{"id":24653,"date":"2020-10-28T19:41:15","date_gmt":"2020-10-28T18:41:15","guid":{"rendered":"https:\/\/concellodezas.gal\/o-concello-de-zas-celebra-o-mes-do-patrimonio-cun-programa-de-paseos-virtuais-polo-municipio\/"},"modified":"2025-09-25T11:52:02","modified_gmt":"2025-09-25T09:52:02","slug":"o-concello-de-zas-celebra-o-mes-do-patrimonio-cun-programa-de-paseos-virtuais-polo-municipio","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/o-concello-de-zas-celebra-o-mes-do-patrimonio-cun-programa-de-paseos-virtuais-polo-municipio\/","title":{"rendered":"O Concello de Zas celebra o Mes do Patrimonio cun programa de paseos virtuais polo municipio"},"content":{"rendered":"<p><em>Entre as actividades incl\u00faese tam\u00e9n a presentaci\u00f3n do libro \u201cZas polo Mi\u00fado\u201d nun acto que ter\u00e1 lugar o vindeiro 16 de novembro<\/em><\/p>\n<p>Cun formato adaptado \u00e1 situaci\u00f3n sanitaria provocada polo Covid-19, o Concello de Zas celebra o <strong>Mes do Patrimonio<\/strong> cun programa de paseos virtuais polo noso municipio coa finalidade de dar a co\u00f1ecer alg\u00fans dos elementos patrimoniais m\u00e1is destacados as\u00ed como de celebrar dun xeito diferente o D\u00eda Internacional do Patrimonio Mundial que se conmemora cada 16 de novembro.<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0<\/span><\/p>\n<p>Con este novo formato de paseos virtuais, a veci\u00f1anza poder\u00e1 achegarse en calquera momento e a un s\u00f3 clic a aqueles elementos patrimoniais m\u00e1is destacados do noso municipio. Para iso empregaremos as redes sociais oficiais \u201cConcello de Zas Actualidade Municipal\u201d e \u201cTurismo de Zas\u201d nas que se publicar\u00e1n cada d\u00eda varias fotograf\u00edas acompa\u00f1adas dunha breve explicaci\u00f3n sobre os elementos m\u00e1is destacados de cada paseo. En total realizaremos catro percorridos que se distribuir\u00e1n da seguinte maneira:<\/p>\n<ul>\n<li><strong>Zas, capital municipal<\/strong>. Do 2 ao 7 de novembro percorreremos a capital do noso municipio, Zas, visitando alg\u00fans dos elementos patrimoniais m\u00e1is destacados. O patrimonio funerario, a igrexa de Santo Andr\u00e9, a casa Consistorial, a casa da Torre, o mu\u00ed\u00f1o da Ponte e o pico do Castro ser\u00e1n algunhas das paradas que realizaremos na primeira semana de novembro.<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0<\/span><\/li>\n<li><strong>Mu\u00ed\u00f1o, antigo couto dos ozores<\/strong>. A parroquia de Mu\u00ed\u00f1o ser\u00e1 a segunda parada destes percorridos virtuais. Para iso do 9 ao 14 de novembro visitaremos as torres do Couto, cabazos, a igrexa de San Tirso de Mu\u00ed\u00f1o e as laudas medievais que podemos atopar nela as\u00ed como a capela e a fonte de Santa Margarida nas que cada 26 de xullo se xuntan ducias de romeiros.<\/li>\n<li><strong>Por Meanos e Loro\u00f1o<\/strong>. O seguinte paseo virtual realizar\u00e9molo polas parroquias de Meanos e Loro\u00f1o entre o 16 e o 21 de novembro. Al\u00ed deter\u00e9monos no pazo das Edreiras, na igrexa de San Marti\u00f1o de Meanos, co\u00f1eceremos a historia do Cristo de Meanos, achegar\u00e9monos ata o pazo de Romelle e o cruceiro que est\u00e1 na s\u00faa contorna e adentrar\u00e9monos nos retablos da igrexa de Loro\u00f1o.<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0<\/span><\/li>\n<li><strong>Brandomil, esencia romana.<\/strong> A \u00faltima parada destes paseos virtuais ser\u00e1 Brandomil. Teremos cinco d\u00edas &#8211; do 23 ao 28 de novembro &#8211; para co\u00f1ecer a s\u00faa esencia romana e para iso deter\u00e9monos na ponte, na igrexa e no castro de Brandomil, descubriremos os restos romanos que se agochan por todo o lugar, veremos os peculiares retablos da igrexa de Brando\u00f1as e descubriremos a maxia do pozo de Limideiro.<\/li>\n<\/ul>\n<p>Participar neste programa \u00e9 moi f\u00e1cil xa que tan s\u00f3 \u00e9 necesario ser seguidor de calquera das contas oficiais do Concello de Zas e de Turismo de Zas que se poden atopar nas diferentes redes sociais: Facebook, Twitter e Instagram.<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0<\/span><\/p>\n<p><strong>Presentaci\u00f3n do libro \u201cZas polo Mi\u00fado\u201d<\/strong><\/p>\n<p>Na programa de actividades do Mes do Patrimonio, organizado polo Concello de Zas a trav\u00e9s da Conceller\u00eda de Cultura, tam\u00e9n se incl\u00fae a presentaci\u00f3n do <strong>libro \u201cZas Polo Mi\u00fado\u201d<\/strong>, de Evaristo Dom\u00ednguez e Xos\u00e9 Mar\u00eda Lema nun acto ter\u00e1 lugar o luns 16 de novembro, coincidindo co D\u00eda Internacional do Patrimonio Mundial. \u00c1 presentaci\u00f3n asistir\u00e1n o Presidente da Deputaci\u00f3n de A Coru\u00f1a, Valent\u00edn Gonz\u00e1lez Formoso; o Vicepresidente da Deputaci\u00f3n de A Coru\u00f1a, Xos\u00e9 Regueira; o Alcalde de Zas, Manuel Mu\u00ed\u00f1o; ademais dos propios autores.<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0<\/span><\/p>\n<p>\u201cZas polo mi\u00fado\u201d \u00e9 un proxecto posto en marcha no 2016 co prop\u00f3sito de dar a co\u00f1ecer<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0 <\/span>e divulgar a historia de cada unha das 16 parroquias que compo\u00f1en o noso municipio. A documentaci\u00f3n, elaborada por Evaristo Dom\u00ednguez e Xos\u00e9 Mar\u00eda Lema, pode consultarse na p\u00e1xina web do Concello de Zas a trav\u00e9s da seguinte ligaz\u00f3n: <a href=\"..\/..\/..\/portal-cidadan\/zas-polo-miudo\/gl\">http:\/\/www.concellodezas.org\/portal-cidadan\/zas-polo-miudo\/gl<\/a><\/p>\n<p>\u00a0<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Entre as actividades incl\u00faese tam\u00e9n a presentaci\u00f3n do libro \u201cZas polo Mi\u00fado\u201d nun acto que ter\u00e1 lugar o vindeiro 16 de novembro Cun formato adaptado \u00e1 situaci\u00f3n sanitaria provocada polo Covid-19, o Concello de Zas celebra o Mes do Patrimonio cun programa de paseos virtuais polo noso municipio coa finalidade de dar a co\u00f1ecer alg\u00fans [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":24654,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"slim_seo":{"title":"O Concello de Zas celebra o Mes do Patrimonio cun programa de paseos virtuais polo municipio - Concello de Zas","description":"Entre as actividades incl\u00faese tam\u00e9n a presentaci\u00f3n do libro \u201cZas polo Mi\u00fado\u201d nun acto que ter\u00e1 lugar o vindeiro 16 de novembro Cun formato adaptado \u00e1 situaci\u00f3n"},"footnotes":""},"categories":[10],"tags":[],"class_list":["post-24653","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-concello"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24653","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=24653"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24653\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media\/24654"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=24653"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=24653"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=24653"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}