{"id":13628,"date":"2024-01-31T11:09:47","date_gmt":"2024-01-31T10:09:47","guid":{"rendered":"https:\/\/concellodezas.org\/?p=13628"},"modified":"2025-12-22T16:47:19","modified_gmt":"2025-12-22T15:47:19","slug":"o-vii-trail-da-filloa-suma-mais-de-800-participantes-a-escasas-horas-de-pecharse-as-inscricions","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/o-vii-trail-da-filloa-suma-mais-de-800-participantes-a-escasas-horas-de-pecharse-as-inscricions\/","title":{"rendered":"O VII Trail da Filloa suma m\u00e1is de 800 participantes a escasas horas de pecharse as inscrici\u00f3ns"},"content":{"rendered":"<p>A <b>7\u00aa edici\u00f3n do Trail da Filloa<\/b>, que ter\u00e1 lugar este domingo en Zas, vai cami\u00f1o de bater marcas de participaci\u00f3n. Cando faltan a\u00ednda unhas horas para que se pechen as inscrici\u00f3ns (que ser\u00e1 \u00e1s 23:59 horas de hoxe) sup\u00e9ranse xa as 830 persoas inscritas nas diferentes probas que compo\u00f1en este evento que re\u00fane a deportistas de toda a pen\u00ednsula.<\/p>\n<p>Unha das novidades deste ano \u00e9 que se realizaron cambios nos diferentes percorridos para que as persoas participantes co\u00f1ezan toda a riqueza natural do Concello de Zas. As probas discorren por m\u00e1is de 75 km, principalmente de monte, dentro do noso municipio que se limparon e acondicionaron nas \u00faltimas semanas grazas a rede de colaboradores da Asociaci\u00f3n Monte Brondo, que \u00e9 a encargada da organizaci\u00f3n deste evento xunto co Concello de Zas.<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0<\/span><\/p>\n<p>\u201cPara o Concello de Zas \u00e9 todo un orgullo que un evento deportivo po\u00f1a en valor o noso patrimonio e a nosa gastronom\u00eda e que re\u00fana a tantos deportistas de toda a xeograf\u00eda galega e doutros puntos do territorio nacional que ve\u00f1en disfrutar e co\u00f1ecer o noso municipo coa repercursi\u00f3n na econom\u00eda local que iso conleva\u201d, sinalou Manuel Mu\u00ed\u00f1o, Alcalde de Zas, durante o acto de presentaci\u00f3n do cartel da 7\u00aa edici\u00f3n do Trail da Filloa que tivo lugar onte no Sal\u00f3n de Plenos do Concello de Zas e ao que asistiu tam\u00e9n David Fern\u00e1ndez, en representaci\u00f3n da Asociaci\u00f3n Deportiva Monte Brondo.<\/p>\n<p>O Pedrido, Monte Brondo e Pico de Meda son alg\u00fans dos puntos de referencia desta 7\u00aa edici\u00f3n as\u00ed como tam\u00e9n o ser\u00e1n as filloas \u00e1 pedra que os participantes poder\u00e1n degustar tanto nos diferentes puntos de avituallamento como \u00e1 chegada, que ser\u00e1 no pavill\u00f3n municipal de Zas, onde se servir\u00e1n as filloas rec\u00e9n feitas acompa\u00f1adadas de caldo e chourizos.<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0<\/span><\/p>\n<p>O Trail da Filloa comeza \u00e1s 08:30 horas, que \u00e9 a hora de sa\u00edda para os participantes do Gran Trail (40 km). Todas as sa\u00eddas ser\u00e1n dende a Praza do Concello e, este ano, contaremos con Terio Carrera como speaker do evento.<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0<\/span><\/p>\n<p>Tal e como sinalou o rexedor, Manuel Mu\u00ed\u00f1o, o Trail da Filloa re\u00fane a unha gran cantidade de deportistas e familiares e \u00e9 posible<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0 <\/span>grazas \u00e1 implicaci\u00f3n de m\u00e1is de cincuenta persoas entre as que est\u00e1n persoal municipal, membros de protecci\u00f3n civil, integrantes da Asociaci\u00f3n Deportiva Monte Brondo e demais voluntarios e voluntarias que colaboran tanto no d\u00eda das probas como en d\u00edas previos.<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0<\/span><\/p>\n<p>Por cuarto ano, a AD Monte Brondo outorgar\u00e1 a \u201cBeca para estudios\u201d cos ingresos obtidos nas inscrici\u00f3ns e que se destinaban anteriormente a agasallos, como mochilas, camisetas,\u2026 para as persoas participantes. O importe recadado entregar\u00e1selle de forma confidencial a un\/unha estudante empadroado\/a no Concello de Zas a proposta do departamento de Servizos Sociais do Concello de Zas.<\/p>\n<p><b>Probas<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0<\/span><\/b><\/p>\n<p>O VII Trail da Filloa est\u00e1 composto por estas cinco probas non competitivas:<\/p>\n<ul>\n<li>Gran Trail: 40 km<\/li>\n<li>Trail Longo: 29 km<\/li>\n<li>Trail curto: 17 km<\/li>\n<li>Andaina curta: 12 km<\/li>\n<li>Andaina longa: 20 km<\/li>\n<\/ul>\n<p>As persoas que o desexen a\u00ednda est\u00e1n a tempo de anotarse ata hoxe \u00e1s 23:59 horas na seguinte ligaz\u00f3n: <a href=\"https:\/\/inscripciones.empa-t.com\/inscripcion\/vii-trail-da-filloa-de-zas\/inscripcion_datos\/\">https:\/\/inscripciones.empa-t.com\/inscripcion\/vii-trail-da-filloa-de-zas\/inscripcion_datos\/<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>As diferentes probas disputaranse este domingo pola ma\u00f1\u00e1<\/p>\n","protected":false},"author":5,"featured_media":13629,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"slim_seo":{"title":"O VII Trail da Filloa suma m\u00e1is de 800 participantes a escasas horas de pecharse as inscrici\u00f3ns - Concello de Zas","description":"As diferentes probas disputaranse este domingo pola ma\u00f1\u00e1"},"footnotes":""},"categories":[10],"tags":[],"class_list":["post-13628","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-concello"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/13628","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/users\/5"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=13628"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/13628\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":29109,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/13628\/revisions\/29109"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media\/13629"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=13628"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=13628"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=13628"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}