{"id":24746,"date":"2021-06-11T16:03:02","date_gmt":"2021-06-11T14:03:02","guid":{"rendered":"https:\/\/concellodezas.gal\/a-campana-anual-de-trampeo-da-vespa-velutina-remata-con-mais-de-9-700-capturas-en-tres-meses\/"},"modified":"2025-09-25T11:52:50","modified_gmt":"2025-09-25T09:52:50","slug":"a-campana-anual-de-trampeo-da-vespa-velutina-remata-con-mais-de-9-700-capturas-en-tres-meses","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/a-campana-anual-de-trampeo-da-vespa-velutina-remata-con-mais-de-9-700-capturas-en-tres-meses\/","title":{"rendered":"A campa\u00f1a anual de trampeo da vespa velutina remata con m\u00e1is de 9.700 capturas en tres meses"},"content":{"rendered":"<ul>\n<li><em>Grazas \u00e1 colaboraci\u00f3n da veci\u00f1anza e dos apicultores incrementouse considerablemente o n\u00famero de trampas e, polo tanto, o n\u00famero vespas asi\u00e1ticas capturadas<\/em><\/li>\n<li><em>Un total de 133 persoas &#8211; veci\u00f1os\/as e apicultores &#8211;\u00a0 colaboraron na campa\u00f1a coa instalaci\u00f3n de trampas e coa renovaci\u00f3n dos m\u00e1is de 330 litros de l\u00edquido atra\u00ednte que se lles proporcionou de\u00a0 balde dende o Concello\u00a0<\/em><\/li>\n<\/ul>\n<p>\u00a0<\/p>\n<p>\u00a0<\/p>\n<p>A <a href=\"..\/..\/..\/portal-cidadan\/noticia\/gl\/1106\/n\"><strong>campa\u00f1a anual de trampeo da vespa velutina<\/strong> impulsada polo Concello de Zas <\/a>v\u00e9n de pecharse cun total de 9.783 capturas en tres meses. As acci\u00f3ns centr\u00e1ronse nos meses de marzo, abril e maio; momento no que as ra\u00ed\u00f1as comezan a s\u00faa actividade despois do letargo invernal e que \u00e9 crucial para evitar a formaci\u00f3n dos ni\u00f1os primarios. Durante este tempo <strong>instal\u00e1ronse un total de 357 trampas e repart\u00edronse m\u00e1s de 330 litros de l\u00edquido atra\u00ednte <\/strong>entre os 133 veci\u00f1os e veci\u00f1as que colaboraron na campa\u00f1a xunto cos apicultores. Tanto as trampas como o l\u00edquido atra\u00ednte proprocionouselles dende o Concello de forma gratu\u00edta.<\/p>\n<p>As trampas coloc\u00e1ronse naquelas zonas estrat\u00e9xicas do noso municipio e todas estaban xeolocalizadas co fin de co\u00f1ecer as \u00e1reas de maior incidencia de cara a futuras acci\u00f3ns. Cada quince d\u00edas renovouse o seu l\u00edquido e f\u00edxose reconto das capturas realizadas.<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0<\/span><\/p>\n<p>Os datos da campa\u00f1a reflicten a magnitude do problema e, a\u00ednda que se prev\u00e9 que haxa unha reducci\u00f3n considerable, nas vindeiras semanas comezar\u00e1n a aparecer os ni\u00f1os secundarios. O 012 \u00e9 o n\u00famero de tel\u00e9fono da Xunta de Galicia ao que deber\u00e1 chamarse no caso de localizar un ni\u00f1o.<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0<\/span><\/p>\n<p>O Alcalde de Zas, Manuel Mu\u00ed\u00f1o, agradece a implicaci\u00f3n da veci\u00f1anza para loitar contra a expansi\u00f3n da vespa asi\u00e1tica e recorda que este \u00e9 o cuarto ano consecutivo que o Concello de Zas pon en marcha con fondos propios unha campa\u00f1a de trampeo para facerlle fronte a unha praga que afecta a toda a comunidade.<\/p>\n<p>\u00a0<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Grazas \u00e1 colaboraci\u00f3n da veci\u00f1anza e dos apicultores incrementouse considerablemente o n\u00famero de trampas e, polo tanto, o n\u00famero vespas asi\u00e1ticas capturadas Un total de 133 persoas &#8211; veci\u00f1os\/as e apicultores &#8211;\u00a0 colaboraron na campa\u00f1a coa instalaci\u00f3n de trampas e coa renovaci\u00f3n dos m\u00e1is de 330 litros de l\u00edquido atra\u00ednte que se lles proporcionou de\u00a0 [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":24747,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"slim_seo":{"title":"A campa\u00f1a anual de trampeo da vespa velutina remata con m\u00e1is de 9.700 capturas en tres meses - Concello de Zas","description":"Grazas \u00e1 colaboraci\u00f3n da veci\u00f1anza e dos apicultores incrementouse considerablemente o n\u00famero de trampas e, polo tanto, o n\u00famero vespas asi\u00e1ticas capturadas Un"},"footnotes":""},"categories":[10],"tags":[],"class_list":["post-24746","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-concello"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24746","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=24746"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24746\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media\/24747"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=24746"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=24746"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=24746"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}