{"id":23012,"date":"2025-08-21T23:36:44","date_gmt":"2025-08-21T21:36:44","guid":{"rendered":"https:\/\/concellodezas.gal\/?p=23012"},"modified":"2026-03-06T10:46:36","modified_gmt":"2026-03-06T09:46:36","slug":"o-punto-rojo-ponse-en-marcha-con-descontos-premios-moita-actividade-nas-ruas-e-unha-ruta-de-tapas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/o-punto-rojo-ponse-en-marcha-con-descontos-premios-moita-actividade-nas-ruas-e-unha-ruta-de-tapas\/","title":{"rendered":"O Punto Rojo ponse en marcha con descontos, premios, moita actividade nas r\u00faas e unha ruta de tapas"},"content":{"rendered":"\n<p>A vila de Baio xa est\u00e1 preparada para unha nova edici\u00f3n do <b>Punto Rojo<\/b>; un evento de promoci\u00f3n do comercio local organizado polo Concello de Zas e a Asociaci\u00f3n BaiOn.<\/p>\n\n\n\n<p>Ademais dos <b>saldos de fin de tempada<\/b> que atoparemos nos diferentes comercios asociados, outro dos pratos fortes deste evento que se celebra dende ma\u00f1\u00e1 venres e ata o domingo \u00e9 a <b>ruta de tapas <\/b>que se presentou esta tarde na praza Jorge Mira P\u00e9rez. Acompa\u00f1ados do Alcalde de Zas, Manuel Mu\u00ed\u00f1o, representantes dos seis establecementos hostaleiros que participan nesta ruta mostraron as diferentes tapas que se poder\u00e1n degustar durante estes tres d\u00edas. O prezo ser\u00e1 de 2,50\u20ac cada tapa; 3,50\u20ac tapa e quinto de cervexa; e 4,00\u20ac tapa e vi\u00f1o.<span class=\"Apple-converted-space\">&nbsp;<\/span><\/p>\n\n\n\n<p>Todas aquelas persoas que merquen nalg\u00fan dos comercios asociados ou consuman unha tapa poder\u00e1n completar unha tarxeta de cu\u00f1os coa que entrar\u00e1n no <b>sorteo de 1.700\u20ac<\/b> que se repartir\u00e1n en varios cheques.<span class=\"Apple-converted-space\">&nbsp;<\/span><\/p>\n\n\n\n<p><b>Actividades paralelas<\/b><\/p>\n\n\n\n<p>O Punto Rojo completarase cunha programaci\u00f3n paralela con actividades para todos os p\u00fablicos. Durante a fin de semana haber\u00e1 <b>postos na r\u00faa<\/b>, onde os comercios expo\u00f1eran na v\u00eda p\u00fablica as s\u00faas gangas, e tam\u00e9n haber\u00e1 un espazo para particulares que queiran darlle unha segunda vida \u00e1s s\u00faas prendas ou outros artigos.<\/p>\n\n\n\n<p>Ma\u00f1\u00e1 pola noite, \u00e1s 22:00 horas, a praza Jorge Mira acoller\u00e1 unha s<b>esi\u00f3n de cine ao aire libre<\/b> coa proxecci\u00f3n da pel\u00edcula \u201cAntes de N\u00f3s\u201d. E xa durante toda a fin de semana, instalaremos aqu\u00ed <b>inchables<\/b> para os m\u00e1is pequenos. No Centro Sociocultural de Baio haber\u00e1 un <b>obradoiro de cine para a rapazada<\/b>, onde crear\u00e1n unha curta que se proxectar\u00e1 na vindeira edici\u00f3n dos <b>Premios Fouci\u00f1o<\/b>. E non faltar\u00e1 a <b>m\u00fasica polas r\u00faas<\/b> durante todo o d\u00eda.<span class=\"Apple-converted-space\">&nbsp;<\/span><\/p>\n\n\n\n<p>O Punto Rojo \u00e9 unha iniciativa que ten como obxectivo a posta en valor do comercio local e a dinaminaci\u00f3n sociocultural que est\u00e1 organizada polo Concello de Zas e a Asociaci\u00f3n BaiOn.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"138\" src=\"https:\/\/concellodezas.gal\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/Banner-Actividade-Subvencionada-pola-Deputacion-da-Coruna-1024x138.jpg\" alt=\"Banner Actividade Subvencionada pola Deputacio\u0301n da Corun\u0303a\" class=\"wp-image-30609\" srcset=\"https:\/\/concellodezas.gal\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/Banner-Actividade-Subvencionada-pola-Deputacion-da-Coruna-1024x138.jpg 1024w, https:\/\/concellodezas.gal\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/Banner-Actividade-Subvencionada-pola-Deputacion-da-Coruna-300x41.jpg 300w, https:\/\/concellodezas.gal\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/Banner-Actividade-Subvencionada-pola-Deputacion-da-Coruna-768x104.jpg 768w, https:\/\/concellodezas.gal\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/Banner-Actividade-Subvencionada-pola-Deputacion-da-Coruna-1536x207.jpg 1536w, https:\/\/concellodezas.gal\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/Banner-Actividade-Subvencionada-pola-Deputacion-da-Coruna.jpg 2000w\" sizes=\"(max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><\/figure>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Esta \u00e9 unha actividade organizada polo Concello de Zas e a Asociaci\u00f3n BaiOn<\/p>\n","protected":false},"author":5,"featured_media":22988,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"slim_seo":{"title":"O Punto Rojo ponse en marcha con descontos, premios, moita actividade nas r\u00faas e unha ruta de tapas - Concello de Zas","description":"Esta \u00e9 unha actividade organizada polo Concello de Zas e a Asociaci\u00f3n BaiOn"},"footnotes":""},"categories":[414],"tags":[375,431,376],"class_list":["post-23012","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-emprego","tag-baio","tag-comercio-local","tag-punto-rojo"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/23012","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/users\/5"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=23012"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/23012\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":30612,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/23012\/revisions\/30612"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media\/22988"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=23012"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=23012"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=23012"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}