{"id":24485,"date":"2019-12-18T17:53:26","date_gmt":"2019-12-18T16:53:26","guid":{"rendered":"https:\/\/concellodezas.gal\/o-goberno-municipal-de-zas-rexeita-os-chios-do-cura-e-reitera-que-estas-ideas-non-representan-a-vecinanza\/"},"modified":"2025-09-25T11:50:43","modified_gmt":"2025-09-25T09:50:43","slug":"o-goberno-municipal-de-zas-rexeita-os-chios-do-cura-e-reitera-que-estas-ideas-non-representan-a-vecinanza","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/o-goberno-municipal-de-zas-rexeita-os-chios-do-cura-e-reitera-que-estas-ideas-non-representan-a-vecinanza\/","title":{"rendered":"O Goberno Municipal de Zas rexeita os ch\u00edos do cura e reitera que estas ideas non representan \u00e1 veci\u00f1anza"},"content":{"rendered":"<p><em>O Alcalde de Zas, Manuel Mu\u00ed\u00f1o, sinalou sentirse molesto pola imaxe que se est\u00e1 a transmitir de Zas en diversos medios de comunicaci\u00f3n a ra\u00edz destes comentarios<\/em><br \/>\u00a0<\/p>\n<p>O Goberno Municipal do Concello de Zas v\u00e9n de facer p\u00fablico o seu rexeitamento aos comentarios que realizou en d\u00edas pasados un dos curas que exerce no municipio a traves da s\u00faa conta de Twitter. \u201cComo grupo de goberno estamos do\u00eddos e decepcionados pola imaxe que se est\u00e1 a transmitir estes d\u00edas sobre Zas nos medios de comunciaci\u00f3n\u201d, sinala o Alcalde de Zas, Manuel Mu\u00ed\u00f1o Espasand\u00edn.<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0<\/span><\/p>\n<p>Seg\u00fan declaraci\u00f3ns do rexedor, o grupo de goberno rexeita \u201cpor completo\u201d os comentarios realizados polo cura no que c<strong>hamou \u201cmanada de cerdas\u201d \u00e1s feministas<\/strong> e <strong>\u201cgilipollas\u201d aos votantes do BNG<\/strong>. Xunto con estes, a conta de Twitter conti\u00f1a unha gran cantidade de ch\u00edos nos que expresaba unhas opini\u00f3ns que para Manuel Mu\u00ed\u00f1o responden aos ideais de Vox. \u201cDe momento en Galicia as persoas que pensan as\u00ed non te\u00f1en representaci\u00f3n\u201d, aclarou Mu\u00ed\u00f1o en relaci\u00f3n a Vox. Os comentarios foron borrados despois de que se viralizaran nas redes.<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0<\/span><\/p>\n<p>\u201cEste tipo de comentarios non \u00e9 algo sintom\u00e1tico do noso municipio\u201d, aclarou o rexedor despois de que a nova tivera repercusi\u00f3n en medios de tirada nacional. \u201cA n\u00f3s gustar\u00edanos que o noso concello sa\u00edse nos medios de comunicaci\u00f3n por outros temas como que, por exemplo, a Festa da Carballeira est\u00e1 a piques de ser declarada Festa de Interese Tur\u00edstico, ou que somos un concello modelo en facer charlas nos centros educativos sobre a violencia de x\u00e9nero, ou que fomos un dos primeiros municipios da zona que nos sumamos \u00e1 campa\u00f1a \u201cEn Negro contra as Violencias\u201d, etc\u201d, indicou Mu\u00ed\u00f1o. Por este motivo, pediulle aos representantes dos medios de comunicaci\u00f3n que contrib\u00faan a que a imaxe que se est\u00e1 a dar de Zas a ra\u00edz dos comentarios realizados polo cura non representan \u201cpara nada\u201d \u00e1 veci\u00f1anza de Zas. \u201cSomos xente razonable, tolerante, que respecta as ideas dos demais e que temos un clima pol\u00edtico moi tranquilo no que o BNG goberna dende hai 12 anos\u201d, sentenciou Manuel Mu\u00ed\u00f1o.<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0<\/span><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O Alcalde de Zas, Manuel Mu\u00ed\u00f1o, sinalou sentirse molesto pola imaxe que se est\u00e1 a transmitir de Zas en diversos medios de comunicaci\u00f3n a ra\u00edz destes comentarios\u00a0 O Goberno Municipal do Concello de Zas v\u00e9n de facer p\u00fablico o seu rexeitamento aos comentarios que realizou en d\u00edas pasados un dos curas que exerce no municipio [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":24486,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"slim_seo":{"title":"O Goberno Municipal de Zas rexeita os ch\u00edos do cura e reitera que estas ideas non representan \u00e1 veci\u00f1anza - Concello de Zas","description":"O Alcalde de Zas, Manuel Mu\u00ed\u00f1o, sinalou sentirse molesto pola imaxe que se est\u00e1 a transmitir de Zas en diversos medios de comunicaci\u00f3n a ra\u00edz destes comentarios"},"footnotes":""},"categories":[10],"tags":[],"class_list":["post-24485","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-concello"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24485","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=24485"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24485\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media\/24486"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=24485"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=24485"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=24485"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}