{"id":24220,"date":"2018-12-28T18:18:02","date_gmt":"2018-12-28T17:18:02","guid":{"rendered":"https:\/\/concellodezas.gal\/o-concello-de-zas-destina-1-de-cada-4-euros-do-orzamento-do-2019-a-investimentos\/"},"modified":"2025-12-22T16:53:15","modified_gmt":"2025-12-22T15:53:15","slug":"o-concello-de-zas-destina-1-de-cada-4-euros-do-orzamento-do-2019-a-investimentos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/o-concello-de-zas-destina-1-de-cada-4-euros-do-orzamento-do-2019-a-investimentos\/","title":{"rendered":"O Concello de Zas destina 1 de cada 4 euros do orzamento do 2019 a investimentos"},"content":{"rendered":"<ul>\n<li><em>O Goberno municipal aprobou hoxe, cos votos a favor do BNG e coa abstenci\u00f3n do PP, os orzamentos do 2019 que ascenden a <\/em>185.518,10 euros, un 3,59% m\u00e1is ca no 2018<\/li>\n<li><em>A construci\u00f3n do tanatorio de Zas ( 454.000 euros) e as axudas \u00e1 dependencia (479.000 euros) exemplifican o compromiso do Goberno Municipal coas pol\u00edticas sociais <\/em><\/li>\n<\/ul>\n<p>\u00a0<\/p>\n<p>A corporaci\u00f3n municipal do Concello de Zas v\u00e9n de aprobar no pleno extraordinario celebrado esta ma\u00f1\u00e1 o orzamento para o 2019 que ascende a <strong>4.185.518,10\u20ac; un 3,59% m\u00e1is que o do 2018<\/strong>. A proposta presentada e defendida polo goberno do BNG aprobouse, coa abstenci\u00f3n do PP, nunha sesi\u00f3n plenaria duns vinte minutos de duraci\u00f3n.<\/p>\n<p>As\u00ed no 2019, o Concello de Zas xestionar\u00e1 uns orzamentos que, segundo o Alcalde de Zas \u2013 Manuel Mu\u00ed\u00f1o \u2013\u00a0 \u201cson conservadores e, ao mesmo tempo, expansivos xa que reflicten o noso compromiso cos servizos p\u00fablicos e coas pol\u00edticas sociais que, en definitiva, se traduce na mellora da calidade de vida da nosa veci\u00f1anza\u201d. A construci\u00f3n do tanatorio de Zas, o mantemento das infraestruturas viarias e as pol\u00edticas sociais son os eixos principais dos orzamentos para o pr\u00f3ximo ano. En canto aos ingresos, o Concello de Zas mant\u00e9n os \u00a0niveis do \u00faltimo ano malia a non incrementar a carga impositiva para a veci\u00f1anza.<\/p>\n<p><strong>Principais investimentos<\/strong><\/p>\n<p>Os <strong>gastos de persoal<\/strong>, correspondentes ao cap\u00edtulo 1, representan o 21,47% dos orzamentos para o 2019. Unha cifra que para o equipo\u00a0 de goberno do BNG de Zas \u00e9 \u201cconservadora e axeitada\u201d e que se corresponde coas necesidades de persoal que ten o Concello de Zas. Os <strong>gastos correntes de bens e servizos<\/strong>, relativos ao cap\u00edtulo 2 dos orzamentos, ascende a 2.109.794,76 euros o que sup\u00f3n o 50,40%. Esta \u00e9 unha partida que lle permite ao Concello de Zas sufragar os gastos derivados da xesti\u00f3n do lixo, do alumeado p\u00fablico, do mantemento das instalaci\u00f3ns deportivas, entre outros, e que segundo valorou Manuel Mu\u00ed\u00f1o \u201cpermite manter no mellor estado de conservaci\u00f3n posible as nosas infraestruturas evitando as\u00ed o seu deterioro\u201d.<\/p>\n<p>O cap\u00edtulo 6, relativo aos <strong>investimentos reais<\/strong>, representa o 25,48% dos orzamentos o que se traduce en 1.066.845,02 euros. Neste apartado, o Alcalde de Zas destacou que \u00e9 unha cifra \u201cconservadora\u201d xa que non se contemplan actuaci\u00f3ns que xa est\u00e1n comprometidas por outras administraci\u00f3ns como a Xunta de Galicia e a Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a. Neste sentido, esta partida &#8211; que permite acometer obras de importancia para o municipio como son o mantemento e a conservaci\u00f3n da rede viaria municipal e dos edificios p\u00fablicos as\u00ed como os servizos sociais &#8211;\u00a0 incrementarase ao final do exercicio 2019. En canto as principais obras que se contemplan no orzamento para o 2019 destacan:<\/p>\n<ul>\n<li>Renovaci\u00f3n das beirarr\u00faas en Baio C-545: 117.899,34 euros<\/li>\n<li>MCR estradas Gomar\u00eds-Art\u00f3n e Andregalla-Penedo (POS+ 2019): 67.869,06 euros<\/li>\n<li>Mellora das estradas municipais de O Allo, San Cremenzo, G\u00e1ndara, Mira, Zas, Loro\u00f1o, Roma, Meanos e Brando\u00f1as (POS 2019): 106.466,11 euros<\/li>\n<li>Mellora das estradas municipais de Brandomil, Mu\u00ed\u00f1o e Meanos (POS+ 2019): 91.426,90\u20ac<\/li>\n<li>Aglomerado nas parroquias de Zas, Baio e San Adri\u00e1n (POS+ 2019): 98.698,67 euros<\/li>\n<li>Inversi\u00f3n de reposici\u00f3n de infraestruturas viarias: 90.000 \u20ac<\/li>\n<li>Inversi\u00f3n de reposici\u00f3n de infraestruturas abastecemento: 000\u20ac<\/li>\n<li>Inversi\u00f3n de reposici\u00f3n de infraestruturas saneamento: 10.000\u20ac<\/li>\n<li>Construci\u00f3n do tanatorio de Zas: 454.484,94\u20ac<\/li>\n<li>Inversi\u00f3n de reposici\u00f3n en infraestruturas de A.P.: 3.000\u20ac<\/li>\n<li>Adquisici\u00f3n de mobiliario deportivo: 2.000\u20ac<\/li>\n<li>Adquisici\u00f3n de equipos inform\u00e1ticos: 3.000\u20ac<\/li>\n<li>Mobiliario: 6.000\u20ac<\/li>\n<\/ul>\n<p><strong>Pol\u00edtica social<\/strong><\/p>\n<p>Os Servizos Sociais e a Promoci\u00f3n Social son outro dos piares dos orzamentos para o 2019 do Concello de Zas xa que supo\u00f1en case o 15% do total o que se traduce en 621.829,96 euros. Dentro deste apartado destacan as partidas destinadas \u00e1 dependencia (479.216,52 euros) e a axudas para estudantes (30.000 euros). Durante a s\u00faa intervenci\u00f3n no pleno, o Alcalde de Zas ratificou o compromiso do Concello de Zas coa pol\u00edtica social compar\u00e1ndoo con outros municipios da zona e incluso coa propia administraci\u00f3n auton\u00f3mica. \u201cUn 11,44% do orzamento do Concello de Zas destinase \u00e1 dependencia; unha cifra bastante superior \u00e1 da Xunta de Galicia que destina a esta partida o 3,88% do seu orzamento\u201d, sinala Mu\u00ed\u00f1o.<\/p>\n<p>Entre as prioridades do Goberno do BNG de Zas tam\u00e9n est\u00e1 a creaci\u00f3n de emprego que se reflicte nunha partida de 57.000 euros para o <strong>plan de emprego<\/strong> co que o Concello acometer\u00e1 pequenas obras de mantemento municipal.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O Goberno municipal aprobou hoxe, cos votos a favor do BNG e coa abstenci\u00f3n do PP, os orzamentos do 2019 que ascenden a 185.518,10 euros, un 3,59% m\u00e1is ca no 2018 A construci\u00f3n do tanatorio de Zas ( 454.000 euros) e as axudas \u00e1 dependencia (479.000 euros) exemplifican o compromiso do Goberno Municipal coas pol\u00edticas [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":5,"featured_media":24221,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"slim_seo":{"title":"O Concello de Zas destina 1 de cada 4 euros do orzamento do 2019 a investimentos - Concello de Zas","description":"O Goberno municipal aprobou hoxe, cos votos a favor do BNG e coa abstenci\u00f3n do PP, os orzamentos do 2019 que ascenden a 185.518,10 euros, un 3,59% m\u00e1is ca no 20"},"_slim_seo_primary_term_category":0,"_slim_seo_primary_term_post_tag":0,"footnotes":""},"categories":[10],"tags":[],"class_list":["post-24220","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-concello"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24220","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/users\/5"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=24220"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24220\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":29322,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24220\/revisions\/29322"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media\/24221"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=24220"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=24220"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=24220"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}