{"id":24836,"date":"2021-10-29T10:58:52","date_gmt":"2021-10-29T08:58:52","guid":{"rendered":"https:\/\/concellodezas.gal\/a-escola-infantil-de-zas-ofrecera-38-prazas-unha-vez-rematadas-as-obras-de-ampliacion\/"},"modified":"2025-09-25T11:53:38","modified_gmt":"2025-09-25T09:53:38","slug":"a-escola-infantil-de-zas-ofrecera-38-prazas-unha-vez-rematadas-as-obras-de-ampliacion","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/a-escola-infantil-de-zas-ofrecera-38-prazas-unha-vez-rematadas-as-obras-de-ampliacion\/","title":{"rendered":"A Escola Infantil de Zas ofrecer\u00e1 38 prazas unha vez rematadas as obras de ampliaci\u00f3n"},"content":{"rendered":"<p><em>As xesti\u00f3ns entre o Concello e o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar comezaron hai meses\u00a0<\/em><br \/>\u00a0<\/p>\n<p>\u00a0<\/p>\n<p>A <strong>Escola Infantil de Zas,<\/strong> que pertence \u00e1 rede p\u00fablica A Gali\u00f1a Azul, ofrecer\u00e1 38 prazas para nenos e nenas cero a tres anos unha vez que rematen as obras de ampliaci\u00f3n previstas. As xesti\u00f3ns entre o Concello de Zas e Conseller\u00eda de Pol\u00edtca Social da Xunta de Galicia, a trav\u00e9s do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, comezaron meses atr\u00e1s e previsiblemente a vindeira semana rematarase a redacci\u00f3n do proxecto de ampliaci\u00f3n para que, unha vez aprobado polo Consorcio, se inicie o proceso de licitaci\u00f3n das obras.<\/p>\n<p>Os traballos de ampliaci\u00f3n da escola infantil realizaranse no primeiro andar do edificio actual co fin de que o proceso de execuci\u00f3n das obras non interrompa o d\u00eda a d\u00eda do centro. Entre as melloras a realizar destacan a colocaci\u00f3n dun ascensor, a creaci\u00f3n dunha coci\u00f1a totalmente equipada e construcci\u00f3n dunhas salas m\u00e1is amplas. Con esta ampliaci\u00f3n a escola infantil de Zas sobe de categor\u00eda en canto ao n\u00famero de usuarios e o n\u00famero de prazas ofertadas distribuiranse da seguinte maneira:<\/p>\n<ul>\n<li>De 0 a 1 anos: 7 prazas<\/li>\n<li>De 1 a 2 anos: 12 prazas<\/li>\n<li>De 2 a 3 anos: 19 prazas<\/li>\n<\/ul>\n<p>Segundo explica o Alcalde de Zas, Manuel Mu\u00ed\u00f1o, \u201cestas obras de ampliaci\u00f3n traduciranse, por unha parte, nun notable incremento do n\u00famero de prazas ofertadas xa que pasamos de 28 a 38 e, por outra, nunha mellora na prestaci\u00f3n do servizo\u201d. O Concello de Zas financiar\u00e1 con fondos propios a inversi\u00f3n prevista para estas obras.<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0<\/span><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>As xesti\u00f3ns entre o Concello e o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar comezaron hai meses\u00a0\u00a0 \u00a0 A Escola Infantil de Zas, que pertence \u00e1 rede p\u00fablica A Gali\u00f1a Azul, ofrecer\u00e1 38 prazas para nenos e nenas cero a tres anos unha vez que rematen as obras de ampliaci\u00f3n previstas. As xesti\u00f3ns entre [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":24837,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"slim_seo":{"title":"A Escola Infantil de Zas ofrecer\u00e1 38 prazas unha vez rematadas as obras de ampliaci\u00f3n - Concello de Zas","description":"As xesti\u00f3ns entre o Concello e o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar comezaron hai meses\u00a0 \u00a0 \u00a0 A Escola Infantil de Zas, que pertence \u00e1 rede p\u00fab"},"footnotes":""},"categories":[10],"tags":[],"class_list":["post-24836","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-concello"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24836","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=24836"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24836\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media\/24837"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=24836"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=24836"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=24836"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}