{"id":24072,"date":"2018-07-06T16:25:08","date_gmt":"2018-07-06T14:25:08","guid":{"rendered":"https:\/\/concellodezas.gal\/o-concello-de-zas-pon-en-marcha-un-amplo-programa-de-conciliacion-laboral-e-familiar\/"},"modified":"2025-12-22T16:53:20","modified_gmt":"2025-12-22T15:53:20","slug":"o-concello-de-zas-pon-en-marcha-un-amplo-programa-de-conciliacion-laboral-e-familiar","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/o-concello-de-zas-pon-en-marcha-un-amplo-programa-de-conciliacion-laboral-e-familiar\/","title":{"rendered":"O Concello de Zas pon en marcha un amplo programa de conciliaci\u00f3n laboral e familiar"},"content":{"rendered":"<p><em>Durante os meses de xullo e agosto desenvolveranse unhas\u00a0<\/em><em>\u00a015 actividades dirixidas a nenos e nenas en idade escolar<\/em><\/p>\n<p>\u00a0<\/p>\n<p>O Concello de Zas, a trav\u00e9s da Conceller\u00eda de Cultura, v\u00e9n de po\u00f1er en marcha un completo e diverso programa de actividades de ver\u00e1n co que se pretende, por unha parte, ofrecer unha oferta de ocio para os nosos nenos e nenas e, por outra, ser unha medida conciliadora da vida familiar e laboral. Desta forma, ao longo dos meses de <strong>xullo e agosto<\/strong> desenvolveranse nos Centros Socioculturais de Baio e de Zas varios campamentos e obradoiros dirixidos \u00e1s distintas etapas escolares e tam\u00e9n haber\u00e1 excursi\u00f3ns a distintos puntos da nosa xeograf\u00eda.<\/p>\n<p>Os m\u00e1is pequenos, con idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos, te\u00f1en varias propostas a longo destes meses. A primeira, que xa comezou o pasado luns, \u00e9 un <strong>Campamento Urbano e Deportivo<\/strong> que se desenvolve entre as 10:00 e as 14:00 horas en Baio. A pr\u00f3xima semana, do 9 ao 13 de xullo, o campamento trasl\u00e1dase ao Centro Sociocultural de Zas no mesmo horario.<\/p>\n<p>Tam\u00e9n a pr\u00f3xima semana haber\u00e1 un taller para os nenos e nenas de 8 a 14 anos. Nesta ocasi\u00f3n, ser\u00e1 un <strong>Taller Tecnol\u00f3xico<\/strong> no que aprender\u00e1n a programar, a crear videoxogos e incluso profundizar\u00e1n nalgunhas t\u00e9cnicas que se empregan no audiovisual como o \u201cStop Motion\u201d. O obradoiro ser\u00e1 en Baio os d\u00edas 9, 12, 13 e 17 de xullo en horario de 10 a 12 horas.<\/p>\n<p>Dentro da programaci\u00f3n do ver\u00e1n do Concello de Zas, incl\u00faese un ano m\u00e1is o <strong>Campamento en Naturmaz<\/strong> no que durante tres d\u00edas os participantes estar\u00e1n en contacto directo coa natureza a trav\u00e9s de xogos, deportes, talleres,\u2026. Este campamento est\u00e1 dirixido a nenos e nenas de 7 a 14 anos e ser\u00e1 os d\u00eda 18, 19 e 20 de xullo. Eses mesmos d\u00edas, seguir\u00e1 habendo actividade para os m\u00e1is pequenos (de 4 a 7 anos) cuns <strong>talleres<\/strong> espec\u00edficos para eles.<\/p>\n<p>Outra das novidades no programa de actividades deste ver\u00e1n chegar\u00e1 o 23 de xullo. D\u00eda no que as<a href=\"https:\/\/www.torresdoallo.gal\/es\/\"> Torres do Allo<\/a> desvelar\u00e1n todos os seus agochos a trav\u00e9s dunha completa ma\u00f1\u00e1 de actividades. <strong>\u201cUn d\u00eda nas Torres do Allo\u201d<\/strong> est\u00e1 dirixido a nenos e nenas de 4 a 12. E antes de meterse de cheo na Semana Cultural (que ser\u00e1 do 29 de xullo ao 4 de agosto), os m\u00e1is novos poder\u00e1n participar nunha <strong>excursi\u00f3n para co\u00f1ecer o Parque Arqueol\u00f3xico da Arte Rupestre de Campolameiro<\/strong>, en Pontevedra. A sa\u00edda ser\u00e1 o venres, 27 de xullo, e poder\u00e1n ir os nenos e nenas de 7 a 16 anos.<\/p>\n<p>Despois da <a href=\"http:\/\/www.festadacarballeira.com\"><strong>Festa da Carballeira<\/strong><\/a>, o programa volver\u00e1 a Baio cun novo <strong>Campamento Urbano e Deportivo<\/strong> que se levar\u00e1 a cabo entre os d\u00edas 7 e 9 de agosto e que se repite en Zas os d\u00edas 27, 28 e 29 de agosto. Ser\u00e1 entre as 10:00 e as 14:00 horas e est\u00e1 dirixido a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 4 e 12 anos. Xa o 14 de agosto, o Concello de Zas organiza a xa tradicional<strong> excursi\u00f3n ao Aquapark de Cerceda<\/strong> na que poder\u00e1n participar os veci\u00f1os e veci\u00f1as dos 8 aos 16 anos. En colaboraci\u00f3n co AD Zas Tenis de Mesa, realizarase un <strong>Campamento Multideportivo<\/strong> entre o 20 e 24 de agosto. Esta \u00e9 unha actividade dirixida a nenos e nenas de 7 a 16 anos e que se desenvolver\u00e1 no pavill\u00f3n municipal de Zas entre as 10:00 e as 20:00 horas. Para os m\u00e1is pequenos (de 4 a 7 anos) haber\u00e1 novamente talleres durante as ma\u00f1\u00e1s. E co fin de co\u00f1ecer o noso municipio, volven os <strong>Venres a P\u00e9<\/strong>; unha actividade na que pode participar todos aqueles veci\u00f1os e veci\u00f1as maiores de 7 anos e que se realizar\u00e1 os d\u00edas 10, 14 e 17 de agosto. A sa\u00edda \u00e9 \u00e1s 10:00 horas. Durante o ver\u00e1n tam\u00e9n haber\u00e1 tempo para participar noutras actividades en familia; tales como o <strong>d\u00eda da Bici<\/strong> (12 de agosto), as <strong>Noites de Cine<\/strong> (en Carreira, Fornelos e nas Torres do Allo) e nas <strong>visitas teatralizadas<\/strong> que se realizan todos os domingos \u00e1s 19:30 horas nas Torres do Allo. Ademais de todas estas actividades, durante os meses de xullo e agosto estar\u00e1n abertas as <a href=\"..\/..\/..\/portal-cidadan\/noticia\/gl\/712\"><strong>piscinas municipais de Zas e de Baio<\/strong><\/a> onde, ao mesmo tempo, se realizan cursos de nataci\u00f3n dirixidos a distintos grupos de idade.<\/p>\n<p>Para participar en calquera destas actividades, \u00e9 necesario inscribirse con antelaci\u00f3n. As inscrici\u00f3ns p\u00f3dense facer no Centro Sociocultural de Baio ou no de Zas (de luns a venres en horario de 09:30 a 14:00 horas). Ou a trav\u00e9s dos n\u00fameros de tel\u00e9fono 981 751 398 ou 981 718 056.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Durante os meses de xullo e agosto desenvolveranse unhas\u00a0\u00a015 actividades dirixidas a nenos e nenas en idade escolar \u00a0 O Concello de Zas, a trav\u00e9s da Conceller\u00eda de Cultura, v\u00e9n de po\u00f1er en marcha un completo e diverso programa de actividades de ver\u00e1n co que se pretende, por unha parte, ofrecer unha oferta de ocio [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":5,"featured_media":24073,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"slim_seo":{"title":"O Concello de Zas pon en marcha un amplo programa de conciliaci\u00f3n laboral e familiar - Concello de Zas","description":"Durante os meses de xullo e agosto desenvolveranse unhas\u00a0 \u00a015 actividades dirixidas a nenos e nenas en idade escolar \u00a0 O Concello de Zas, a trav\u00e9s da Conceller\u00ed"},"footnotes":""},"categories":[10],"tags":[],"class_list":["post-24072","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-concello"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24072","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/users\/5"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=24072"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24072\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":29415,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24072\/revisions\/29415"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media\/24073"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=24072"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=24072"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=24072"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}