{"id":10545,"date":"2023-01-29T15:26:37","date_gmt":"2023-01-29T14:26:37","guid":{"rendered":"https:\/\/concellodezas.org\/?p=10545"},"modified":"2025-12-22T16:47:23","modified_gmt":"2025-12-22T15:47:23","slug":"zas-presenta-o-primeiro-parque-cientifico-e-tecnoloxico-da-costa-da-morte","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/zas-presenta-o-primeiro-parque-cientifico-e-tecnoloxico-da-costa-da-morte\/","title":{"rendered":"Zas presenta o primeiro Parque Cient\u00edfico e Tecnol\u00f3xico da Costa da Morte"},"content":{"rendered":"<div class=\"page\" title=\"Page 1\">\n<div class=\"section\">\n<div class=\"layoutArea\">\n<div class=\"column\">\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>O Alcalde Zas, Manuel Mui\u0301n\u0303o; o Reitor da Universidade da Corun\u0303a, Julio E. Abalde; e unha parte do equipo investigador do proxecto entre, os que esta\u0301n Braulio Pe\u0301rez Astray e Alfonso Bravo Juega; presentaron onte o futuro<strong> Parque Cient\u00edfico e Tecnolo\u0301xico da Costa da Morte.<\/strong><\/p>\n<p>O proxecto desenvolverase nunha primeira fase do Parque Empresarial de Lamas, contemplado no PXOM &#8211; Plan Xeral de Ordenacio\u0301n Municipal &#8211; e que figura entre os Parques Empresariais da Xunta de Galicia. \u201cDespois dunha reunio\u0301n que mantiven co Instituto Galego da Vivenda e Solo, a Xunta de Galicia deunos o visto bo para desenvolver dende o Concello de Zas esta primeira fase do Parque Empresarial de Lamas\u201d, indicou Manuel Mui\u0301n\u0303o durante a presentacio\u0301n que tivo lugar no Salo\u0301n de Plenos do Concello de Zas. Unha vez tomada esta primeira decisio\u0301n, o equipo de goberno municipal viu a necesidade de crear un parque empresarial que ofreza servizos diferentes aos xa existentes polo que se puxo en contacto coa Universidade da Corun\u0303a para estudiar a viabilidade de crear un parque empresarial con cara\u0301cter cient\u00edfico e tecnolo\u0301xico. <strong>O Parque Empresarial de Lamas tera\u0301 unha superficie total de 426.905 m2, dos cales 375.000 m2 sera\u0301n destinados a superficie u\u0301til<\/strong>. A forma de adquisicio\u0301n dos terreos sera\u0301 por expropiacio\u0301n e esta 1\u00aa fase financiarase con fondos municipais.<\/p>\n<p>A Universidade da Corun\u0303a &#8211; UDC &#8211; foi a encargada de crear un equipo investigador que analizase a viabilidade deste ambicioso proxecto e entre eles esta\u0301 Braulio Pe\u0301rez Astray, director adxunto da Fundacio\u0301n Universidade da Corun\u0303a; Nuria Calvo Babi\u0301o, catedra\u0301tica de universidade e xerente do Parque Cient\u00edfico-Tecnolo\u0301xico Ri\u0301o do Pazo da UDC en Naro\u0301n; e Alfonso Bravo Juega, profesor titular da Facultad de Economi\u0301a y Empresa da Universidade de Salamanca.<\/p>\n<\/div>\n<\/div>\n<\/div>\n<\/div>\n<div class=\"page\" title=\"Page 2\">\n<div class=\"section\">\n<div class=\"layoutArea\">\n<div class=\"column\">\n<p>\u201cEste proxecto supo\u0301n un moi bo exemplo de cooperacio\u0301n entre du\u0301as entidades pu\u0301blicas: o Concello de Zas e a Universidade da Corun\u0303a\u201d, indicou Braulio Pe\u0301rez Astray durante a presentacio\u0301n. Aga\u0301rdase que esta cooperacio\u0301n vaia a ma\u0301is e para a posta en marcha do parque espe\u0301rase contar coa colaboracio\u0301n e co apoio doutras entidades pu\u0301blicas asi\u0301 como as empresas de toda a Costa da Morte. O Parque Cient\u00edfico e Tecnolo\u0301xico da Costa da Morte pretendera\u0301 converterse en poucos anos nun referente para toda a comarca e incluso para toda a provincia xa que a nivel nacional exiten 52 parques empresarias deste tipo e dous dos cales esta\u0301n ubicados na comunidade galega. \u201cEste proxecto ten un alto valor engadido porque dende aqui\u0301 dare\u0301moslle prioridade a\u0301 realizacio\u0301n de actividades de I+D+i o cal axudara\u0301 a crear emprego de calidade e a fixar poboacio\u0301n na zona\u201d, sinalou o director adxunto da Fundacio\u0301n Universidade da Corun\u0303a. A participacio\u0301n da Universidade da Corun\u0303a sera\u0301 un elemento clave e diferenciador deste parque, xa que dende aqui\u0301 ofrecera\u0301selle a\u0301s empresas todos os recursos necesarios para levar a cabo diferentes actividades de I+D. \u201cEste parque esta\u0301 pensado dentro do modelo industrial do futuro e pensamos que a Costa da Morte e as su\u0301as empresas deben de incorporarse a esta dina\u0301mica\u201d, sinalou Braulio Pe\u0301rez Astray.<\/p>\n<p><strong>Desen\u0303o e lanzamento do parque<\/strong><\/p>\n<p>Pola su\u0301a banda, Alfonso Bravo Juega sinalou que o equipo investigador leva varios meses traballando no desen\u0303o e no lanzamento do Parque Cient\u00edfico e Tecno\u0301loxico da Costa da Morte co fin de que que se poda calificar asi\u0301 seguindo os requisitos da Internacional Association of Science Parks &#8211; IASP &#8211; e da Asociacio\u0301n de Parques Cient\u00edficos y Tecnolo\u0301gicos de Espan\u0303a &#8211; APTE -.<\/p>\n<p>O estudo levado a cabo polo equipo investigador desenvolveuse en varias fases de traballo. Nunha delas exose unha ana\u0301lise tecno-econo\u0301mica onde se detectaron diferentes problemas econo\u0301micos e sociais que afectan a Costa da Morte dunha forma especial; tales como o descenso da poboacio\u0301n ou os empregos pouco cualificados. \u201cCremos que o Parque Cient\u00edfico e Tecnolo\u0301xico da Costa da Morte pode axudar a solucionar en boa parte estes problemas\u201d, sinalou Alfonso Bravo Juega. E para pon\u0303er en marcha este parque sera\u0301 necesario pon\u0303er contactar cos diferentes axentes involucrados, con\u0303ecer o fun- cionamento dos outros parques cient\u00edficos e tecnolo\u0301xicos de Espan\u0303a e crear un contac to directo coas empresas e grupos de investigacio\u0301n que podan instalarse as su\u0301as actividades no parque.<\/p>\n<p><strong>Apoio da UDC<\/strong><\/p>\n<p><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"alignnone size-medium wp-image-10552\" src=\"https:\/\/concellodezas.gal\/wp-content\/uploads\/2023\/01\/Sinatura-libro-de-honra-Concello-de-ZasWEB-300x225.png\" alt=\"\" width=\"300\" height=\"225\" srcset=\"https:\/\/concellodezas.gal\/wp-content\/uploads\/2023\/01\/Sinatura-libro-de-honra-Concello-de-ZasWEB-300x225.png 300w, https:\/\/concellodezas.gal\/wp-content\/uploads\/2023\/01\/Sinatura-libro-de-honra-Concello-de-ZasWEB-1024x768.png 1024w, https:\/\/concellodezas.gal\/wp-content\/uploads\/2023\/01\/Sinatura-libro-de-honra-Concello-de-ZasWEB-768x576.png 768w, https:\/\/concellodezas.gal\/wp-content\/uploads\/2023\/01\/Sinatura-libro-de-honra-Concello-de-ZasWEB-510x382.png 510w, https:\/\/concellodezas.gal\/wp-content\/uploads\/2023\/01\/Sinatura-libro-de-honra-Concello-de-ZasWEB-1080x810.png 1080w, https:\/\/concellodezas.gal\/wp-content\/uploads\/2023\/01\/Sinatura-libro-de-honra-Concello-de-ZasWEB-980x735.png 980w, https:\/\/concellodezas.gal\/wp-content\/uploads\/2023\/01\/Sinatura-libro-de-honra-Concello-de-ZasWEB-480x360.png 480w, https:\/\/concellodezas.gal\/wp-content\/uploads\/2023\/01\/Sinatura-libro-de-honra-Concello-de-ZasWEB.png 1200w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/p>\n<p>Para a posta en marcha do Parque Cient\u00edfico e Tecnolo\u0301xico da Costa da Morte o Conce llo de Zas conta co apoio da Universidade da Corun\u0303a. Asi\u0301 o expresou o seu reitor, Julio E. Abalde, durante o acto de presentacio\u0301n. \u201cDende a UDC daremos todo o noso apoio para que este parque sexa un polo de traccio\u0301n para o desenvolvemento especializado e que as empresas que o desexen conten co apoio e cos medios necesario para levar a cabo as su\u0301as investigacio\u0301ns\u201d, sinalou. O reitor, que aproveitou a su\u0301a visita para asinar no Libro de Honra do Concello de Zas, felicitou ao noso municipio pola iniciativa e re-con\u0303eceu que sent\u00eda \u201cunha envexa terrible\u201d ao oi\u0301r que o Concello de Zas dispo\u0301n da financiacio\u0301n suficiente para levar a cabo este proxecto de futuro para toda a Costa da Morte.<\/p>\n<\/div>\n<\/div>\n<\/div>\n<\/div>\n<div class=\"page\" title=\"Page 3\">\n<div class=\"section\">\n<div class=\"layoutArea\">\n<div class=\"column\">\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>Que e\u0301 un Parque Cient\u00edfico e Tecnolo\u0301xico?<\/strong><\/p>\n<p>Un Parque Cient\u00edfico e Tecnolo\u0301xico e\u0301 un proxecto asociado xeralmente a un espazo f\u00edscico co coas seguintes actividades e funcio\u0301ns:<\/p>\n<ul>\n<li>Mante\u0301n relacio\u0301ns formais e operativas coas universidades, centros de investigacio\u0301n e outras institucio\u0301ns de educacio\u0301n superior<\/li>\n<li>Esta\u0301 desen\u0303ado para alentar a formacio\u0301n e o crecemento de empresas basadas no con\u0303ecemento e doutras organizacio\u0301ns de alto valor engadido pertencentes ao sector terciario, normalmente residentes no propio parque<\/li>\n<li>Conta cun organismo estable de xestio\u0301n que impulsa a transferencia de tecnoloxi\u0301a e fomenta a innovacio\u0301n entre empresas e organizacio\u0301ns usuarias do parque<\/li>\n<\/ul>\n<\/div>\n<\/div>\n<\/div>\n<\/div>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O Alcalde Zas, Manuel Mu\u00ed\u00f1o; o Reitor da Universidade da Coru\u00f1a, Julio E. Abalde; e membros do equipo de investigaci\u00f3n presentaron onte este ambicioso proxecto que se financiar\u00e1 con fondos municipais<\/p>\n<p>A iniciativa, que se desenvolver\u00e1 nunha 1\u00aa fase do Parque Empresarial de Lamas, conta co apoio da Universidade da Coru\u00f1a<\/p>\n","protected":false},"author":5,"featured_media":10550,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"slim_seo":{"title":"Zas presenta o primeiro Parque Cient\u00edfico e Tecnol\u00f3xico da Costa da Morte - Concello de Zas","description":"O Alcalde Zas, Manuel Mu\u00ed\u00f1o; o Reitor da Universidade da Coru\u00f1a, Julio E. Abalde; e membros do equipo de investigaci\u00f3n presentaron onte este ambicioso proxecto"},"footnotes":""},"categories":[10],"tags":[],"class_list":["post-10545","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-concello"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10545","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/users\/5"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10545"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10545\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":29185,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10545\/revisions\/29185"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media\/10550"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10545"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10545"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/concellodezas.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10545"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}