{"id":24091,"date":"2018-07-20T09:14:12","date_gmt":"2018-07-20T07:14:12","guid":{"rendered":"https:\/\/concellodezas.gal\/a-semana-cultural-enchera-zas-de-animacion-entre-o-29-de-xullo-e-o-4-de-agosto\/"},"modified":"2025-12-22T16:53:20","modified_gmt":"2025-12-22T15:53:20","slug":"a-semana-cultural-enchera-zas-de-animacion-entre-o-29-de-xullo-e-o-4-de-agosto","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/a-semana-cultural-enchera-zas-de-animacion-entre-o-29-de-xullo-e-o-4-de-agosto\/","title":{"rendered":"A Semana Cultural encher\u00e1 Zas de animaci\u00f3n entre o 29 de xullo e o 4 de agosto"},"content":{"rendered":"<p><em>Obradoiros, exposici\u00f3ns, teatro, mon\u00f3logos e d\u00faas rutas pola nosa arqueolox\u00eda ser\u00e1n alg\u00fan dos pratos fortes da programaci\u00f3n que culmina coa <strong>XXXV Festa da Carballeira<\/strong><\/em><\/p>\n<p>\u00a0<\/p>\n<p>Xa est\u00e1 aqu\u00ed unha nova edici\u00f3n da <strong>Semana Cultural<\/strong> que o Concello de Zas organiza ao redor da Festa da Carballeira. As\u00ed, durante seis d\u00edas Zas ser\u00e1 un fervedoiro de actividades gratu\u00edtas para todos os p\u00fablicos: exposici\u00f3ns, obradoiros, teatro, mon\u00f3logos,\u2026 que culminar\u00e1n coa XXXV Festa da Carballeira.<\/p>\n<p>Pablo D\u00edaz, Paco Nogueiras Marcos Pereiro, Lu\u00eds Iglesia e o bai\u00e9s Jorge Mira, entre outros referentes da cultura galega, traer\u00e1n os seus traballos a Zas entre o 29 de xullo e o 4 de agosto. O programa completo da Semana Cultural poder\u00e1se recoller impreso nas distintas dependencias municipais ou descargalo nesta nova. A maior parte das actividades desenvolveranse no Centro Sociocultural de Zas polo que \u00e9ste ser\u00e1 un aut\u00e9ntico fervedoiro de actividade. As actividades que se realizar\u00e1n polas ma\u00f1\u00e1ns estar\u00e1n dirixidas principalmente aos m\u00e1is novos e entre elas destacan algunhas como obradoiros de coci\u00f1a, contacontos, espect\u00e1culos de humor e maxia e concertos musicais como <strong>\u201cTic, Tac Toc, Canta comigo\u201d<\/strong> de Pablo D\u00edaz ou \u201c<strong>Radio Bulebule\u201d<\/strong> de Paco Nogueiras.<\/p>\n<p>A actividade continuar\u00e1 polas tardes con distintas propostas para diferentes p\u00fablicos como un curso de iniciaci\u00f3n de percusi\u00f3n e baile tradicional, un taller de fotograf\u00eda e outro de decoraci\u00f3n con bastidores e m\u00e1is obradoiros de coci\u00f1a infant\u00eds. A actividade non cesar\u00e1 nin polas noites, xa que todos os d\u00edas a partir das 21:30 horas haber\u00e1 propostas moi atractivas para o p\u00fablico adulto tales como <strong>\u201cDura Lex\u201d,<\/strong> un mon\u00f3logo de Volta e Dalle Teatro; <strong>\u201cC\u00f3mo ser un armario empotrado\u201d<\/strong> con Marcos Pereiro; ou <strong>\u201cSenior\u201d,<\/strong> unha obra de teatro protagonizada por Marcos Orsi e Lu\u00eds Iglesia.<\/p>\n<p>Pero os dous pratos fortes da Semana Cultural son dous roteiros a trav\u00e9s dos cales os participantes ter\u00e1n unha oportunidade \u00fanica de afondar sobre a riqueza arqueol\u00f3xica do noso municipio. A primeira delas ser\u00e1 unha<strong> \u201cVisita ao Patrimonio Arqueol\u00f3xico do Concello de Zas\u201d<\/strong> que se realizar\u00e1 o martes 31 de xullo, na que se visitar\u00e1n lugares como Pedra Vix\u00eda, Arca da Piosa e a Ponte de Brandomil. Ao d\u00eda seguinte, 1 de agosto, o f\u00edsico Jorge Mira encargarase de guiar o roteiro <strong>\u201cUnha ollada ao firmamento\u201d<\/strong> no que se realizar\u00e1 unha observaci\u00f3n astron\u00f3mica dende a Arca da Piosa, ou tam\u00e9n co\u00f1ecida como a tumba do guerreiro Brandomil. En calquera das d\u00faas rutas combinaranse desprazamentos en autob\u00fas e pequenas cami\u00f1adas polo que para participar \u00e9 necesario anotarse previamente.<\/p>\n<p>\u00a0<\/p>\n<p>A programaci\u00f3n da Semana Cultural pecharase cunha dos eventos de maior identidade do noso concello: a <strong>Festa da Carballeira<\/strong> que nesta\u00a0<a href=\"..\/..\/..\/portal-cidadan\/noticia\/gl\/684\">XXXV edici\u00f3n volve m\u00e1is folk ca nunca<\/a> cun cartel no que destacan S\u00e9s, Xabier D\u00edaz, Astarot e grupos internacionais como Niamh N\u00ed Charra, Fatty Farmers, Harmonica Creams ou M\u00e0nran, entre outros. As entradas para o festival xa est\u00e1n \u00e1 venta a trav\u00e9s da p\u00e1xina web <a href=\"http:\/\/www.festadacarballeira.com\">www.festadacarballeira.com<\/a>. E co fin de que toda a veci\u00f1anza participe neste evento o Concello de Zas pon a disposici\u00f3n de cada vivenda d\u00faas invitaci\u00f3ns para acceder de forma gratu\u00edta ao festival. As entradas poder\u00e1n retirarse nas oficinas municipais ata o 3 de agosto.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Obradoiros, exposici\u00f3ns, teatro, mon\u00f3logos e d\u00faas rutas pola nosa arqueolox\u00eda ser\u00e1n alg\u00fan dos pratos fortes da programaci\u00f3n que culmina coa XXXV Festa da Carballeira \u00a0 Xa est\u00e1 aqu\u00ed unha nova edici\u00f3n da Semana Cultural que o Concello de Zas organiza ao redor da Festa da Carballeira. As\u00ed, durante seis d\u00edas Zas ser\u00e1 un fervedoiro de [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":5,"featured_media":24092,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"slim_seo":{"title":"A Semana Cultural encher\u00e1 Zas de animaci\u00f3n entre o 29 de xullo e o 4 de agosto - Concello de Zas","description":"Obradoiros, exposici\u00f3ns, teatro, mon\u00f3logos e d\u00faas rutas pola nosa arqueolox\u00eda ser\u00e1n alg\u00fan dos pratos fortes da programaci\u00f3n que culmina coa XXXV Festa da Carbal"},"footnotes":""},"categories":[10],"tags":[],"class_list":["post-24091","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-concello"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24091","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/users\/5"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=24091"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24091\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":29404,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24091\/revisions\/29404"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media\/24092"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=24091"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=24091"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=24091"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}