{"id":24665,"date":"2020-11-24T23:14:56","date_gmt":"2020-11-24T22:14:56","guid":{"rendered":"https:\/\/concellodezas.gal\/manifesto-25-de-novembro-de-2020\/"},"modified":"2025-09-25T11:52:10","modified_gmt":"2025-09-25T09:52:10","slug":"manifesto-25-de-novembro-de-2020","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/manifesto-25-de-novembro-de-2020\/","title":{"rendered":"Manifesto 25 de novembro de 2020"},"content":{"rendered":"<p>6\u00aa edicion de En Negro Contra as Violencias<\/p>\n<p>\u00a0<\/p>\n<p>Este ano vai quedar marcado para a nosa memoria como o ano da COVID-19, pero, sen d\u00fabida, tam\u00e9n por moitas mulleres ser\u00e1 recordado como o ano no que tivemos que facer un esforzo adicional, exercendo, a\u00ednda que non o foramos, de ensinantes, psic\u00f3logas, coidadoras\u2026. Este aumento na carga de coidados, unido \u00e1 interrupci\u00f3n das redes sociais pr\u00f3ximas, creou unha maior situaci\u00f3n de tensi\u00f3n no fogar, o que elevou a posibilidade de aumento de risco das violencias.<\/p>\n<p>\u00a0<\/p>\n<p>A Organizaci\u00f3n Mundial da Sa\u00fade (OMS) amosou as\u00ed a s\u00faa preocupaci\u00f3n polo incremento global da violencia de x\u00e9nero e intrafamiliar durante esta crise sanitaria e instou os pa\u00edses para adoptar medidas urxentes de prevenci\u00f3n e asistencia \u00e1s v\u00edtimas, e en particular \u00e1s que sofren violencia por parte da s\u00faa parella, como un servizo esencial dentro das acci\u00f3ns desta emerxencia sanitaria. <strong>En Negro <\/strong>ten amosado, no seu percorrido, ser unha ferramenta esencial para sensibilizar a sociedade, un paso imprescindible para loitar <strong>Contra<\/strong> <strong>As Violencias Machistas<\/strong>.<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0<\/span><\/p>\n<p>\u00a0<\/p>\n<p>Por iso, o Concello de Zas s\u00famase a esta acci\u00f3n, canda outros cento corenta e tres concellos e milleiros de entidades, para tinguir Galicia, e outros lugares, como un r\u00edo de carraxe que pretende po\u00f1er fin a estas violencias que sufrimos as mulleres polo simple feito de s\u00e9rmolo, e por riba de todo, aos feminicidios.<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0<\/span><\/p>\n<p>\u00a0<\/p>\n<p>No que vai de ano, 41 mulleres foron asasinadas en Espa\u00f1a, 1.074 dende que se empezou a contabilizalas, no 2003. Destas corenta e unha mulleres, polo menos trinta conviv\u00edan co seu agresor. A nivel mundial, os \u00faltimos datos que co\u00f1ecemos son do 2017, e indican que 3 de cada 5 mulleres asasinadas, f\u00f3rono \u00e1 mans das s\u00faas parellas, exparellas ou alg\u00fan membro da familia. Nese ano, est\u00edmase que no mundo 87.000 mulleres foron v\u00edtimas de feminicidios.<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0<\/span><\/p>\n<p>\u00a0<\/p>\n<p>Estes datos po\u00f1en de relevo a importancia de crear redes entre mulleres, de traballar dende o local para todas, entrecruzando f\u00edos que consoliden ese tecido, fomentando a atenci\u00f3n e o empoderamento necesario para afrontar esta situaci\u00f3n social. Po\u00f1endo, ademais, \u00e9nfase na necesidade de visibilizar o papel de quen acubilla e silencia estas violencias, pois quen lle outorga complicidade ao agresor e mira para outro lado tam\u00e9n \u00e9 culp\u00e1bel.<\/p>\n<p>\u00a0<\/p>\n<p>Desde o Concello de Zas\u00a0queremos reiterar neste 25 de novembro o noso compromiso para erradicar as violencias contra as mulleres, as\u00ed como a nosa obriga de combatelas con todos os recursos dispo\u00f1\u00edbeis ao noso alcance e inclu\u00edndo a todas e a todos nesta loita (axentes sociais, instituci\u00f3ns, cidadan\u00eda, medios de comunicaci\u00f3n\u2026); reco\u00f1ecendo, deste xeito, o importante papel das entidades locais como poderes p\u00fablicos pr\u00f3ximos \u00e1s realidades que viven mulleres e cativos.<\/p>\n<p>\u00a0<\/p>\n<p>Por iso, este 25 de novembro vest\u00edmonos de loito, no traballo, na casa e na r\u00faa, facendo visible os feminicidios, facendo visible as violencias. Porque non somos unha, nin d\u00faas, somos milleiros de persoas as que estamos fartas de aturar as violencias machistas. En xogo est\u00e1 a vida de milleiros de mulleres e, por iso<strong>, eu loito contra as violencias, loito contra o machismo.<\/strong><\/p>\n<p>\u00a0<\/p>\n<p>\u00a0<\/p>\n<p>\u00a0<\/p>\n<p>Novembro 2020<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>6\u00aa edicion de En Negro Contra as Violencias \u00a0 Este ano vai quedar marcado para a nosa memoria como o ano da COVID-19, pero, sen d\u00fabida, tam\u00e9n por moitas mulleres ser\u00e1 recordado como o ano no que tivemos que facer un esforzo adicional, exercendo, a\u00ednda que non o foramos, de ensinantes, psic\u00f3logas, coidadoras\u2026. Este aumento [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":24666,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"slim_seo":{"title":"Manifesto 25 de novembro de 2020 - Concello de Zas","description":"6\u00aa edicion de En Negro Contra as Violencias \u00a0 Este ano vai quedar marcado para a nosa memoria como o ano da COVID-19, pero, sen d\u00fabida, tam\u00e9n por moitas mullere"},"_slim_seo_primary_term_category":0,"_slim_seo_primary_term_post_tag":0,"footnotes":""},"categories":[10],"tags":[],"class_list":["post-24665","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-concello"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24665","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=24665"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24665\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media\/24666"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=24665"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=24665"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=24665"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}