, cando acabou ela a \u00faltima lata de mexill\u00f3ns, cando fixo o que lle apeteceu sen preguntar, sen pedir permiso.<\/p>\n<p>\u00a0<\/p>\n<p>A sensaci\u00f3n de lexitimidade que sente quen insulta \u00e9 precedida da sensaci\u00f3n de que un pouco, a persoa insultada, un pouco si que merece que lle chamen a atenci\u00f3n, que a po\u00f1an no seu sitio, que se corte. Porque un pouco puta parece, con ese escote, con esas u\u00f1as de xel, con esas extensi\u00f3ns de pestanas, con esas mechas californianas.<\/p>\n<p>\u00a0<\/p>\n<p>E ese xu\u00edzo sobre o aspecto da tipa, da chavala, da se\u00f1ora, da pavita, ese xu\u00edzo \u201cque a min tanto me ten, eh?\u201d pero vaia pinta. Ese xu\u00edzo \u00e9 precedido por unha foto nunha revista, co titular \u201cconsegue un corpo 10 para este ver\u00e1n\u201d, e tam\u00e9n v\u00e9n precedido por unha canci\u00f3n de amor que di \u201csin ti no soy nada\u201d, e tam\u00e9n v\u00e9n precedido por unha vez en que algu\u00e9n ollou as mensaxes no telefone da s\u00faa parella, por unha curiosidade un pouco triste, un pouco de ciumenta, un pouco t\u00f3xica; un pouco de posesividade sempre se considerou amor.<\/p>\n<p>\u00a0<\/p>\n<p>E esa posesividade v\u00e9n precedida dun comentario cando a nena ti\u00f1a sete anos e algu\u00e9n pregunta, \u201ctes mozo?\u201d e a ningu\u00e9n lle estra\u00f1a. E ningu\u00e9n pensa porque non lle preguntan \u00e1 nena de sete anos se ten moza, ou se xoga ao f\u00fatbol coas amigas, ou se quere descubrir como se matan as cr\u00edas das vacas para que bebamos leite no recreo.<\/p>\n<p>\u00a0<\/p>\n<p>Esa pregunta de se ti\u00f1a mozo aos sete anos. Porque ter mozo \u00e9 unha cousa moi importante para as nenas, e m\u00e1is importante ainda para as mulleres adultas, que deber\u00edan ter todas mozo para non seren unhas miser\u00e1beis. E ent\u00f3n ten sentido aturar a un imb\u00e9cil porque m\u00e1is triste \u00e9 estar soa. E en fin. Xa con poucas horas de vida che furaron as orellas, para que se saiba ben que o beb\u00e9 ten vulva e por tanto est\u00e1 adornado para un d\u00eda ter mozo. Ao beb\u00e9 con pene non lles furan as orellas porque xa as furar\u00e1 el se quere, entretanto, ter\u00e1 nenas adornadas facendo de azafatas. Entregando ramos de flores ao campi\u00f3n.<\/p>\n<p>Por favor, se\u00f1oras, se\u00f1ores, se\u00f1oros, deixemos de educar campi\u00f3ns e princesas, porque de esa fari\u00f1a, est\u00e1 feito este patriarcado.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>En 2019 o 016, o n\u00famero para emerxencias de violencia contra as mulleres, que \u00e9 gratuito e non deixa pegada na factura, atendeu 2330 chamadas desde Galicia. 2330 chamadas. Iso son algo m\u00e1is de seis chamadas diarias. Imaxinemos quen ser\u00e1n as seis que chamen hoxe, cal \u00e9 a s\u00faa situaci\u00f3n de perigo, imaxinemos quen \u00e9 [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":24855,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"slim_seo":{"title":"25N | Zas en Igualdade - Concello de Zas","description":"En 2019 o 016 , o n\u00famero para emerxencias de violencia contra as mulleres , que \u00e9 gratuito e non deixa pegada na factura, atendeu 2330 chamadas desde Galicia. 2"},"footnotes":""},"categories":[10],"tags":[],"class_list":["post-24854","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-concello"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24854","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=24854"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24854\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media\/24855"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=24854"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=24854"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=24854"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}