{"id":24007,"date":"2018-05-21T18:00:58","date_gmt":"2018-05-21T16:00:58","guid":{"rendered":"https:\/\/concellodezas.gal\/os-premios-foucino-congregan-na-sua-terceira-edicion-a-referentes-do-panorama-audiovisual-e-musical-galego\/"},"modified":"2025-12-22T16:53:23","modified_gmt":"2025-12-22T15:53:23","slug":"os-premios-foucino-congregan-na-sua-terceira-edicion-a-referentes-do-panorama-audiovisual-e-musical-galego","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/os-premios-foucino-congregan-na-sua-terceira-edicion-a-referentes-do-panorama-audiovisual-e-musical-galego\/","title":{"rendered":"Os Premios Fouci\u00f1o congregan na s\u00faa terceira edici\u00f3n a referentes do panorama audiovisual e musical galego"},"content":{"rendered":"<ul>\n<li><em>Entre o 25 e 29 de xu\u00f1o celebrase en Baio a semana do audiovisual na que se proxectar\u00e1n distintos pezas audiovisual <\/em><\/li>\n<\/ul>\n<ul>\n<li><em>O s\u00e1bado, 30 de xu\u00f1o ser\u00e1 o d\u00eda grande do certame que culmina cun festival ao aire libre<\/em><\/li>\n<\/ul>\n<p>\u00a0<\/p>\n<p>Esta ma\u00f1\u00e1 presentouse nas Torres do Allo <strong>a III edici\u00f3n dos Premios Fouci\u00f1o<\/strong>; un festival de cinema que ter\u00e1 lugar en Baio durante a \u00faltima semana do mes de xu\u00f1o e co que o Concello de Zas quere premiar os dotes t\u00e9cnicos, art\u00edsticos e creativos tanto dos estudantes como de todas aquelas persoas interesadas na creaci\u00f3n audiovisual as\u00ed como para axudar a incrementar a presenza da lingua galega na rede.<\/p>\n<p>A terceira edici\u00f3n deste certame chega acompa\u00f1ada dun completo programa de actividades con obradoiros, unha mesa redonda en clave feminina, proxecci\u00f3ns, entrega de premios e un concerto ao aire libre. Todas elas son actividades de acceso gratu\u00edto e aberto a todos os p\u00fablicos e que axudar\u00e1n a que os Premios Fouci\u00f1o se convirtan nunha referencia para o sector audiovisual galego.<\/p>\n<p>O certame arrinca cunha semana do audiovisual que se desenvolver\u00e1 entre o <strong>25 e 29 de xu\u00f1o <\/strong>e na que se proxectar\u00e1n\u00a0 distintas pezas audiovisuais entre as que est\u00e1n <strong><em>Pelegrinaxes<\/em><\/strong>; unha longa de Simone Saibene baseada nun libro de Otero Pedrayo; a pel\u00edcula <strong><em>Historia dun sat\u00e9lite<\/em><\/strong>, na que as irm\u00e1ns Also Sisters misturan comedia, ciencia-ficci\u00f3n e cine b\u00e9lico; <strong><em>Costa da Morte<\/em><\/strong> de Lois Pati\u00f1o; <strong>F\u00f3ra, colectivo<\/strong> na que se narran os fitos da loita contra a contaminaci\u00f3n ambiental das multinacionais, as curtas <strong>Deuteronomio<\/strong> (de Marta Pi\u00f1eiro, e <strong>Escarabana<\/strong> de Sara Casasnovas e e a premiada <strong>Matria<\/strong>, de \u00c1lvaro Gago.<\/p>\n<p>Xa o s\u00e1bado, <strong>30 de xu\u00f1o<\/strong>, ser\u00e1 o d\u00eda grande dos Premios Fouci\u00f1o e no que veremos por Baio a moitos dos referentes actuais no panorama audiovisual galego, entre eles Santi Romay, padri\u00f1o da III edici\u00f3n dos Premios Fouci\u00f1o. A programaci\u00f3n do d\u00eda 30 arrinca con <strong>dous obradoiros<\/strong> (un deles infantil e outro para p\u00fablico maior de 50 anos) e unha mesa redonda feminina composta polas irm\u00e1ns Also Sister, por representantes da productora audiovisual Illa Bufarda, \u00a0e por Laura Santos; unha veci\u00f1a de Baio que v\u00e9n de ga\u00f1ar a II edici\u00f3nda bolsa Nacho Mir\u00e1s cun documental web sobre os mercados tradicionais galegos e que leva por t\u00edtulo <strong><em>Feira<\/em><\/strong>.<\/p>\n<p>Ao longo da tarde proxectaranse as curtas participantes no concurso e xa entrada a tardi\u00f1a ter\u00e1 lugar a entrega de premios. O certame remata cun festival de m\u00fasica no que estar\u00e1n grupos galegos como <strong>M\u00fasculo, Mounqup, Igmig e Soulmacklein<\/strong> (antes Delahoja). Todos eles traer\u00e1n a Baio unha m\u00fasica alternativa na que se misturar\u00e1n ritmos como a electr\u00f3nica, soul, jazz, reagge,\u2026<\/p>\n<p>\u00a0<\/p>\n<p>A terceira edici\u00f3n dos Premios Fouci\u00f1o est\u00e1 organizada polo Concello de Zas, a trav\u00e9s da Conceller\u00eda de Cultura, xunto cun grupo de colaboradores e colaboradoras de Baio e arredores. As\u00ed, durante a rolda de prensa de hoxe, o <strong>alcalde de Zas, Manuel Mu\u00ed\u00f1o Espasand\u00edn<\/strong>, agradeceu o traballo destes voluntarios e asegurou que o goberno municipal apoia as inquedanzas culturais dos nosos veci\u00f1os e veci\u00f1as das que nacen certames como os \u201cPremios Fouci\u00f1o que pon ao Concello de Zas dentro da Costa da Morte e \u00e1 propia Costa da Morte dentro do panorama audiovisual galego\u201d. Nesta li\u00f1a, Mu\u00ed\u00f1o asegurou que o Concello de Zas traballar\u00e1 para que festival se consolide e cami\u00f1e cara o futuro acadando \u00e9xitos como o fixo nas anteriores edici\u00f3ns.<\/p>\n<p>Na presentaci\u00f3n do festival tam\u00e9n estivo <strong>Santi Romay<\/strong>, o actor malpic\u00e1n\u00a0 que declarou \u201cestar encando\u201d por ser o padri\u00f1o dos Premios Fouci\u00f1o 2018. Santi, que se iniciou a s\u00faa traxectoria con s\u00f3 13 anos na serie Mareas Vivas da TVG \u00e9 agora un referente no sector audiovisual galego e que v\u00e9n de recoller o premio ao Mellor Actor Protagonista dos XXI Premios de Teatro Mar\u00eda Casares polo seu papel na obra \u201cO tolleito de Inishmaan\u201d. Santi Romay confirmou a s\u00faa asistencia \u00e1s distintas actividades programadas para o s\u00e1bado 30 de xu\u00f1o.<\/p>\n<p><strong>Mabel Montes<\/strong>, en representaci\u00f3n do grupo de colaboradores, \u00a0tam\u00e9n estivo presentaci\u00f3n desta ma\u00f1\u00e1 quen destacou que \u201ccos Premios Fouci\u00f1o queremos que a xente se diverta, ofrecer unha alternativa de ocio sen perder de vista a perspectiva social\u201d. Mabel tam\u00e9n agradeceu o compromiso do Concello de Zas por asumir a organizaci\u00f3n deste festival.<\/p>\n<p>\u00a0<\/p>\n<p><strong>Premios<\/strong><\/p>\n<p>Mentras contin\u00faa aberto ata o 31 de maio o prazo de presentaci\u00f3n das curtametraxes. A participaci\u00f3n div\u00eddese en d\u00faas categor\u00edas; unha para centros de ensino e outra aberta para o p\u00fablico en xeral. En calquera dos dous casos a tem\u00e1tica \u00e9 libre e as pezas deber\u00e1n ter unha duraci\u00f3n m\u00e1xima de cinco minutos e ser en galego ou posu\u00edr os subt\u00edtulos en galego.<\/p>\n<p>Entre todas as pezas presentadas na categor\u00eda libre seleccionaranse dez finalistas e outras tres de reserva. No caso da categor\u00eda para centros de ensino, sempre e cando cumpran os requisitos establecidos, pasar\u00e1n \u00e1 final todas as curtas presentadas. En total, repartiranse 1.000 euros en premios; dos cales, 300\u20ac son para a categor\u00eda dos centros de ensino e 700\u20ac para a categor\u00eda aberta.<\/p>\n<p>As bases do concurso poden consultarse a trav\u00e9s do seguinte enlace: <a href=\"..\/..\/..\/media\/documentos\/BASES_III_Premios_Foucino_Baio.pdf\">http:\/\/www.concellodezas.org\/media\/documentos\/BASES_III_Premios_Foucino_Baio.pdf<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Entre o 25 e 29 de xu\u00f1o celebrase en Baio a semana do audiovisual na que se proxectar\u00e1n distintos pezas audiovisual O s\u00e1bado, 30 de xu\u00f1o ser\u00e1 o d\u00eda grande do certame que culmina cun festival ao aire libre \u00a0 Esta ma\u00f1\u00e1 presentouse nas Torres do Allo a III edici\u00f3n dos Premios Fouci\u00f1o; un festival [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":5,"featured_media":24008,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"slim_seo":{"title":"Os Premios Fouci\u00f1o congregan na s\u00faa terceira edici\u00f3n a referentes do panorama audiovisual e musical galego - Concello de Zas","description":"Entre o 25 e 29 de xu\u00f1o celebrase en Baio a semana do audiovisual na que se proxectar\u00e1n distintos pezas audiovisual O s\u00e1bado, 30 de xu\u00f1o ser\u00e1 o d\u00eda grande do ce"},"footnotes":""},"categories":[10],"tags":[],"class_list":["post-24007","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-concello"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24007","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/users\/5"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=24007"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24007\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":29457,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24007\/revisions\/29457"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media\/24008"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=24007"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=24007"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=24007"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}