{"id":24772,"date":"2021-08-13T18:21:56","date_gmt":"2021-08-13T16:21:56","guid":{"rendered":"https:\/\/concellodezas.gal\/a-bana-vimianzo-e-zas-anuncian-mobilizacions-conxuntas-para-evitar-o-peche-de-oficinas-de-abanca-nos-seus-municipios\/"},"modified":"2025-09-25T11:53:06","modified_gmt":"2025-09-25T09:53:06","slug":"a-bana-vimianzo-e-zas-anuncian-mobilizacions-conxuntas-para-evitar-o-peche-de-oficinas-de-abanca-nos-seus-municipios","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/a-bana-vimianzo-e-zas-anuncian-mobilizacions-conxuntas-para-evitar-o-peche-de-oficinas-de-abanca-nos-seus-municipios\/","title":{"rendered":"A Ba\u00f1a, Vimianzo e Zas anuncian mobilizaci\u00f3ns conxuntas para evitar o peche de oficinas de Abanca nos seus municipios"},"content":{"rendered":"<ul>\n<li><em>Os tres alcaldes piden unha reuni\u00f3n con Feij\u00f3o para que se po\u00f1a \u00e1 fronte das reivindicaci\u00f3ns \u201cen defensa dos galegos\u201d<\/em><\/li>\n<li><em>Inician unha recollida de sinaturas e non desbotan unha manifestaci\u00f3n ante a sede da entidade<\/em><\/li>\n<li><em>A clausura das tres sucursais afecta unhas 10.000 persoas, segundo indicaron na rolda de prensa que ofreceron esta ma\u00f1\u00e1<\/em><\/li>\n<\/ul>\n<p>\u00a0<\/p>\n<p>\u00a0<\/p>\n<p>Jos\u00e9 Antonio Pereira, alcalde da Ba\u00f1a; M\u00f3nica Rodr\u00edguez, alcaldesa de Vimianzo; e Manuel Mu\u00ed\u00f1o, alcalde de Zas, anunciaron esta ma\u00f1\u00e1 que actuar\u00e1n de forma conxunta para evitar o peche de oficinas que Abanca ten previsto facer nos tres municipios o vindeiro mes de setembro e que afecta directamente dez mil persoas destes concellos e doutros lim\u00edtrofes. \u201cImos esgotar todas as posibilidades na nosa man para lograr que reconsideren esta decisi\u00f3n. As medidas incl\u00faen mobilizaci\u00f3ns e estudar se podemos emprenderse acci\u00f3ns legais\u201d, subli\u00f1ou Manuel Mu\u00ed\u00f1o, que actuou como voceiro na rolda de prensa que os tres rexedores ofreceron este mediod\u00eda en Zas.<\/p>\n<p>A falta de concretar as datas nas que se levar\u00e1n a cabo, Mu\u00ed\u00f1o expuso cales son as acci\u00f3ns que consensuaron os tres concellos afectados polos peches. A primeira, sinalou, \u00e9 unha reuni\u00f3n co presidente da Xunta, Alberto N\u00fa\u00f1ez Feij\u00f3o, \u201cpara que nos axude e se po\u00f1a \u00e1 fronte das reivindicaci\u00f3ns\u201d, posto que os tres rexedores cren que o Goberno galego \u00e9 o \u00fanico con capacidade para \u201cfalar de ti a ti\u201d coa entidade financeira. Ademais, subli\u00f1ou, \u201cFeij\u00f3o \u00e9 o presidente de todos os galegos, polo que debe atender a petici\u00f3n de defender aos nosos veci\u00f1os, e ten unha responsabilidade moral dado que o Estado saneou a banca d\u00e1ndolle m\u00e1is de 7.000 mill\u00f3ns de euros de todos os cidad\u00e1ns\u201d.<\/p>\n<p>Outro dos acordos adoptados polos alcaldes implica reunirse co presidente da Federaci\u00f3n Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), Alberto Varela, coa idea de convocar unha asemblea de concellos destinada a analizar a estratexia de concentraci\u00f3n de oficinas que est\u00e1 levando Abanca, o que implica o abandono dos n\u00facleos rurais.<\/p>\n<p>Tam\u00e9n, adiantou Mu\u00ed\u00f1o, intentar\u00e1n establecer contactos con alg\u00fan ministro do Goberno de Espa\u00f1a que te\u00f1a competencias na materia e con deputados do parlamento auton\u00f3mico, aos que lles pedir\u00e1n \u201cdesenvolver as iniciativas pol\u00edticas necesarias\u201d. Na rolda de conversas, contemplan as\u00ed mesmo reunirse con responsables de Abanca, \u201csempre que te\u00f1an capacidade de decisi\u00f3n\u201d.<\/p>\n<p>En canto \u00e1s mobilizaci\u00f3ns, xa iniciadas coa recollida de sinaturas nos tres concellos, o alcalde de Zas anunciou que \u201cdesembocar\u00e1n nunha manifestaci\u00f3n ante a propia sede de Abanca\u201d.<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0<\/span><\/p>\n<p><strong>Estratexia para incrementar beneficios<\/strong><\/p>\n<p>Manuel Mu\u00ed\u00f1o incidiu en que a decisi\u00f3n de Abanca de pechar as oficinas da Ba\u00f1a, de Ba\u00ed\u00f1as (Vimianzo) e de Zas o vindeiro 8 de setembro obedece s\u00f3 ao interese de incrementar as s\u00faas ganancias. \u201cNon est\u00e1 motivada por nada que fixeramos n\u00f3s nin tampouco porque dean perdas. A \u00fanica fin que ten \u00e9 aumentar os beneficios da entidade a costa de prexudicar directamente 10.000 persoas nestes tres concellos e noutros lim\u00edtrofes\u201d, sinalou, e lembrou que Abanca ga\u00f1ou no primeiro trimestre deste ano 137,4 mill\u00f3ns de euros, un 8,2% m\u00e1is que no mesmo periodo de 2020.<\/p>\n<p>\u201c\u00c9 un atentado contra o rural\u201d, manifestou pola s\u00faa parte o alcalde da Ba\u00f1a, Jos\u00e9 Antonio Pereira, quen lembrou que a oficina de Abanca \u00e9 a \u00fanica sucursal bancaria existente no municipio.<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0 <\/span>\u201cO peche conleva deixar de facer vida no noso concello. Non s\u00f3 os veci\u00f1os xa non van poder facer xesti\u00f3ns, sen\u00f3n que \u00e9 un pau tam\u00e9n para o comercio que temos. Ademais, moita da nosa poboaci\u00f3n e moi maior e o d\u00eda que vai cobrar a pensi\u00f3n aproveita para facer compras e outros tr\u00e1mites. Agora vai ter que desprazarse oito quil\u00f3metros para sacar cartos\u201d, explicou.<\/p>\n<p>M\u00f3nica Rodr\u00edguez, alcaldesa de Vimianzo, subli\u00f1ou o feito de que Abanca non comunicara a decisi\u00f3n. Foron os empregados das oficinas os que empezaron a chamar aos veci\u00f1os para informalos do peche. \u201cBotamos moito de menos que non houbera comunicaci\u00f3n e se establecera un di\u00e1logo. S\u00famenos na impotencia. Onde quedan o asesoramento e esa cercan\u00eda co cliente da que presumen na s\u00faa publicidade? A banca electr\u00f3nica non o fai todo e hai quen non sabe manexarse coas tecnolox\u00edas. Dimin\u00faen os horarios, pechan oficinas, botan empregados, suben comisi\u00f3ns&#8230; tr\u00e1tase dun grave problema que afecta tam\u00e9n outros concellos\u201d, indicou. \u201cIsto vai supo\u00f1er, ademais de que as persoas se vexan na obriga de desprazarse e perder tempo e cartos para acudir a unha sucursal, que as outras oficinas se vexan colapsadas. Unha situaci\u00f3n que tam\u00e9n vai afectar moi negativamente ao comercio local. Estas pol\u00edticas son contrarias \u00e1 necesaria dinamizaci\u00f3n do rural, non podemos permitir este desmantelamento\u201d.<\/p>\n<p>En total son nove as oficinas que Abanca ten previsto pechar en Galicia neste vindeiro setembro. \u00c1s da Ba\u00f1a, Ba\u00ed\u00f1as e Zas \u00fanense as de San Valent\u00edn (A Coru\u00f1a), Campo Lameiro e Campelo (Pontevedra) San Xo\u00e1n de R\u00edo, Padrenda e Quintela de Leirado (Ourense).<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Os tres alcaldes piden unha reuni\u00f3n con Feij\u00f3o para que se po\u00f1a \u00e1 fronte das reivindicaci\u00f3ns \u201cen defensa dos galegos\u201d Inician unha recollida de sinaturas e non desbotan unha manifestaci\u00f3n ante a sede da entidade A clausura das tres sucursais afecta unhas 10.000 persoas, segundo indicaron na rolda de prensa que ofreceron esta ma\u00f1\u00e1 \u00a0 [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":24773,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"slim_seo":{"title":"A Ba\u00f1a, Vimianzo e Zas anuncian mobilizaci\u00f3ns conxuntas para evitar o peche de oficinas de Abanca nos seus municipios - Concello de Zas","description":"Os tres alcaldes piden unha reuni\u00f3n con Feij\u00f3o para que se po\u00f1a \u00e1 fronte das reivindicaci\u00f3ns \u201cen defensa dos galegos\u201d Inician unha recollida de sinaturas e non"},"footnotes":""},"categories":[10],"tags":[],"class_list":["post-24772","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-concello"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24772","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=24772"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24772\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media\/24773"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=24772"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=24772"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=24772"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}