{"id":24778,"date":"2021-08-19T17:01:51","date_gmt":"2021-08-19T15:01:51","guid":{"rendered":"https:\/\/concellodezas.gal\/os-alcaldes-de-zas-vimianzo-e-a-bana-acordan-co-presidente-da-fegamp-radiografiar-o-abandono-do-rural-por-parte-de-abanca-neste-ultimo-ano\/"},"modified":"2025-09-25T11:53:06","modified_gmt":"2025-09-25T09:53:06","slug":"os-alcaldes-de-zas-vimianzo-e-a-bana-acordan-co-presidente-da-fegamp-radiografiar-o-abandono-do-rural-por-parte-de-abanca-neste-ultimo-ano","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/os-alcaldes-de-zas-vimianzo-e-a-bana-acordan-co-presidente-da-fegamp-radiografiar-o-abandono-do-rural-por-parte-de-abanca-neste-ultimo-ano\/","title":{"rendered":"Os alcaldes de Zas, Vimianzo e A Ba\u00f1a acordan co presidente da Fegamp radiografiar o abandono do rural por parte de Abanca neste \u00faltimo ano"},"content":{"rendered":"<ul>\n<li><em>Reun\u00edronse con Alberto Varela en Santiago na busca de apoios para evitar o peche de oficinas nos tres municipios\u00a0<\/em><\/li>\n<li><em>Os tres rexedores insistiron na necesidade de evitar \u201ca toda costa\u201d estes peches \u201cinxustos\u201d<\/em><\/li>\n<\/ul>\n<p>\u00a0<\/p>\n<p>\u00a0<\/p>\n<p>O presidente da Federaci\u00f3n Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Alberto Varela, comprometeuse esta ma\u00f1\u00e1 en Santiago nunha reuni\u00f3n coa alcaldesa de Vimianzo, M\u00f3nica Rodr\u00edguez, o alcalde de Zas, Manuel Mu\u00ed\u00f1o, e o alcalde da Ba\u00f1a, Jos\u00e9 Antonio Pereira, a impulsar unha enquisa entre os concellos para analizar como lles est\u00e1 afectando a concentraci\u00f3n de oficinas bancarias logo de constatar que est\u00e1n abandonando maioritariamente os n\u00facleos rurais deixando sen servizo \u00e1 s\u00faa poboaci\u00f3n.<\/p>\n<p>A reuni\u00f3n tivo lugar na sede da Fegamp e nela tam\u00e9n participou o tenente de alcaldesa de Vimianzo, V\u00edctor Mu\u00ed\u00f1o. Respondeu a unha solicitude dos propios rexedores co obxectivo de buscar apoio para evitar o peche das oficinas de Abanca en Zas, Ba\u00ed\u00f1as (Vimianzo) e A Ba\u00f1a, peche que vai prexudicar moitas veci\u00f1as e veci\u00f1os do rural dos tres municipios.<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0 \u00a0<\/span><\/p>\n<p>Entenden o peche, previsto para o 8 de setembro e que afecta directamente a unhas 10.000 persoas, como un total abandono do rural por parte dunha entidade que se debe, en gran medida, a esta poboaci\u00f3n, xa que est\u00e1 fundada en Galicia e o territorio est\u00e1 conformado caracteristicamente de xeito disperso abondando precisamente os n\u00facleos rurais.<\/p>\n<p>\u00c9 por iso que os alcaldes consideran \u201cunha contrariedade\u201d ir en contra do propio esp\u00edrito do que sempre presumiu Abanca de estar ao car\u00f3n das persoas cando van deixar abandonados e abandonadas a moitas veci\u00f1as e veci\u00f1os que \u201clevan toda a vida confiando a s\u00faa econom\u00eda \u00e1 entidade\u201d, apuntan.<\/p>\n<p>Alberto Varela, presidente da Fegamp, compartiu cos rexedores<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0 <\/span>a constaci\u00f3n por parte da federaci\u00f3n dun aumento da inquedanza entre os concellos nos \u00faltimos meses ante unha pol\u00edtica financieira de peches e recortes horarios que provoca dificultades na veci\u00f1anza para acceder a un servizo esencial, ademais de influ\u00edr negativamente no futuro das localidaes. Compromteuse, xa que logo, a facer un mapa da situaci\u00f3n actual e unha retrospectiva do \u00faltimo ano, \u201cxa que nos \u00faltimos meses os avisos de peche estanse a intensificar e producir de forma s\u00fabita sen ning\u00fan tipo de consenso cos consistorios\u201d.<\/p>\n<p>Ao remate da reuni\u00f3n, a alcaldesa de Vimianzo, M\u00f3nica Rodr\u00edguez, quixo remarcar \u201cque non \u00e9 unha problem\u00e1tica exclusiva aos nosos municipios, sen\u00f3n que afecta a toda a comunidade galega. Son moitas as persoas afectadas e non podemos permitir que a situaci\u00f3n siga adiante. Temos que conxuntarnos para reverter a situaci\u00f3n\u201d, declarou.<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0<\/span><\/p>\n<p>O alcalde da Ba\u00f1a, Jos\u00e9 Antonio Pereira, destacou que desta reuni\u00f3n sa\u00edse a iniciativa conxunta de enviar un comunicado a todos os concellos de Galicia para co\u00f1ecer con exactitude cantas sucursais pecharon e cantos municipios e veci\u00f1os se viron prexudicados: &#8220;Desde hai un ano, o n\u00famero de localidades afectadas por estes peches non para de aumentar. \u00c9 inadmisible que cada d\u00eda se deixe o rural con menos servizos mentres se venden iniciativas para a s\u00faa revitalizaci\u00f3n&#8221;. O caso da Ba\u00f1a \u00e9, ao seu xu\u00edzo, &#8220;inxustificable. C\u00f3nstanos que a oficina \u00e9 rendible para Abanca. Hai uns oito meses tivo unha remodelaci\u00f3n, o local f\u00edsico \u00e9 propiedade do banco e o persoal vai ser trasladado ao concello lim\u00edtrofe. Todo isto desconc\u00e9rtanos, non ten ning\u00fan sentido\u201d.<\/p>\n<p>Pola s\u00faa banda, Manuel Mu\u00ed\u00f1o, alcalde de Zas, sinalou que unha vez que saibamos cantos concellos hai afectados por estes peches co\u00f1eceremos a magnitude deste problema que afecta a toda Galicia. \u201cHai miles de galegos e galegas afectadas por esta folla de ruta que seguro que non se det\u00e9n aqu\u00ed, sen\u00f3n que entre os plans de Abanca est\u00e1 seguir pechando entidades e diminuir as\u00ed os servizos que se lle prestan \u00e1 veci\u00f1anza\u201d, indicou Mu\u00ed\u00f1o.<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0<\/span><\/p>\n<p>\u00a0<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Reun\u00edronse con Alberto Varela en Santiago na busca de apoios para evitar o peche de oficinas nos tres municipios\u00a0 Os tres rexedores insistiron na necesidade de evitar \u201ca toda costa\u201d estes peches \u201cinxustos\u201d \u00a0 \u00a0 O presidente da Federaci\u00f3n Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Alberto Varela, comprometeuse esta ma\u00f1\u00e1 en Santiago nunha reuni\u00f3n coa [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":24779,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"slim_seo":{"title":"Os alcaldes de Zas, Vimianzo e A Ba\u00f1a acordan co presidente da Fegamp radiografiar o abandono do rural por parte de Abanca neste \u00faltimo ano - Concello de Zas","description":"Reun\u00edronse con Alberto Varela en Santiago na busca de apoios para evitar o peche de oficinas nos tres municipios\u00a0 Os tres rexedores insistiron na necesidade de"},"footnotes":""},"categories":[10],"tags":[],"class_list":["post-24778","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-concello"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24778","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=24778"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24778\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media\/24779"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=24778"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=24778"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=24778"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}