{"id":24400,"date":"2019-07-24T09:03:49","date_gmt":"2019-07-24T07:03:49","guid":{"rendered":"https:\/\/concellodezas.gal\/as-catas-arqueoloxicas-iniciadas-polo-concello-de-zas-confirman-a-existencia-dunha-via-empedrada-de-gran-tamano-en-brandomil\/"},"modified":"2025-09-25T11:49:55","modified_gmt":"2025-09-25T09:49:55","slug":"as-catas-arqueoloxicas-iniciadas-polo-concello-de-zas-confirman-a-existencia-dunha-via-empedrada-de-gran-tamano-en-brandomil","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/as-catas-arqueoloxicas-iniciadas-polo-concello-de-zas-confirman-a-existencia-dunha-via-empedrada-de-gran-tamano-en-brandomil\/","title":{"rendered":"As catas arqueol\u00f3xicas iniciadas polo Concello de Zas confirman a existencia dunha v\u00eda empedrada de gran tama\u00f1o en Brandomil"},"content":{"rendered":"<ul>\n<li><em>Os resultados preliminares da intervenci\u00f3n mostran unha excelente conservaci\u00f3n do Cami\u00f1o que, segundo o arque\u00f3logo Lino Gorgoso, acada nalg\u00fans puntos m\u00e1is de 5 metros de ancho<\/em><em>\u00a0<\/em><\/li>\n<\/ul>\n<ul>\n<li><em>A\u00ednda que os resultados sobre a cronolox\u00eda da v\u00eda non son conclu\u00edntes, para os arque\u00f3logos \u00e9 compatible cunha v\u00eda romana ou polo menos moi antiga<\/em><\/li>\n<\/ul>\n<p>As catas arqueol\u00f3xicas realizadas ao longo destes d\u00edas en Brandomil, baixo a direcci\u00f3n do arque\u00f3logo Lino Gorgoso, confirman a existencia dunha <strong>v\u00eda empedrada de gran tama\u00f1o<\/strong> que, nalg\u00fans puntos, acada m\u00e1is de cinco metros de ancho e que en ocasi\u00f3n chega incluso a meterse debaixo dos muros delimitadores das fincas colindantes.<\/p>\n<p>Segundo indica Lino Gorgoso, tr\u00e1tase dun cami\u00f1o realizado con lousas encastradas a modo de chapacu\u00f1a e con superficie alombada no centro, que mesmo conta con verteaugas en cada un dos seus laterais. Alg\u00fans dos veci\u00f1os e veci\u00f1as de m\u00e1is idade afirman recordar esta v\u00eda ainda que non na s\u00faa actual extensi\u00f3n escavada.<\/p>\n<p>Grazas \u00e1 fotograf\u00eda antiga e coa axuda da veci\u00f1anza, o Concello de Zas promoveu a realizaci\u00f3n destas catas arqueol\u00f3xicas sobre unha v\u00eda antiga que bordea \u00f3 R\u00edo Xallas e chega ata a ponte, empregada durante s\u00e9culos at\u00e9 a construci\u00f3n da estrada actual que leva a Mux\u00eda a comezos dos anos corenta do s\u00e9culo XX.<\/p>\n<p>Os resultados preliminares da intervenci\u00f3n arqueol\u00f3xica promovida polo Concello de Zas deixan \u00e1 vista un total de cinco tramos do cami\u00f1o, catas de diferentes tama\u00f1os, seriamente dificultadas pola existencia de canles de auga que discorren cara a praia fluvial do Xallas. Segundo indica Gorgoso, o cami\u00f1o ten unha conservaci\u00f3n moi boa na maior parte das mesmas, apreci\u00e1ndose incluso a continuidade baixo os recheos da referida praia fluvial. A localizaci\u00f3n de t\u00e9gulas romanas (tellas planas) sobre o lousado parece indicar unha cronolox\u00eda antiga do mesmo, pero a\u00ednda non existen pezas diagn\u00f3sticas por debaixo, polo que os resultados sobre a cronolox\u00eda da v\u00eda a\u00ednda non son conclu\u00edntes a pesares de que a tipolox\u00eda e aspecto da mesma \u00e9, para os arque\u00f3logos, compatible cunha v\u00eda romana ou polo menos moi antiga.<\/p>\n<p>Tanto o Alcalde do Concello de Zas, Manuel Mu\u00ed\u00f1o Espasand\u00edn, como Eugenio Rodr\u00edguez Puentes, Arque\u00f3logo do Servizo de Arqueolox\u00eda da Xunta de Galicia, estiveron presentes durante as distintas intervenci\u00f3ns realizadas e ambos coincidiron en expresar expresaron o grande interese que despertan estas boas novas arqueol\u00f3xicas.<\/p>\n<p>Os resultados satisfactorios desta intervenci\u00f3n e a implicaci\u00f3n da veci\u00f1anza achegando informaci\u00f3n sobre este cami\u00f1o hist\u00f3rico e visitando acot\u00edo as calas arqueol\u00f3xicas, aconsellar\u00edan \u00e1 realizaci\u00f3n dunha segunda fase que deixe \u00f3 descuberto esta importante v\u00eda escondida e con tanta historia a\u00ednda por revelar.<\/p>\n<p><strong>Brandomil, un referente da arqueolox\u00eda<\/strong><\/p>\n<p>Brandomil \u00e9, dende o s\u00e9culo XIX, un referente da arqueolox\u00eda de Galicia debido tanto \u00e1 grande cantidade de restos romanos localizados, como \u00e1 s\u00faa ponte medieval e \u00f3 castro que leva o nome da aldea. Un dos principais temas de estudio dos arque\u00f3logos \u00e9 a existencia dunha v\u00eda romana que pasar\u00eda por Brandomil, denominada <em>Via XX per loca maritima<\/em> no Itinerario de Antonino, que un\u00eda Braga con Lugo pola costa, at\u00e9 Brigantium (A Coru\u00f1a).<\/p>\n<p>A existencia dun miliario e posiblemente outro inxerido na ponte levou a varios autores a afirmar que Brandomil corresponder\u00edase, en \u00e9poca romana, cunha gran poboaci\u00f3n urbana, denominada <em>Grandimirum<\/em> ou quizais <em>Ad Duos Pontes<\/em>.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Os resultados preliminares da intervenci\u00f3n mostran unha excelente conservaci\u00f3n do Cami\u00f1o que, segundo o arque\u00f3logo Lino Gorgoso, acada nalg\u00fans puntos m\u00e1is de 5 metros de ancho\u00a0 A\u00ednda que os resultados sobre a cronolox\u00eda da v\u00eda non son conclu\u00edntes, para os arque\u00f3logos \u00e9 compatible cunha v\u00eda romana ou polo menos moi antiga As catas arqueol\u00f3xicas realizadas [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":24401,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"slim_seo":{"title":"As catas arqueol\u00f3xicas iniciadas polo Concello de Zas confirman a existencia dunha v\u00eda empedrada de gran tama\u00f1o en Brandomil - Concello de Zas","description":"Os resultados preliminares da intervenci\u00f3n mostran unha excelente conservaci\u00f3n do Cami\u00f1o que, segundo o arque\u00f3logo Lino Gorgoso, acada nalg\u00fans puntos m\u00e1is de 5"},"footnotes":""},"categories":[10],"tags":[],"class_list":["post-24400","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-concello"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24400","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=24400"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24400\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media\/24401"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=24400"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=24400"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=24400"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}