{"id":13995,"date":"2024-02-18T23:56:37","date_gmt":"2024-02-18T22:56:37","guid":{"rendered":"https:\/\/concellodezas.org\/?p=13995"},"modified":"2025-12-22T16:47:19","modified_gmt":"2025-12-22T15:47:19","slug":"os-estudos-do-carbono-14-datan-a-primeira-ocupacion-de-brandomil-no-seculo-i","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/os-estudos-do-carbono-14-datan-a-primeira-ocupacion-de-brandomil-no-seculo-i\/","title":{"rendered":"Os estudos do Carbono 14 datan a primeira ocupaci\u00f3n de Brandomil no s\u00e9culo I"},"content":{"rendered":"<p>Despois das catro intervenci\u00f3ns arqueol\u00f3xicas realizadas en <strong>Brandomil<\/strong> e dos datos obtidos polas probas Carbono 14, realizadas por un prestixioso laboratorio de Miami, conf\u00edrmase que Brandomil xa estivo ocupado no s\u00e9culo I, o que o sit\u00faa como un dos grandes xacementos romanos de toda a pen\u00ednsula. Os resultados present\u00e1ronse o pasado s\u00e1bado nunha rolda de prensa que tivo lugar na Casa do Concello e na que interviron o Alcalde de Zas, Manuel Mu\u00ed\u00f1o; o secretario da Fundaci\u00f3n Brandomil, Enrique Iglesias; e o arque\u00f3logo e director dos traballos, Lino Gorgoso.<\/p>\n<p>Segundo os estudos, a <a href=\"https:\/\/concellodezas.gal\/nas-proximas-semanas-xa-se-poderan-visitar-os-restos-arqueoloxicos-achados-na-pedra-do-altar-en-brandomil\/\">&#8220;domus&#8221; atopada nunha das \u00faltimas intervenci\u00f3ns realizadas na Pedra do Altar- e que \u00e9 visitable &#8211;<\/a> puido estar habitada entre o ano 50 e 60 do s\u00e9culo I d.C. Tras un incendio a vivenda foi abandonada e volviuse a habitar, segundo indican os an\u00e1lises, 30 anos depsois. Ao longo deste ano realizaranse novos traballos arqueol\u00f3xicos que permitir\u00e1n precisar que tipo de poboado hab\u00eda na zona adem\u00e1is de &#8220;po\u00f1erlle nome&#8221;; porque tal e como apuntou Lino Gorgoso &#8220;pensamos que se trata dunha vila&#8221;. Nos traballos realizados recemente tam\u00e9n se atopou un<a href=\"https:\/\/concellodezas.gal\/descuberto-nas-proximidades-da-ponte-vella-de-brandomil-un-tramo-do-camino-real-que-unia-negreira-con-muxia\/\"> tramo do Cami\u00f1o Real<\/a>, que un\u00eda as localidades de Negreira e Mux\u00eda. Os resultados din que se trata dunha casa de grandes dimensi\u00f3ns, con dous pisos e un vest\u00edbulo, e que probablemente &#8220;non est\u00e9 illada&#8221;, indicou o Alcalde. En canto a climatolox\u00eda o permita, excavaranse uns 150 metros cadrados m\u00e1is, dos cales 140 corresponden \u00e1 domus e o resto \u00e1 v\u00eda romana atopada tam\u00e9n nas \u00faltimas intervenci\u00f3ns.<\/p>\n<p>Durante a presentaci\u00f3n dos resultados, Manuel Mu\u00ed\u00f1o ratificou o compromiso do Concello de Zas con este xacemento de &#8220;gran importancia&#8221; tal e como o fixo ata o de agora que se encargou de financiar as intervenci\u00f3ns realizadas. &#8220;Somos o \u00fanico municipio da Costa da Morte que inviste activamente en recuperar o seu patrimonio&#8221;, sinalou o rexedor.<\/p>\n<p>Os resultados das intervenci\u00f3ns arqueol\u00f3xicas realizadas ata o momento en Brandomil recolleranse nun libro que ver\u00e1 a luz proximamente e tam\u00e9n se expo\u00f1er\u00e1n no XVII Encontro Arqueol\u00f3xico do Barbanza que ter\u00e1 lugar a vindeira fin de semana en Boiro.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Despois das catro intervenci\u00f3ns arqueol\u00f3xicas realizadas en Brandomil e dos datos obtidos polas probas Carbono 14, realizadas por un prestixioso laboratorio de Miami, conf\u00edrmase que Brandomil xa estivo ocupado no s\u00e9culo I, o que o sit\u00faa como un dos grandes xacementos romanos de toda a pen\u00ednsula. Os resultados present\u00e1ronse o pasado s\u00e1bado nunha rolda de [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":5,"featured_media":13997,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"slim_seo":{"title":"Os estudos do Carbono 14 datan a primeira ocupaci\u00f3n de Brandomil no s\u00e9culo I - Concello de Zas","description":"Despois das catro intervenci\u00f3ns arqueol\u00f3xicas realizadas en Brandomil e dos datos obtidos polas probas Carbono 14, realizadas por un prestixioso laboratorio de"},"footnotes":""},"categories":[10],"tags":[494,495,493],"class_list":["post-13995","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-concello","tag-arqueoloxia","tag-brandomil","tag-patrimonio"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/13995","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/users\/5"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=13995"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/13995\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":29106,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/13995\/revisions\/29106"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media\/13997"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=13995"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=13995"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=13995"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}