{"id":24160,"date":"2018-10-04T13:36:18","date_gmt":"2018-10-04T11:36:18","guid":{"rendered":"https:\/\/concellodezas.gal\/zas-polo-miudo-percorre-as-duas-igrexas-o-movemento-asociativo-e-os-persoeiros-de-baio\/"},"modified":"2025-12-22T16:53:17","modified_gmt":"2025-12-22T15:53:17","slug":"zas-polo-miudo-percorre-as-duas-igrexas-o-movemento-asociativo-e-os-persoeiros-de-baio","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/zas-polo-miudo-percorre-as-duas-igrexas-o-movemento-asociativo-e-os-persoeiros-de-baio\/","title":{"rendered":"\u201cZas polo mi\u00fado\u201d percorre as d\u00faas igrexas, o movemento asociativo e os persoeiros de Baio"},"content":{"rendered":"<p><em>Con esta nova entrega, xa est\u00e1 na p\u00e1xina web do Concello de Zas toda a informaci\u00f3n sobre as 16 parroquias que compo\u00f1en o municipio<\/em><\/p>\n<p>\u00a0<\/p>\n<p><a href=\"..\/..\/..\/media\/documentos\/BAIO_I_PARTE.pdf\">Despois de repasar nunha primeira parte os aspectos xerais da <strong>parroquia de Baio<\/strong><\/a>, xa se pode consultar na p\u00e1xina web do Concello de Zas<a href=\"\u201cUna Mente Maravillosa\u201d \u00e9 una historia basada nun feito ver\u00eddico: a vida do matem\u00e1tico John Nash, quen recibiu o premio Nobel de Matem\u00e1ticas do ano 1994. Co\u00f1ecedes esta pel\u00edcula? Cee - Santiago de Compostela   666 90 47 55   formate@mail.com #matem\u00e1ticas #unamentemaravillosa #academia #universidade https:\/\/www.youtube.com\/watch?v=h_B16qD89aM\"> unha segunda entrega<\/a> na que se abordan distintas curiosidades sobre a vila tales como o feito de ter d\u00faas igrexas, alg\u00fans dos persoeiros m\u00e1is relevantes nacidos ou vinculados con Baio, o seu movemento asociativo con algunhas das entidades deportivas e culturais m\u00e1is antigas da comarca, as festas e a relaci\u00f3n de bens do patrimonio art\u00edstico e arqueol\u00f3xico.<\/p>\n<p>Toda a informaci\u00f3n foi recompilada por Evaristo Dom\u00ednguez Rial e Xos\u00e9 Mar\u00eda Lema e na presentaci\u00f3n desta 2\u00aa parte destacan que \u201cesta parroquia caracter\u00edzase polos moitos persoeiros que naceron nela ou que tiveron relaci\u00f3n con ela\u201d. No enlace p\u00f3dese consultar a vida e obra de veci\u00f1os como Agust\u00edn Mart\u00ednez Ribera, retablista e escultor; Manuel Mart\u00ednez Pose, mestre de capela e organista da catedral de Tui; Enrique Labarta Pose, poeta festivo e narrador de contos; Teodoro Morgade, poeta intimista morto na flor da mocidade; Xos\u00e9 Collazo Mart\u00ednez, canteiro e poeta emigrado en Buenos Aires; Roberto Veloso<span style=\"text-decoration: underline;\">,<\/span>\u00a0cofundador das Mocedades Galeguistas de Buenos Aires; Carmen Balboa\u00a0L\u00f3pez, represaliada polo franquismo por ser irm\u00e1 de quen era e mestra; Xos\u00e9 Romero Lema,\u00a0galeguista e amigo do poeta Manuel Antonio; Francisco Romero Lema,\u00a0cronista local, estudoso da obra de Labarta e importante lexic\u00f3grafo; Maximino Romero Lema,\u00a0arcebispo, alta xerarqu\u00eda no Vaticano co papa Paulo VI e Fillo Predilecto de Baio pola s\u00faa filantrop\u00eda; Ux\u00edo Romero Pose, bispo auxiliar de Madrid e prestixioso investigador da Historia da Igrexa; Ovidio Vidal R\u00edos,\u00a0xeneral do Ex\u00e9rcito e ilustre endocrin\u00f3logo; Jorge Mira P\u00e9rez, catedr\u00e1tico Electromagnetismo da USC e importante divulgador da ciencia; Ricardo Garc\u00eda Mira\u00a0catedr\u00e1tico de Psicolox\u00eda Social da UDC e deputado no Congreso dos Deputados; Jos\u00e9 Santos Reyes, catedr\u00e1tico de Ciencias da Computaci\u00f3n e Intelixencia Artificial da UDC; e Pepe de Vali\u00f1a,\u00a0destacado animador cultural e veci\u00f1al.<\/p>\n<p><strong>Informaci\u00f3n de interese<\/strong><\/p>\n<p>Con esta nova entrega,\u00a0 <a href=\"..\/..\/..\/portal-cidadan\/zas-polo-miudo\/gl\">xa est\u00e1 na rede toda a informaci\u00f3n polo mi\u00fado das 16 parroquias que compo\u00f1en o municipio de Zas<\/a>.<\/p>\n<p><strong>\u201cZas polo mi\u00fado\u201d<\/strong> \u00e9 unha iniciativa posta en marcha polo Concello de Zas, a trav\u00e9s da Conceller\u00eda de Cultura, grazas a cal a veci\u00f1anza disp\u00f3n na rede informaci\u00f3n detallada e ampliada sobre todas e cada unha das nosas parroquias resaltando datos demogr\u00e1ficos, xeogr\u00e1ficos, festas, patrimonio, persoeiros e outras curiosidades. Ao longo destes meses, este foi un dos apartados m\u00e1is visitados dentro da web municipal.<\/p>\n<p>\u00a0<\/p>\n<p>Podes consultar a segunda parte completa <a href=\"\u201cUna Mente Maravillosa\u201d \u00e9 una historia basada nun feito ver\u00eddico: a vida do matem\u00e1tico John Nash, quen recibiu o premio Nobel de Matem\u00e1ticas do ano 1994. Co\u00f1ecedes esta pel\u00edcula? Cee - Santiago de Compostela   666 90 47 55   formate@mail.com #matem\u00e1ticas #unamentemaravillosa #academia #universidade https:\/\/www.youtube.com\/watch?v=h_B16qD89aM\">aqu\u00ed<\/a>.\u00a0<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Con esta nova entrega, xa est\u00e1 na p\u00e1xina web do Concello de Zas toda a informaci\u00f3n sobre as 16 parroquias que compo\u00f1en o municipio \u00a0 Despois de repasar nunha primeira parte os aspectos xerais da parroquia de Baio, xa se pode consultar na p\u00e1xina web do Concello de Zas unha segunda entrega na que se [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":5,"featured_media":24161,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"slim_seo":{"title":"\u201cZas polo mi\u00fado\u201d percorre as d\u00faas igrexas, o movemento asociativo e os persoeiros de Baio - Concello de Zas","description":"Con esta nova entrega, xa est\u00e1 na p\u00e1xina web do Concello de Zas toda a informaci\u00f3n sobre as 16 parroquias que compo\u00f1en o municipio \u00a0 Despois de repasar nunha pr"},"_slim_seo_primary_term_category":0,"_slim_seo_primary_term_post_tag":0,"footnotes":""},"categories":[10],"tags":[],"class_list":["post-24160","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-concello"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24160","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/users\/5"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=24160"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24160\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":29356,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24160\/revisions\/29356"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media\/24161"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=24160"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=24160"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=24160"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}