{"id":24744,"date":"2021-06-10T18:05:01","date_gmt":"2021-06-10T16:05:01","guid":{"rendered":"https:\/\/concellodezas.gal\/aberto-o-prazo-de-solicitude-para-as-cachelas-de-san-xoan-que-deberan-realizarse-en-espazos-privados\/"},"modified":"2025-09-25T11:52:50","modified_gmt":"2025-09-25T09:52:50","slug":"aberto-o-prazo-de-solicitude-para-as-cachelas-de-san-xoan-que-deberan-realizarse-en-espazos-privados","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/aberto-o-prazo-de-solicitude-para-as-cachelas-de-san-xoan-que-deberan-realizarse-en-espazos-privados\/","title":{"rendered":"Aberto o prazo de solicitude para as cachelas de San Xo\u00e1n que deber\u00e1n realizarse en espazos privados"},"content":{"rendered":"<p><em>Os organizadores comprom\u00e9tense a cumprir unha serie de normas b\u00e1sicas as\u00ed como todas as medidas de seguridade e prevenci\u00f3n da Covid19 vixentes<\/em><br \/>\u00a0<\/p>\n<p>O Concello de Zas v\u00e9n de abrir o prazo de solicitude para as cachelas de San Xo\u00e1n que deber\u00e1n realizarse unicamente en espazos privados e cumprindo sempre a normativa de seguridade e prevenci\u00f3n da Covid19 vixente.<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0<\/span><\/p>\n<p>O <strong>modelo de solicitude p\u00f3dese descargar na Sede Electr\u00f3nica do Concello de Zas <\/strong>&#8211; a trav\u00e9s da seguinte ligaz\u00f3n <a href=\"https:\/\/sede.concellodezas.org\/opencms\/export\/sites\/zas\/recursos\/downloads\/Licenza-Cachelas-2021.pdf\">https:\/\/sede.concellodezas.org\/opencms\/export\/sites\/zas\/recursos\/downloads\/Licenza-Cachelas-2021.pdf<\/a> &#8211; e deber\u00e1 presentarse na Casa do Concello xunto co DNI da persoa responsables e a identificaci\u00f3n da parcela na que se realizar\u00e1 a cachela mediante un plano de situaci\u00f3n ou a referencia catastral da mesma. As solicitudes deben presentarse antes do d\u00eda 21 de xu\u00f1o.<\/p>\n<p>Unicamente se autorizar\u00e1n aquelas fogueiras que se realicen en espazos privados e a persoa solicitante comprom\u00e9tese a cumprir todas as medidas de seguridade e prevenci\u00f3n da Covid19 vixentes na data de celebraci\u00f3n da cachela, especialmente no relativo ao n\u00famero de persoas non convivintes que se poden reunir.<\/p>\n<p>Co fin de evitar accidentes e outros riscos ser\u00e1 necesario que haxa sempre xente vixiando a cachela e adem\u00e1is deber\u00e1 de haber auga suficiente a man para apagar o lume en caso de que fose necesario. Unha vez rematada a celebraci\u00f3n, deber\u00e1n apagarse os restos de brasas ata a s\u00faa extinci\u00f3n total. Non se aproveitar\u00e1 a cachela para queimar restos dom\u00e9sticos (colch\u00f3ns, mobles, t\u00e1boas, roupa,\u2026) nin agr\u00edcolas ou forestais. Ademais destas, a continuaci\u00f3n det\u00e1llanse as normas b\u00e1sicas de seguridade para as cachelas de San Xo\u00e1n:<\/p>\n<ul>\n<li>A cachela non poder\u00e1 realizarse en zonas de dominio p\u00fablico<\/li>\n<li>Queda terminantemente prohibido facer fogueiras en espazos p\u00fablicos; tales como prazas, parques, r\u00faas ou beirarr\u00faas ou noutros que non se autoricen<\/li>\n<li>A solicitude deber\u00e1 acompa\u00f1arse dun plano de situaci\u00f3n do espazo privado ou a referencia catastral onde se realice a cachela, as\u00ed como a situaci\u00f3n de todos os elementos que se coloquen no espazo autorizado<\/li>\n<li>Os organizadores deber\u00e1n coidar os arredores e co\u00f1ecer o n\u00famero de tel\u00e9fono dos bombeiros (080) e de Emerxencias (112)<\/li>\n<li>Nas zonas urbanas o volume do combustible non sobrepasar\u00e1 os 3 metros de per\u00edmetro nin 1 metro de altura<\/li>\n<li>Nas zonas rurais o volume do combustible da cachela non sobrepasar\u00e1 os 5 metros de per\u00edmetro\/di\u00e1metro nin 3 metros de altura<\/li>\n<li>A separaci\u00f3n entre as cachelas, edificios, \u00e1rbores, veh\u00edculos e mobiliario urbano ser\u00e1 como m\u00ednimo de 12 metros, excepto no casco urbano<\/li>\n<li>As cachelas nunca deber\u00e1 colocarse baixo de tendidos el\u00e9ctricos ou telef\u00f3nicos, as\u00ed como que nos corredores non exita ning\u00fan local no que se almacenen produtos inflamables<\/li>\n<li>Proh\u00edbese a queima de neum\u00e1ticos, pl\u00e1sticos, espumas de poliuretano, aceites e, en xeral, de calquera substancia que ao arder desprenda fume t\u00f3xico<\/li>\n<li>En ning\u00fan caso se botar\u00e1n no lume recipientes que conte\u00f1an l\u00edquidos inflamables ou gases a presi\u00f3n (sprays) ainda que estean baleiros<\/li>\n<li>Proh\u00edbese a colocaci\u00f3n e exhibici\u00f3n de pancartas que non estean expresamente autorizadas<\/li>\n<li>A hora l\u00edmite para rematar a celebraci\u00f3n \u00e9 \u00e1s 03:30 horas da madrugada, de acordo co horario establecido no Decreto da Xunta de Galicia para a celebraci\u00f3n de festas e romar\u00edas populares<\/li>\n<li>Ao finalizar a cachela e antes de abandonar o lugar da mesma, os responsables coidar\u00e1n que as cinzas queden totalmente apagadas<\/li>\n<li>Ser\u00e1 obrigatoria a limpeza do espazo ao remate da actividade, inclu\u00eddos os elementos utilizados para o desenvolvemento do mesmo, inmediatamente despois de rematar a cachela e\/ou sardi\u00f1ada<\/li>\n<li>O desenvolvemento da celebraci\u00f3n das cachelas e sardi\u00f1adas deber\u00e1 axustarse ao permiso concedido<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0<\/span><\/li>\n<\/ul>\n<p><span class=\"Apple-converted-space\">Adem\u00e1is destas, a FEGAMP informa de que no eido privado\u00a1<strong>\u00a0non deber\u00e1n xuntarse m\u00e1is de 15 persoas no exterior e 6 en espazos pechados<\/strong>.<\/span><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Os organizadores comprom\u00e9tense a cumprir unha serie de normas b\u00e1sicas as\u00ed como todas as medidas de seguridade e prevenci\u00f3n da Covid19 vixentes\u00a0 O Concello de Zas v\u00e9n de abrir o prazo de solicitude para as cachelas de San Xo\u00e1n que deber\u00e1n realizarse unicamente en espazos privados e cumprindo sempre a normativa de seguridade e prevenci\u00f3n [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":24745,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"slim_seo":{"title":"Aberto o prazo de solicitude para as cachelas de San Xo\u00e1n que deber\u00e1n realizarse en espazos privados - Concello de Zas","description":"Os organizadores comprom\u00e9tense a cumprir unha serie de normas b\u00e1sicas as\u00ed como todas as medidas de seguridade e prevenci\u00f3n da Covid19 vixentes \u00a0 O Concello de Z"},"_slim_seo_primary_term_category":0,"_slim_seo_primary_term_post_tag":0,"footnotes":""},"categories":[10],"tags":[],"class_list":["post-24744","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-concello"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24744","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=24744"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24744\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media\/24745"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=24744"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=24744"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=24744"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}